gal tx
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 13-10-2026

Empeza a vacinación infantil, con 26.500 alumnos nos propios centros | Activistas pola vivenda acampan en Vigo | Volve o marisqueo á ría de Noia

13/10/2026 00:16:29
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 13-10-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 13-10-2026
Telexornal Galicia 13-10-2026 00:16:29 13/10/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Comenza a campaña de vacinación infantil contra a gripe para nenos entre seis meses e once anos. A opción de recibir a vacina nos propios centros escolares amplíase ata 75 colexios de Infantil e Primaria, con máis de 26.000 alumnos matriculados. O resto poderán vacinarse nos centros de saúde | A Xunta actualiza as normas de convivencia nos centros escolares e protexe aos profesores fronte as agresión de alumnos e das súas familias, con multas de ata 15 mil euros | Un grupo de activistas súmase, en Vigo, ás acampadas pola vivenda. Unhas quince tendas quedaron, dende a pasada noite, instaladas na Alameda, como xeito de protesta contra os elevados prezos e poñen tamén o foco nos pisos turísticos da cidade | O marisqueo volve á ría de Noia, cunha valoración positiva das capturas por parte do sector. Confían nunha recuperación, trala peor combinación de factores meteorolóxicos: un verán con récords de temperatura da auga do mar despois dunha temporada de intensas chuvias que provocaron a caída da salinidade. 13-10-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado