Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Aumentan un 17 por cento as listas de agarda para operarse nos hospitais galegos e o tempo de espera media chega a 89 días, 20 máis que o ano anterior | Os prezos da vivenda subiron en Galicia un 19´8 por cento no último ano | O BNG amósase disposto a votar a favor dos decretos do Goberno sobre vivenda | Avanzan os traballos de recuperación da zona queimada no gran incendio do ano pasado no concello de Monterrei, onde ardeu máis do 70 por cento da superficie forestal | Simulacro de incendio a bordo dun buque que transporta vehículos eléctricos, en Vigo, con participación de equipos de bombeiros e helicópteros. 30-09-2026

Aumentan un 17 por cento as listas de agarda para operarse nos hospitais galegos e o tempo de espera media chega a 89 días, 20 máis que o ano anterior. Así o recoñece o Sergas no Balance de actividade do último ano, no que a espera media para as consultas externas pasa de 57 días a 70 | Alfonso Rueda destaca a política da Xunta en materia de vivenda na entrega de pisos de alugueiro social en Santiago, mentres o BNG amósase disposto a votar a favor dos decretos do Goberno sobre vivenda | Simulacro de incendio a bordo dun buque que transporta vehículos eléctricos, en Vigo, con participación de equipos de bombeiros e helicópteros. E un exercicio organizado pola dirección xeral da Mariña Mercante para adestrar aos técnicos en cómo actuar ante distintos tipos de emerxencias | Avanzan os traballos de recuperación da zona queimada no gran incendio do ano pasado no concello de Monterrei, onde ardeu máis do 70 por cento da superficie forestal. É parte do plan promovido polo goberno central que contempla un investimento de 9 millóns de euros na provincia de Ourense. 30-09-2026

O proxecto SensoXenoma, cumpre cinco anos. Trátase do experimento para detectar cambios biolóxicos producidos pola música nos individuos que leva a cabo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago en colaboración coa USC. Un aniversario, celebrado cun concerto a cargo da Real Filharmonía, que servíu tamén para recoller máis mostras de cara á investigación.

Os birlos, ou bolos tradicionais, forman parte da nosa historia. Un xogo popular transmitido de xeración en xeración que aínda segue vivo nalgúns puntos de Galicia. E que foi declarado este ano Ben de Interese Cultural. Vemos como xogan aos birlos en Pomar do Río, en Boiro.

Os activistas manteñen esta tarde unha asamblea na praza do Obradoiro para decicir novas mobilizacións. Polo momento valoran as medidas aprobadas como un primeiro paso pero consideranas como cláramente insuficientes | A Mesa do Congreso abre expediente sancionador a deputada por Ourense Ana Belén Vázquez por exhibir un bote de gas pementa no hemiciclo | A inflación disparouse en setembro e está a piques de chegar ao cinco por cento, alcanzando xa a taxa máis alta dende febreiro de 2023. O aumento do prezo dos combustibles e a principal causa | O temporal barre Galicia con refachos que xa superaron os 140 quilómetros por hora en puntos coma Vimianzo. Os seus efectos serán especialmente notables nas próximas, con precipitacións que poden acumular ata 40 litros por metro cadrado en doce horas. 29-09-2026

Primeiro temporal do outono. Activanse avisos por unha profunda borrasca que deixou sobre todo durante a mañá vento do sur con refachos que superaron os 100 quilómetros por hora en moitos puntos do litoral, coma na Costa da Morte en Vimianzo con refachos de ata 131 quilómetros por hora. Tamén se poden acumular ata 40 litros por metro cadrado en doce horas sobre todo na fachada atlántica. 29-09-2026

Activistas piden en Santiago, ante a aprobación polo Consello de Ministros de medidas sobre vivenda | Os prezos dispáranse ata o 4´9 por cento interanual, son seis décimas máis que o mes anterior | A Mesa do Congreso abre expediente sancionador a deputada por Ourense Ana Belén Vázquez por exhibir un bote de gas pementa no hemiciclo | O plan contra o absentismo laboral da Xunta inclúe a creación da figura de coordenador de reincorporación para acompañar de forma voluntaria a volta ao traballo tras unha baixa de longa duración. 29-09-2026

Activistas concentrados en Santiago, ante a aprobación polo Consello de Ministros do decreto con medidas sobre vivenda, a raíz do caso de Maricarmen, a muller desafiuzada en Madrid. O decreto contempla o acordo entre os socialistas e Sumar para ampliar a protección fronte aos desafiuzamentos ata 2030, e a prórroga dos contratos de alugueiro ata 2028 | Nova suba do IPC, en setembro. Os prezos dispáranse ata o 4´9 por cento interanual, son seis décimas máis que o mes anterior. Un incremento debido, sobre todo, ao encarecemento dos combustibles | O plan contra o absentismo laboral da Xunta inclúe a creación da figura de coordenador de reincorporación para acompañar de forma voluntaria a volta ao traballo tras unha baixa de longa duración. Tamén, axudas para que as empresas contraten sustitutos | O xogo dos birlos foi declarado este ano Ben de Interese Cultural. É un xogo popular transmitido de xeracion en xeración, considerado un dos máis importantes de Galicia e que aínda segue vivo nalgunhas aldeas. 29-09-2026

Arranca a campaña de vacinación da gripe e faino nas residencias de maiores e centros de discapacidade, que concentra a poboación máis vulnerable ás infeccións respiratorias. A campaña pretende chegar aos máis de 920.000 galegos maiores de 60 anos e tamén ao medio millón maiores de 70, para os que está especialmente indicada, ademais, a inmunización fronte á covid. Foto: EFE | Salvador Sas

Arranca a campaña de vacinación da gripe e faino nas residencias de maiores e centros de discapacidade,que concentra á poboación máis vulnerable ás infeccions respiratorias | A Xunta aproba un plan de 45 millóns de euros para reducir as baixas laborais e crea a figura dos coordinadores de reincorporación, axentes que acompañarán os traballadores tras unha baixa de longa duración | Os grupos da oposición esixelle á Xunta medidas sobre vivenda. O BNG acusa a Rueda de incumprir a promesa de construir 1800 novas residencias, namentras o Psoe urxeo a aplicar a lei | Case 8.000 persoas viaxaron no tren histórico turístico Galaico Expreso posto en marcha este verán despois de quince anos de parón | O proxecto Senxoxenoma cumpre cinco anos. Trátase do experimento para detectar cambios biolóxicos producidos pola música nos individuos, que leva a cabo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago en colaboración coa USC. 28-09-2026

Ceos cubertos e chuvascos máis frecuentes pola tarde. Baixan as temperaturas, con máximas que oscilan entre os 23 graos de Pontevedra ou Santiago e os 27 en Ouense. Hoxe formarase unha borrasca que mañá deixará o primeiro temporal do outono con chuvias intensas e ventos fortes. 28-09-2026

A Xunta aproba un plan de 45 millóns de euros para reducir as baixas laborais e crea a figura dos coordinadores de reincorporación | Empeza a campaña de vacinación contra a gripe e a Covid en residencias de maiores e centros de discapacidade | Os problemas de acceso á vivenda tensionan o debate político. A oposición acusa a Rueda de incumplir a promesa de construir 1.800 vivendas nesta lexislatura | Unha aplicación para deixar de fumar mediante terapia psicolóxica e con seguemento por videochamada, é desenvolvida pola unidade de Tabaquismo da USC. 28-09-2026

Empeza a campaña de vacinación contra a gripe e a Covid en residencias de maiores e centros de discapacidade. O obxetivo, reforzar a protección das 920.000 persoas maiores de 60 anos. A partir dos 65 anos administrarase a vacina antigripal de alta carga | Os problemas de acceso á vivenda e prezo dos alugueiros tensionan o debate político. A oposición acusan a Rueda de incumplir a promesa de construir 1.800 vivendas nesta lexislatura. Numerosos colectivos o convocan manifestacións solidaridade con Maricarmen, a muller desafiuzada en Madrid | Unha aplicación para deixar de fumar, sen fármacos, mediante terapia psicolóxica e con seguemento por videochamada, desenvolvida pola unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da Universidade de Santiago, que busca 400 voluntarios para avaliar a sua utilidade | Arranca a liga da máxima categoría do Baloncesto con tres equipos galegos. Vitoria para o Obradoiro en Andorra, 85 a 90. Triunfo tamén para o Breogán, contra o Joventut, 110-104. O Leyma cae en Barcelona por 119 a 101

. 28-09-2026

David Arcay volve facer historia na pesca deportiva. Vén de proclamarse subcampión do mundo de salmónidos mosca nunha competición celebrada en Idaho Falls, en Estados Unidos, con 140 pescadores da élite internacional. Un fito que converte a este coruñés, que xa foi cinco veces campión, no mellor pescador da historia. Acompañámolo nunha das súas últimas xornadas da tempada de pesca fluvial en Galicia, que remata este mércores.

Desactivada a Situación 2 no incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín. A superficie afectada aumenta a 460 hectáreas, segundo o último balance de Medio Rural | O BNG arremete contra os socialistas por asinar o acordo pola língua co Partido Popular. Os nacionalistas din que o acordado non cambia o decreto do plurilinguismo do goberno de Núñez Feijóo, de 2010, e cren que detrás hai unha posible compensacion ós socialistas con cargos institucionais | Susana Rodríguez , xunto á súa guía Sara Perez,acaban de revalidar, por terceiro ano consecutivo, o título como Campioas do Mundo de Paratriatlón. E foi na casa, en Pontevedra. É o oitavo título mundial que conquista esta médico e deportista viguesa con discapacidade visual | A danza contemporánea busca novos espazos e públicos en Vigo. O festival Síntese regresa esta fin de semana coa súa terceira edición coa Premio Nacional de Danza porriñesa Janet Novás como cabeza de cartel. 25-09-2026

Hoxe Retírase o aire cálido cara ó leste e o anticiclón empezará a perder influencia a partir de mañá e sobre todo o domingo, pola chegada dunha fronte moi debilitada que deixará algúns chuvascos illados no norte. Tarde de ceos despexados con algunhas nubes altas. As temperaturas descenden de xeito notable na metade norte. As máximas oscilarán entre os 21 graos da Coruña e os 32 de Ourense . 25-09-2026