Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Renfe aumenta dende hoxe un 24 por cento a súa oferta no servizo entre Vigo e a Coruña, ata acadar máis de 8.000 prazas diarias | A xuíza suspende a entrada en prisión do maquinista do Alvia, Francisco Garzón, condenado a dous anos e medio de cárcere polo accidente de Angrois de 2013. A medida manterase mentres se tramita a súa petición de indulto | O elevado numero de baixas laborais en Galicia levou a Xunta e a empresarios a deseñar un plan para tentar reducilas. Chama a atencion o gran incremento das baixas por saude mental, que é o segundo motivo de absentismo laboral, sobre todo en menores de 35 anos | Comeza este sábado un ensaio clínico para avaliar os posibles beneficios de que as persoas maiores de 65 anos se inmunicen cunha única vacina conxunta fronte á gripe e a covid | Volve o fútbol europeo a Balaidos coa segunda xornada da Liga Europa. A partir das nove o Celta mídese á Juventus de Turín, 26 anos despois do seu último encontro. 15-10-2026

Mañá de moita néboa, que dará paso a ceos despexados, agás no extremo norte con nubes baixas durante todo o día. As temperaturas baixan, sobre todo polo norte e oeste. As máximas quedan por baixo dos 20 graos na Coruña e superarán os 30 en Ourense. 15-10-2026

Renfe aumenta dende hoxe un 24 por cento a súa oferta no servizo entre Vigo e a Coruña | Os empresarios secundan á Xunta na súa ofensiva para reducir as baixas laborais. Comprométense a revisar as condicións dos postos de traballo | Suspendido o ingreso en prisión de Francisco Garzón, o maquinista do Alvia accidentado na curva de Angrois | Comeza este sábado un ensaio clínico para que os maiores de 65 anos se inmunicen cunha única vacina conxunta fronte á gripe e a covid | Un estudo alerta dos problemas de saude física e mental que sofren as mulleres rurais | Segunda xornada da Liga Europa. A partir das nove o Celta mídese á Juventus de Turín, 26 anos despois. 15-10-2026

Renfe aumenta dende hoxe un 24 por cento a súa oferta no servizo entre Vigo e A Coruña, ata acadar máis de 8.000 prazas diarias. O "plan Galicia" da compañía ferroviaria, incorpora trens de maior capacidade e novas opcións para os desprazamentos de media distancia | Os empresarios secundan á Xunta na súa ofensiva para reducir as baixas laborais. Comprométense a revisar as condicións dos postos de traballo e destacan que os problemas de saúde mental supoñen a segunda causa máis frecuente | Suspendido o ingreso en prisión de Francisco Garzón, o maquinista do Alvia accidentado na curva de Angrois, condenado a dous anos e medio de cárcere. A xuíza adopta esa decisión mentres se tramita a petición de indulto por parte do Goberno | As mariscadoras que pasan horas sachando agachadas. É un exemplo do sobreesforzo laboral que caracteriza ás mulleres rurais. Un estudo alerta dos problemas de saude física e mental que sofren polas desigualdades de xénero e as dificultades de acceso á atención médica. 15-10-2026

A confraría de Cangas recibe o Premio Alimentos de España na categoría de Produción de Pesca e Acuicultura. O xurado valorou o esforzo da entidade, que celebra o seu 80 aniversario e conta con 175 barcos, para modernizarse e xerar valor engadido á pesca artesanal.

Galicia encabeza a suba do IPC de setembro, cun aumento interanual do 5,5 por cento. Seis décimas por riba da media nacional. O principal responsable é o encarecemento dos transportes, que se disparan máis dun 12 por cento respecto a hai un ano, polos prezos dos combustibles. O dato fai que o Goberno manteña as axudas de 20 céntimos por litro de gasolina e diésel aprobadas no paquete anticrise.

A escaseza de precipitacións pon en alerta o abastecemento de Vigo e da súa área metropolitana. O encoro de Eiras está ao 44 % da súa capacidade e o Concello advirte que Vigo ten auga garantida para só uns 50 días. O total encorado en Galicia é do 52% e, de momento, sen previsión de chuvias.

Galicia encabeza a suba do IPC de setembro, cun aumento interanual do 5´5 por cento. O principal responsable é o encarecemento dos transportes, que se disparan máis dun 12 por cento respecto a hai un ano | Primeira xornada do xuízo polo crime machista de Labañou. Na Audiencia Provincial da Coruña. A defensa do home de 78 anos alega unha caída, mentres que os fillos acusaron ao pai de agredir a súa nai en ocasións anteriores | A escaseza de precipitacións pon en alerta o abastecemento de Vigo e da súa área metropolitana. O encoro de Eiras está a tan só o 44 % da súa capacidade e o Concello advirte que Vigo ten auga garantida para uns 50 días | As fotografías do premio internacional "Comedy Wildlife", unha espectacular colección de imaxes da natureza, acaban de chegar a Lugo. Trátase dunha mostra na que podemos admirar escenas da vida cotiá de distintas especies animais que conectan co público a través do humor. 14-10-2026

No tempo manda o anticiclón, con entrada de aire cálido. Á tarde seguirá a locir o sol con algunhas nubes altas. Soben as temperaturas cun ascenso notable na metade norte. As máximkas oscilarán entre os 23 graos da Coruña e os 31 que agardan en Ourense. 14-10-2026

Galicia encabeza a suba do IPC de setembro, cun aumento interanual do 5´5 por cento | No xuízo polo crime machista de Labañou, a defensa alega unha caída, mentres que os fillos acusan ao pai de agredir a súa nai en ocasións anteriores | A confraría de Cangas recibe o Premio Alimentos de España na categoría de Produción de Pesca e Acuicultura | A escaseza de precipitacións pon en alerta o abastecemento de Vigo e da súa área metropolitana. O encoro de Eiras está a tan só o 44 % da súa capacidade | As fotografías do premio internacional "Comedy Wildlife", unha espectacular colección de imaxes da natureza, chegan a Lugo. 14-10-2026

Galicia encabeza a suba do IPC de setembro, cun aumento interanual do 5´5 por cento. Son Seis décimas por riba da media nacional. O principal responsable é o encarecemento dos transportes, que se disparan máis dun 12 por cento respecto a hai un ano, polos prezos dos combustibles | Na Audiencia da Coruña comenza o xuízo contra o home de 77 anos acusado de asasinar á sua muller no barrio de Labañou, en 2024. Un crime machista polo que a fiscalía pide 25 anos de prisión | A confraría de Cangas recibe o Premio Alimentos de España na categoría de Produción de Pesca e Acuicultura. O xurado valorou o esforzo da entidade, que celebra o seu 80 aniversario e conta con 175 barcos, para modernizarse e xerar valor engadido á pesca artesanal | Hai tres anos, montaron na Coruña, o único equipo galego de Balonmán en cadeira de rodas. Agora cinco dos seus membros acaban de conseguir, coa selección española, a medalla de ouro do campionato do Mundo, coa que buscan patrocinadores para afrontar novos retos deportivos. 14-10-2026

Comeza a vacinación infantil contra a gripe para nenos de entre seis meses e once anos. 26.500 alumnos de infantil e primaria terán a opción de inmunizarse no propio colexio. Amplíanse a 75 os centros escolares que participan neste proxecto piloto, que na pasada campaña acadou unha cobertura do 51 por cento.

O fotógrafo ferrolán Vari Caramés, galardoado polo Ministerio de Cultura co Premio Nacional de Fotografía 2026. Un recoñecemento á vixencia do seu traballo e á sua contribución á renovación cultural galega dende os anos 80 | Comeza a vacinación infantil contra a gripe, para nenos de entre seis meses e once anos. Máis de 26.000 alumnos de infantil e primaria terán a opción de recibila vacina nos propios centros escolares | O conselleiro da Presidencia critica a reacción dos socialistas á resolución del Tribunal Supremo sobre a lei de Netos, que, di, fai desconfiar das suas verdadeiras intencións | Vigo súmase ás acampadas de protesta polo dereito á vivenda. En plena Alameda permanecen instaladas unhas quince tendas de campaña para protestar polos elevados prezos dos alugueiros, condicionados tamén polas vivendas de uso turístico | Comeza a campaña marisqueira na ría de Noia que estará aberta atá o 30 de decembro. A valoración desta primeira xornada é positiva en canto ás capturas. 13-10-2026

Seguimos con tempo seco e solleiro neste martes 13 no que subiron as temperaturas mínimas, con máximas que repetiran valores semellantes aos de onte. Oscilarán entre os 22 graos da Coruña e os 29 de Ourense, roldando os 25 en Lugo e nas Rías Baixas. Despois dunha mañá con algunhas néboas, os ceos quedan despexados agás no extremo norte onde estarán nubrados. 13-10-2026

O fotógrafo ferrolán Vari Caramés, galardoado polo Ministerio de Cultura co Premio Nacional de Fotografía 2026 | Comenza a campaña de vacinación infantil contra a gripe para nenos entre seis meses e once anos | Un grupo de activistas súmase, en Vigo, ás acampadas pola vivenda, cunhas quince tendas instaladas na Alameda | A Xunta protexe aos profesores fronte as agresión de alumnos e das súas familias, con multas de ata 15 mil euros | O marisqueo volve á ría de Noia, cunha valoración positiva das capturas por parte do sector. 13-10-2026

Comenza a campaña de vacinación infantil contra a gripe para nenos entre seis meses e once anos. A opción de recibir a vacina nos propios centros escolares amplíase ata 75 colexios de Infantil e Primaria, con máis de 26.000 alumnos matriculados. O resto poderán vacinarse nos centros de saúde | A Xunta actualiza as normas de convivencia nos centros escolares e protexe aos profesores fronte as agresión de alumnos e das súas familias, con multas de ata 15 mil euros | Un grupo de activistas súmase, en Vigo, ás acampadas pola vivenda. Unhas quince tendas quedaron, dende a pasada noite, instaladas na Alameda, como xeito de protesta contra os elevados prezos e poñen tamén o foco nos pisos turísticos da cidade | O marisqueo volve á ría de Noia, cunha valoración positiva das capturas por parte do sector. Confían nunha recuperación, trala peor combinación de factores meteorolóxicos: un verán con récords de temperatura da auga do mar despois dunha temporada de intensas chuvias que provocaron a caída da salinidade. 13-10-2026

O festival Imperdible celebra en Compostela a súa sexta edición con múltiples escenarios e actividades que convidan a romper co convencional. Entre elas, unha experiencia inmersiva na praza da Quintana, na que o público se deixa levar sen saber que vai acontecer. Os espectáculos son creados en vivo.

Pontevedra súmase ás acampadas pola vivenda que están a xurdir en moitas cidades. Un grupo de mozas e mozos acaban de instalar as súas tendas na alameda en protesta polos desafiuzamentos e para pedir medidas urxentes nas políticas de vivenda.