Renfe reforza dende hoxe o servizo Vigo-A Coruña | Os empresarios súmanse á campaña contra as baixas | O maquinista do Alvia non entrará en prisión
15/10/2026 00:10:01Renfe aumenta dende hoxe un 24 por cento a súa oferta no servizo entre Vigo e a Coruña, ata acadar máis de 8.000 prazas diarias | A xuíza suspende a entrada en prisión do maquinista do Alvia, Francisco Garzón, condenado a dous anos e medio de cárcere polo accidente de Angrois de 2013. A medida manterase mentres se tramita a súa petición de indulto | O elevado numero de baixas laborais en Galicia levou a Xunta e a empresarios a deseñar un plan para tentar reducilas. Chama a atencion o gran incremento das baixas por saude mental, que é o segundo motivo de absentismo laboral, sobre todo en menores de 35 anos | Comeza este sábado un ensaio clínico para avaliar os posibles beneficios de que as persoas maiores de 65 anos se inmunicen cunha única vacina conxunta fronte á gripe e a covid | Volve o fútbol europeo a Balaidos coa segunda xornada da Liga Europa. A partir das nove o Celta mídese á Juventus de Turín, 26 anos despois do seu último encontro. 15-10-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado