Enlaces accesibilidad

Viaxe de proba do AVE a Galicia, que comezará a circular para viaxeiros o 21 de decembro

  • A Ministra de Transportes e o Presidente da Xunta completan o percorrido en 2.15 horas ata Ourense
  • Dende mañá poden comprarse os billetes para a liña, que acurta as viaxes a Galicia entre unha hora e hora e media

Por
Chega o AVE a Ourense

Dúas horas e dezaseis minutos tardou un tren AVE en facer o primeiro percorrido en probas dende Madrid ata Ourense, grazas a que xa está rematado o treito de Pedralba a Taboadela, a 17 km da capital ourensá.

No tren viaxaron a Ministra de Transportes e mailos presidentes de Galicia e Castela-León.

No AVE dende Sanabria a Ourense

O treito máis difícil

O treito entre Pedralba en Zamora e Ourense foi o máis complicado de construír, segundo as autoridades que o percorreron hoxe en probas. Son 119 quilómetros cun investimento de case tres mil millóns de euros.

Coa súa posta en marcha o próximo 21 de decembro, Ourense quedará a dúas horas e cuarto de Madrid por alta velocidade, unha hora e media menos do que leva actualmente. Tamén se reducirán os tempos de viaxe desde as outras cidades galegas.

As viaxes aínda se reducirán 20 minutos máis cando cheguen os chamados trens Avril de ancho variable, previstos para o verán de 2022. Os billetes para viaxar en Ave desde Ourense póñense á venda mañá.

Fito histórico

“Estamos a las puertas de un hito histórico, la aproximación final de Galicia al centro penínsular con un recorte de tiempos que permitirá reducir el tiempo de viaje de todas las conexiones ferroviarias gallegas con un aumento de la oferta de servicios nunca antes vista”, dixo a ministra de Transportes, Raquel Sánchez.

Estamos a las puertas de un hito histórico, la aproximación final de Galicia al centro penínsular

En parecidos termos pronunciouse o Presidente da Xunta. "Es la mejor noticia para la Navidad de este 21, y la mejor noticia ferroviaria en las últimas décadas en Galicia. Estamos, por lo tanto a las puertas, de un momento histórico. El AVE es para Galicia un objetivo prioritario no desde hace años, sino desde hace décadas," dixo Alberto Núñez Feijóo.

El AVE es para Galicia un objetivo prioritario no desde hace años, sino desde hace décadas

O presidente da Xunta agradeceu o traballo de seis ministros e catro presidentes de goberno para que o Ave chegue a Galicia case dúas décadas despois do comezo das obras dunha liña que suma máis de 9 mil millóns de investimento. Mañá poranse á venda os billetes para as dez novas frecuencias.