gal tx
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 09-10-2026

Amigos e simpatizantes despiden a Xosé Manuel Beiras | Boa ocupación para a ponte do Pilar | Pesimismo do sector marisqueiro da ría de Noia

09/10/2026 00:25:00
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 09-10-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 09-10-2026
Telexornal Galicia 09-10-2026 00:25:00 09/10/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Aberta a sala para o adeus a Xosé Manuel Beiras no Museo do Pobo Galego en Santiago. Sobre o cadaleito o seu característico sombreiro e a bandeira de Galicia co escudo que deseñou Castelao. Amigos e simpatizantes acoden a despedir a unha figura histórica para o nacionalismo | Arranca unha ponte festiva na que Renfe reforza os servizos de comunicación entre Galicia e Madrid. O sector hoteleiro conta cunha ocupación de máis do 50 por cento, na que destaca o turismo de proximidade | Pesimismo no sector do marisqueo da ría de Noia, ante o comenzo da campaña do berberecho e a ameixa, a próxima semana. Din que a caída da produción pode converter este ano no peor da historia, pola combinación das intensas chuvias do inverno, coas temperaturas extremadamente altas da auga no verán | Un espectáculo na Praza da Quintana para arrancar o Festival Internacional de Improvisación. Unha arte na que a clave é deixarse levar e na que cada erro supón unha oportunidade. O Festival Imperdible inclúe espectáculos creados totalmente en vivo. 09-10-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado