As listas de agarda do Sergas aumentan un 17% | O BNG apoia os decretos sobre vivenda | Recuperación de superficie forestal queimada, en Monterrei
30/09/2026 00:24:00Aumentan un 17 por cento as listas de agarda para operarse nos hospitais galegos e o tempo de espera media chega a 89 días, 20 máis que o ano anterior. Así o recoñece o Sergas no Balance de actividade do último ano, no que a espera media para as consultas externas pasa de 57 días a 70 | Alfonso Rueda destaca a política da Xunta en materia de vivenda na entrega de pisos de alugueiro social en Santiago, mentres o BNG amósase disposto a votar a favor dos decretos do Goberno sobre vivenda | Simulacro de incendio a bordo dun buque que transporta vehículos eléctricos, en Vigo, con participación de equipos de bombeiros e helicópteros. E un exercicio organizado pola dirección xeral da Mariña Mercante para adestrar aos técnicos en cómo actuar ante distintos tipos de emerxencias | Avanzan os traballos de recuperación da zona queimada no gran incendio do ano pasado no concello de Monterrei, onde ardeu máis do 70 por cento da superficie forestal. É parte do plan promovido polo goberno central que contempla un investimento de 9 millóns de euros na provincia de Ourense. 30-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado