Mobilización de activistas polo ‘decreto Maricarmen’ | O IPC dispárase ata o 4´9% en setembro | Plan da Xunta para reducir as baixas laborais
29/09/2026 00:23:26Activistas concentrados en Santiago, ante a aprobación polo Consello de Ministros do decreto con medidas sobre vivenda, a raíz do caso de Maricarmen, a muller desafiuzada en Madrid. O decreto contempla o acordo entre os socialistas e Sumar para ampliar a protección fronte aos desafiuzamentos ata 2030, e a prórroga dos contratos de alugueiro ata 2028 | Nova suba do IPC, en setembro. Os prezos dispáranse ata o 4´9 por cento interanual, son seis décimas máis que o mes anterior. Un incremento debido, sobre todo, ao encarecemento dos combustibles | O plan contra o absentismo laboral da Xunta inclúe a creación da figura de coordenador de reincorporación para acompañar de forma voluntaria a volta ao traballo tras unha baixa de longa duración. Tamén, axudas para que as empresas contraten sustitutos | O xogo dos birlos foi declarado este ano Ben de Interese Cultural. É un xogo popular transmitido de xeracion en xeración, considerado un dos máis importantes de Galicia e que aínda segue vivo nalgunhas aldeas. 29-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado