O histórico dirixente do nacionalismo Xosé Manuel Beiras será soterrado esta tarde no cemiterio de Boisaca. Antes celébrase neste mesmo lugar un acto público de homenaxe, aberto á cidadanía | En Pontevedra un grupo de mozas e mozos acaban de instalar as súas tendas na Alameda en protesta polos desafiuzamentos e para pedir medidas urxentes nas políticas de vivenda | O Movemento Sumar elixe a Verónica Barbero como a súa candidata para liderar a Fronte Ampla, a nova coalición electoral con outros partidos á esquerda dos socialistas | A ponte do Pilar chega con boas perspectivas para o sector turístico, cunha ocupación media para os tres días que rolda o 60% | O Festival Imperdible celebra en Compostela a súa sexta edición con múltiples actividades que convidan a romper co convencional. Entre elas, unha experiencia inmersiva na Praza da Quintana, na que o público se deixa levar sen saber que vai acontecer. 09-10-2026
A fin de semana comeza con tempo seco e solleiro. Ceos despexados e temperaturas que soben, con máximas entre os 19 graos na Coruña e os 25 en Ourense. Máximas que subirán aínda máis o sábado. O domingo agardase que o anticiclón se retire cara o sur o que provocará un aumento das nubes e moita humidade no litoral. 09-10-2026
Úlltimo adeus a Xosé Manuel Beiras Torrado, referente do nacionalismo, nun acto público aberto á cidadanía no Museo do Pobo Galego, en Santiago | Un grupo de mozas e mozos intalan as súas tendas na Alameda de Pontevedra en protesta polos desafiuzamentos | A ponte do Pilar chega con boas perspectivas para o sector turístico, cunha ocupación media para os tres días que rolda o 60% | O Movemento Sumar elixe a Verónica Barbero como a súa candidata para liderar a Fronte Ampla | O Festival Imperdible celebra en Compostela a súa sexta edición con múltiples escenarios e actividades que convidan a romper co convencional. 09-10-2026
Aberta a sala para o adeus a Xosé Manuel Beiras no Museo do Pobo Galego en Santiago. Sobre o cadaleito o seu característico sombreiro e a bandeira de Galicia co escudo que deseñou Castelao. Amigos e simpatizantes acoden a despedir a unha figura histórica para o nacionalismo | Arranca unha ponte festiva na que Renfe reforza os servizos de comunicación entre Galicia e Madrid. O sector hoteleiro conta cunha ocupación de máis do 50 por cento, na que destaca o turismo de proximidade | Pesimismo no sector do marisqueo da ría de Noia, ante o comenzo da campaña do berberecho e a ameixa, a próxima semana. Din que a caída da produción pode converter este ano no peor da historia, pola combinación das intensas chuvias do inverno, coas temperaturas extremadamente altas da auga no verán | Un espectáculo na Praza da Quintana para arrancar o Festival Internacional de Improvisación. Unha arte na que a clave é deixarse levar e na que cada erro supón unha oportunidade. O Festival Imperdible inclúe espectáculos creados totalmente en vivo. 09-10-2026
Falece ós noventa anos o histórico dirixente do BNG, Xosé Manuel Beiras, que será despedido cun acto de homenaxe aberto á cidadanía este venres, no museo do pobo galego | Minuto de silencio en Vigo pola morte de MariCarmen. O alcalde Abel Caballero e todo o seu equipo de goberno renderon homenaxe á muller de 87 anos desafiuzada da súa vivenda en Madrid | Adeus a Xosé Manuel Beiras, protagonista da Galicia contemporánea | Reaccións a morte de Maricarmen | Homenaxe a Aida Fernández Ríos do Día da Ciencia | A oceanógrafa Aida Fernández Ríos é a homenaxeada este ano no Día da Ciencia, que se celebra hoxe. Boa parte da súa carreira desenvolveuna no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. O centro acolleu a presentación dun libro que repasa a su traxectoria cientíica e humana. 08-10-2026
Algún chuvasco ainda no extremo norte. No resto ceos máis despexados e temperaturas máis baixas. As máximas entre os 17 graos en Lugo e os 23 en Vigo. Influencia anticiclónica que se reforza a partir de mañá cando volven subir as temperaturas. 08-10-2026
Galicia despide a Xosé Manuel Beiras, unha das principais figuras políticas e intelectuais, que faleceu aos 90 anos | Minuto de silencio, en Vigo, en reacción ao falecemento de Maricarmen, a muller desafiuzada en Madrid | Mobilización da CIG A CIG contra o encarecemento da vida e as dificultades para acceder a vivenda, en preparación da folga xeral convocada para o 11 de novembro | Os ópticos galegos advirten que case a metade das persoas que conducen non fan unha revisión anual para comprobar a visión | A oceánografa Aida Fernández Ríos, científica do ano, pola Real Academia Galega das Ciencias. 08-10-2026
Galicia despide a Xosé Manuel Beiras, unha das principais figuras políticas e intelectuais da historia contemporánea, que faleceu aos 90 anos, na súa casa da Reboiraina, en Brión preto de Santiago. Catedrático de Estructura Económica da Universidade de Santiago, liderou o BNG durante máis de duas décadas, nas que foi referente da oposición á presidencia de Manuel Fraga | Reaccións ao falecemento de Maricarmen, a muller desafiuzada en Madrid que espertou un movemento de protestas pola vivenda. En Vigo, minuto de silencio, convocado polo concello | A CIG prepara a folga xeral convocada conxuntamente con CCOO e UGT para o 11 de novembro contra o encarecemento da vida e as dificultades para o acceso a vivenda. Consideran insuficientes os decretos do Goberno Central e acusan á Xunta de inacción en política de alugueiro social | A oceánografa Aida Fernández Ríos, científica do ano, pola Real Academia Galega das Ciencias. Pioneira en estudos sobre contaminación humana dos mares e cómo repecute nos cambios do clima. 08-10-2026
Galicia convértese en residencia de portorriqueños e norteamericanos que buscan unha oportunidade no mundo do fútbol. Trece rapaces, cinco deles menores de idade, viven e estudan actualmente en Santiago para poder adestrar en equipos locais. Forman parte do programa deportivo JDB, que leva xa oito anos funcionando.
No Día Mundial da Visión, o tema elixido é a condución. Case a metade das persoas que conducen non fan unha revisión anual para comprobar a saúde dos ollos, algo que preocupa aos ópticos e optometristas de Galicia.
Xosé Manuel Beiras comezou na política na clandestinidade en 1963 como fundador do Partido Socialista Galego e xa na democracia tamén participou na constitución do Bloque Nacionalista Galego en 1982. Catedrático de Estrutura Económica, tivo unha longa traxectoria política. Un referente do nacionalismo e do parlamentarismo galego con intervencións que deixaron pegada na memoria colectiva.
Setembro deixou en Galicia un balance climatolóxico pouco habitual: foi o segundo setembro máis cálido da serie histórica e o máis seco desde 2018. MeteoGalicia destaca tamén a forte irregularidade das precipitacións, concentradas en poucos episodios. Estes datos coñécense coincidindo coa posta en marcha do novo Portal de Acción Climática da Xunta.
Conseguir que o peixe recupere presenza na cesta da compra. É o gran desafío para o sector dos conxelados, que celebra a súa feira mundial en Vigo. Conxemar, con máis de 800 expositores, destaca a oferta de produtos para un consumidor que busca rapidez e comodidade.
Rueda anuncia axudas por valor de sete millóns de euros para os concellos que queiran construir vivenda de titularidade municipal destinada ao alugueiro | A acampada pola vivenda instalada de forma indefinida na praza do Obradoiro cumpre unha semana na que pasou dunha ducia de tendas a máis dun cento | segundo día de Conxemar. Na feira, que é un dos grandes escaparates do sector do peixe conxelado a nivel mundial, as empresas apostan pola innovación. Percorremos algúns dos máis de 800 expositores para ver cales son cales son as súas propostas | Setembro foi o segundo mes de setembro máis cálido da serie histórica en Galicia e o máis seco desde 2018. As temperaturas mantivéronse por riba do habitual durante boa parte do mes, especialmente as máximas. 07-10-2026
Unha nova fronte deixa ceos cubertos con chuvias máis persistentes e intensas na metade norte. Pola tarde as precipitacións serán máis intermitentes. As temperaturas descenden, especialmente as máximas, que quedarán entre os 18 graos en Lugo e os 24 en Ourense. 07-10-2026
Rueda anuncia axudas por valor de sete millóns de euros para os concellos que construan vivenda para alugueiro | A acampada pola vivenda instalada de forma indefinida na praza do Obradoiro cumpre unha semana | A Mesa pola normalización linguística rexeita o plan pola lingua aprobado polo Parlamento tralo pacto entre o PP e o PSdeG | Conseguir que o peixe recupere presenza na cesta da compra. É o gran desafío para o sector dos conxelados que celebra a sua feira mundial en Vigo, Conxemar | O pasado mes foi o segundo setembro máis cálido da serie histórica en Galicia e o máis seco desde 2018. 07-10-2026
Rueda anuncia axudas por valor de sete millóns de euros para os concellos que queiran construir vivenda de titularidade municipal destinada ao alugueiro. Na sesión de control do Parlamento, o presidente da Xunta replica aos portavoces da oposición, que o acusan de ser responsable dos problemas da vivenda en Galicia | Conseguir que o peixe recupere presenza na cesta da compra. É o gran desafío para o sector dos conxelados que celebra a sua feira mundial en Vigo, Conxemar, con máis de 800 expositores | A Mesa pola normalización linguística rexeita o plan pola lingua aprobado polo Parlamento tralo pacto entre o PP e o PSdeG, e anuncia unha Iniciativa Lexislativa Popular con medidas alternativas para favorecer a recuperación de galego falantes entre a mocidade | A granxa Doroña, en Arzúa, un exemplo de sostibilidade e benestar animal. Con paneis solares, cepillos rotativos e ventiladores e para as suas máis de 200 vacas. É unha das explotacións que recibiron o investimento da multinacional Nestlé para favorecer prácticas eficientes e respetuosas coa contorna. 07-10-2026
Placas solares, cepillos rotativos, ventiladores e aspersores para 225 vacas para facer fronte as vagas de calor.
A granxa de Doroña, en Arzúa, incorpora prácticas máis eficientes, innovadoras e respetuosas co medio ambiente e así evitar as emisións de gases de efectos invernadoiro.
É unha das sesenta explotacións galegas que abastecen á fábrica de leite condensada que Nestlé ten en Pontecesures, Pontevedra.
É a creación dun artista ao que lle gustan as peliculas de ciencia ficción.
Como sería unha viaxe ao espazo no ano 4591 para colonizar planetas habitables para a especie humana.
A exposición titúlase Metástase e pode verse nunha casa de Esgos, en Ourense.
Vigo volve converterse no centro de negocios mundial do peixe conxelado. Arranca no Ifevi Conxemar, a feira que reúne todo o sector, con máis de 800 expositores e coa presenza de dez das maiores compañías pesqueiras do mundo.