Desactivado o nivel 2 do incendio de Calvos de Randín | Susana Rodríguez, Campioa do Mundo de Paratriatlón | Janet Novas, no Festival Síntese, en Vigo
25/09/2026 00:10:02Desactivada a Situación 2 no incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín. A superficie afectada aumenta a 460 hectáreas, segundo o último balance de Medio Rural | O BNG arremete contra os socialistas por asinar o acordo pola língua co Partido Popular. Os nacionalistas din que o acordado non cambia o decreto do plurilinguismo do goberno de Núñez Feijóo, de 2010, e cren que detrás hai unha posible compensacion ós socialistas con cargos institucionais | Susana Rodríguez , xunto á súa guía Sara Perez,acaban de revalidar, por terceiro ano consecutivo, o título como Campioas do Mundo de Paratriatlón. E foi na casa, en Pontevedra. É o oitavo título mundial que conquista esta médico e deportista viguesa con discapacidade visual | A danza contemporánea busca novos espazos e públicos en Vigo. O festival Síntese regresa esta fin de semana coa súa terceira edición coa Premio Nacional de Danza porriñesa Janet Novás como cabeza de cartel. 25-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado