gal tx
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 14-10-2026

O IPC escala en Galicia ata 5´5% en setembro | Xuízo polo asasinato dunha muller en Labañou | Premio Alimentos de España para a Confraría de Cangas

14/10/2026 00:24:27
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 14-10-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 14-10-2026
Telexornal Galicia 14-10-2026 00:24:27 14/10/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Galicia encabeza a suba do IPC de setembro, cun aumento interanual do 5´5 por cento. Son Seis décimas por riba da media nacional. O principal responsable é o encarecemento dos transportes, que se disparan máis dun 12 por cento respecto a hai un ano, polos prezos dos combustibles | Na Audiencia da Coruña comenza o xuízo contra o home de 77 anos acusado de asasinar á sua muller no barrio de Labañou, en 2024. Un crime machista polo que a fiscalía pide 25 anos de prisión | A confraría de Cangas recibe o Premio Alimentos de España na categoría de Produción de Pesca e Acuicultura. O xurado valorou o esforzo da entidade, que celebra o seu 80 aniversario e conta con 175 barcos, para modernizarse e xerar valor engadido á pesca artesanal | Hai tres anos, montaron na Coruña, o único equipo galego de Balonmán en cadeira de rodas. Agora cinco dos seus membros acaban de conseguir, coa selección española, a medalla de ouro do campionato do Mundo, coa que buscan patrocinadores para afrontar novos retos deportivos. 14-10-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado