Enlaces accesibilidad

O Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo crea o primeiro banco nacional de area de praia

  • Permitirá coñecer como evolucionan as nosas costas e como lles afecta o cambio climático
  • De momento teñen 150 mostras, pero esperan chegar ás máis de 3.000 praias da Península
Coñecendo a evolución da costa a través da area das praias
Aris González | Lucas Pereda

Un simple puñado de area pode esconder moita máis información da que imaxinamos. Na Universidade de Vigo acaban de crear o primeiro banco nacional de area de praia de España, un arquivo científico único que permitirá coñecer mellor como evolucionan as nosas costas e como lles afecta o cambio climático. De momento teñen 150 mostras, pero agardan chegar a ter area das máis de 3.000 praias que hai na Península.

Proxecto Iberarenum

Ana Bernabeu, investigadora do proxecto Iberarenum, que desenvolve o banco de area, móstranos algún exemplo: "Esta es de la playa Central en Isla Cristina, en Huelva. Tenemos también aquí de Salobreña, la playa de la Charca..."

A primeira vista parecen só botes con area. Pero cada un deles garda unha pequena parte da historia das nosas praias.

Daniel Rey, que é director do Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo, tamén traballa no proxecto Iberarenum. Sinala na pantalla do ordenador os grans da area: "La mayor parte de ellos son granos de cuarzo, hay algún feldespato..."

Los granos de arena reflejan toda la historia que va desde que se forma la roca hasta que es depositada en playa

No laboratorio da Universidade de Vigo, estudan e analizan máis de cento cincuenta mostras chegadas de distintos areais da Península Ibérica.

Reconstruír a historia xeolóxica

"Los granos de arena reflejan toda la historia que va desde que se forma la roca hasta que es depositada en playa", explica Daniel Rey. "De esta forma, tratamos de reconstruir de alguna manera la geología y la historia geológica de la Península Ibérica".

O primeiro paso é dividir e clasificar a area por tamaños a través da granulometría. Faino a investigadora Sandra Rúa: "Los metemos en la tamizadora. Ahí lo ponemos a vibrar, durante unos 20 minutos, para que los granos se vayan clasificando por los tamaños de la malla de luz".

Cada gran fala da orixe dos sedimentos e da xeoloxía da contorna. "Y eso nos ayuda mucho para la gestión de costas, para el cambio climático", Explica Sandra Rúa.

Os datos que obteñen permiten comprender como cambian as praias co paso do tempo.

A investigadora Ana Bernabeu móstranos un bote que se denomina duquesa. Nel introdúcense as mostras de area. Aquí os cidadáns tamén se converten en protagonistas da investigación. "Le pedimos a los ciudadanos", indica Bernabeu, "que nos aporten muestras y eso amplía la cobertura geográfica que va a tener nuestro proyecto".

Colaboración cidadá

Os voluntarios que van recoller as mostras reciben un kit cun bote, un cazo e as etiquetas para identificar a praia. Calquera pode recoller area e enviarlla.

"Les pedimos que recojan la muestra en una playa en la zona intermareal, de unos cinco centrímetros de profundidad, aproximadamente", explica Ana Bernabeu.

O obxectivo é que este arquivo continúe crecendo ano tras ano e incorporando novas mostras que permitan seguir a evolución das praias ibéricas e chegar ás máis de 3.000 que hai na Península.