gal tx
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 15-10-2026

Renfe reforza dende hoxe o servizo Vigo-A Coruña | Os empresarios súmanse á campaña contra as baixas | O maquinista do Alvia non entrará en prisión

15/10/2026 00:25:01
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 15-10-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 15-10-2026
Telexornal Galicia 15-10-2026 00:25:01 15/10/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Renfe aumenta dende hoxe un 24 por cento a súa oferta no servizo entre Vigo e A Coruña, ata acadar máis de 8.000 prazas diarias. O "plan Galicia" da compañía ferroviaria, incorpora trens de maior capacidade e novas opcións para os desprazamentos de media distancia | Os empresarios secundan á Xunta na súa ofensiva para reducir as baixas laborais. Comprométense a revisar as condicións dos postos de traballo e destacan que os problemas de saúde mental supoñen a segunda causa máis frecuente | Suspendido o ingreso en prisión de Francisco Garzón, o maquinista do Alvia accidentado na curva de Angrois, condenado a dous anos e medio de cárcere. A xuíza adopta esa decisión mentres se tramita a petición de indulto por parte do Goberno | As mariscadoras que pasan horas sachando agachadas. É un exemplo do sobreesforzo laboral que caracteriza ás mulleres rurais. Un estudo alerta dos problemas de saude física e mental que sofren polas desigualdades de xénero e as dificultades de acceso á atención médica. 15-10-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado