A Limia espera unha colleita de 26 millóns de quilos de pataca | A vertedura de xurro chega ao río Tambre | A diversidade cultural, no Festival Maré
23/09/2026 00:24:30Unha colleita de preto de 26 millóns de quilos de pataca. É a estimación do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida para a campaña que está en marcha na comarca ourensá da Limia. Unha colleita, un dez por cento menor ca do ano pasado | Enfrontamento entre Ana Pontón e Alfonso Rueda, sobre a política de vivenda. Na sesión de control do parlamento, o presidente da Xunta arremeteu contra a declaración de zonas tensionadas, mentres a dirixente nacionalista acusouno de defender a especulación | A vertedura de xurro procedente dunha granxa de Tordoia chega ao Río Tambre. Os técnicos instalan unha contención especial para tratar de frear o avance, e evitar que chegue á captación do abastecemento da cidade de Santiago | Comenza en Santiago unha nova edición do Festival Maré, que converte á cidade en punto de encontro de culturas, linguas e diferentes expresións musicais con máis de 16 países representados. 23-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado