Enlaces accesibilidad
Premio Mejor Escuela

Os Reis entregan en Tui o premio á mellor escola do ano ao CRA Mestra Clara Torres, con aulas en cinco parroquias

  • O galardón recoñece vinte anos de ensino innovador, con implicación de familias e veciños
  • Os alumnos aprenden robótica e cociña e tamén practican ioga

Por
Os Reis visitan Tui

Os reis percorreron dúas aulas do Centro Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui e coñeceron aos seus responsables e alumnos, moi emocionados pola visita real. Pequenos chefs con gorros e mandil ensináronlles aos monarcas a facer filloas nun ‘show-cooking’ no que aprenden nocións de alimentación sostible con productos de proximidade.

Proxectos innovadores

No mesmo patio, Don Filipe e Dona Letizia viron como os nenos fan fariña con landras ou un sementeiro con cogomelos. Son algúns dos proxectos nos que traballa este colexio de infantil que ten as súas aulas repartidas en cinco parroquias de Tui.

Os reis visitaron primeiro a de Baldráns e, xa no seu interior, compartiron cos nenos un conto en lingua de signos. Tamén interviron na radio educativa do centro, que retransmitiu en directo esta xornada tan especial.

Reuníronse con mestres que fixeron prácticas en colexios rurais de Galicia, becados pola Fundación Princesa de Girona, que concede o premio.

Unha xornada no colexio premiado

Despois trasladáronse á aula de Pexegueiro

Á súa chegada os nenos recibíronos co saúdo ao sol nunha sesión de ioga ao pé dos carballos. Ensináronlles como reconstrúen instrumentos musicais tradicionais ou os avances nun obradoiro no que mesturan a robótica coa educación emocional.

Os reis estiveron acompañados das principais autoridades galegas, encabezadas polo presidente da Xunta, e da ministra de educación nesta visita á mellor escola de toda España “pola súa aposta pola innovación”.

Un acontecemento que suscitou moita espectación entre os veciños da vila fronteiriza, que recibiron aos monarcas con bandeiras e aplausos.

Filipe VI en galego