Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os grandes areais urbanos foron un dos escenarios principais da celebración, por todo o alto e de xeito máis multitudinario que nunca, da noite de San Xoán. Nas praias da Coruña déronse cita 200.000 persoas. Lume, música, sardiñas e tradición na noite máis curta e máxica do ano. Una festa marcada polas altas temperaturas e os chamamentos a manter un comportamento cívico. Rexistráronse máis de 370 incidencias.

Segundo o Concello, recolléronse case 23 toneladas de lixo nos areais da Coruña. Falta por facer o reconto das cantidades acumuladas no resto da cidade. Os primeiros datos indican un descenso do 50% na cantidade de lixo acumulado, en comparanza co ano pasado. Os servizos retiraron das praias 22,76 toneladas de lixo, fronte ás 44 de 2025. Ás seis da mañá os últimos festeiros eran desaloxados dos areais e ás sete empezaba a funcionar o servizo de limpeza. Desde media mañá xa se podía acceder a tomar o sol e a desfrutar do baño.

As dúbidas adoitan asociarse a incerteza. Para Paolo Roversi, en cambio, son a orixe da creatividade. Esa é a idea que dá forma a Doubts, a nova exposición que alberga o Centro MOP da Coruña dedicada a un dos fotógrafos máis influentes das últimas décadas.

Preparativos para dúas das principais festas de San Xoán que se agardan esta noite en toda Galicia. En Nigrán, apuran a montaxe de dúas grandes cacharelas na Praia de Panxón, un dos puntos emblemáticos de celebración multitudinaria da noite de San Xoán, como tamén o son as praias de Riazor e do Orzán, na Coruña. Alí xa están delimitadas as parcelas para congregar a grupos de amigos e familias. O Concello coruñés repartirá 120 toneladas de madeira. Por toda Galicia as fogueiras iluminarán a noite máis curta do ano, que se prevé especialmente cálida.

Mañá pola noite é o San Xoán e nas lonxas e mercados a atención está posta na sardiña. As embarcacións teñen un tope de captura de 7.500 quilos á semana. Os prezos nestas xornadas previas están en torno ós 2 euros o quilo na lonxa e 8 nas prazas de abastos, aínda que esas cifras irán subindo nas próximas horas, conforme aumente a demanda. Na lonxa, a venda máis importante vaise facer esta noite. Agárdase moita cantidade. Fresca e puntual, para cumprir coa tradición.

En Galicia existe rexistro do uso do liño desde hai máis de 3.000 anos e no Imperio Romano era considerado o mellor liño de Europa. Pero esta industria, moi presente na cultura galega ata hai menos dun século, foi esmorecendo case até a súa extinción. Como di Adriana Domínguez, presidenta da empresa Adolfo Domínguez, "as sementes de orixe galega están gardadas como pezas de ouro" esperando o momento de seren recuperadas. Parte dese xermoplasma permanece conservado no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, que traballa co Centro de Formación e Experimentación Agraria para poder cultivalo de novo.

Hoxe o 85 % do liño de mellor calidade tráese do norte de Europa, principalmente de Bélxica, Países Baixos e Francia, e o seu prezo incrementouse un 51 % nos últimos catro anos. Un proxecto da Fundación Adolfo Domínguez, co apoio da Xunta de Galicia, contará cun orzamento superior aos 800.000 euros durante os próximos tres anos para continuar coas investigacións e lograr que o liño sementado en Galicia volva ser unha referencia internacional e consiga abrirse un oco nos mercados.

Abonados e socios do Deportivo deciden dende hoxe e ata o domingo pola tarde se queren ou non cambiar o nome do club. Substituír a nomenclatura de sempre, en castelán, polo topónimo oficial da Coruña, en galego. O resultado da consulta é vinculante e ratificarase na xunta de accionistas que terá lugar o próximo día 23 de xuño. A idea deste referendo para galeguizar o nome do equipo coruñés partiu dun proxecto educativo do instituto público Rafael Dieste.

Carmen naceu ás 26 semanas. Pesaba 900 gramos e tiña moi poucas posibilidades de sobrevivir. Estivo na UCI dous meses, que seus pais lembran como moi duros, e tivo que superar moitas dificultades. A asociación de APREM, que xurdiu no ano 1999 como un grupo de autoaxuda, é un gran apoio para as familias dos nenos prematuros. Segundo os datos do INE, o 7% dos nacidos fano antes da semana 37 de xestación.

El incendio de Padrón, en A Coruña, ha quemado ya 350 hectáreas y, aunque aún no está controlado, la situación es favorable.

La situación ha mejorado respecto a la víspera, cuando un flanco se reactivó y la Xunta decidió activar la Situación 2 como prevención ante la proximidad del fuego a dos núcleos de Carcacía, Sobrerribas y Cruxeiras de Abaixo.

Actualmente, no se aprecian llamas en el fuego y los medios de extinción movilizados trabajan en perimetrar con buldócer todo el área.

Foto: Xoán Rey/EFE

Preocupa a repunta das taxas de criminalidade que se está a producir no mundo logo da pandemia

Congreso de criminoloxía na Coruña

Na Universidade da Coruña celébrase un congreso sobre criminoloxía no que 400 expertos debaten sobre os novos retos desta ciencia. Preocúpalles a subida das taxas de criminalidade que se está a producir no mundo logo da pandemia. En Galicia tamén, malia que rexistra unha das cifras máis baixas de Europa. Esta disciplina abrangue aspectos como a violencia de xénero, o narcotráfico ou conflitos veciñais.

Colectivos ambientalistas celebran o Día dos océanos cunha limpeza na praia de Riazor, na Coruña, e coa mensaxe de non contaminar a fonte de vida que son os oceános. A Consellería de Medio Ambiente súmase á proposta e pide conciencia para non contaminar o mar, que baña dous mil cincocentos quilómetros de costa en Galicia

Procedentes das illas do Pacífico, máis de 200 pezas da colección do Museo Británico, chegan a Santiago para abraiarnos coa riqueza e a creatividade das culturas de Oceanía. Ata finais de novembro, o Museo Centro Gaiás mergúllase nun océano repleto de vida, xentes e conexión.