Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

En Baiona, toma forma o mural máis grande de España. A artista Lula Goce, natural desta localidade e con obras en todo o mundo, leva semanas traballando sobre o muro do espigón nunha obra de 1.400 metros cadrados e case medio quilómetro de longo na que busca reflectir a alma mariñeira da vila.

O exame de lingua castelá e literatura foi o primeiro ó que se enfrontaron os máis de 13.000 estudantes que comezaron hoxe as probas de acceso á universidade. Tocáronlles preguntas sobre a xeración do 98 e Antonio Machado, e tiveron que facer un comentario de texto sobre o último disco de Rosalía.

Do resultado da PAU depende, en gran medida, que poidan estudar a carreira que queren. Así que hoxe respíranse moitos nervios nos 36 centros onde se examina o alumnado. As notas publicaranse o xoves que vén. A nota de corte máis alta de Galicia a ten o dobre grao en matemáticas e física.

Arranca na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo con xurado popular polo asasinato de Yoel Quispe na madrugada da Noiteboa do 2023. O mozo, de 22 anos, regresaba á casa despois dunha noite de festa e foi mortalmente acoitelado nunha liorta.

No banco dos acusados sentan tres persoas. A Fiscalía pide 14 anos de cadea para o presunto autor do homicidio, que está actualmente en pisión provisional tras recoñecer que foi quen apuñalou á vítima. Os outros dous acusados son considerados cooperador necesario e cómplice.

Campaña da asociación de gandeiros Agromuralla para informar dos beneficios do leite. Un dos obxetivos dos produtores é desterrar bulos sobre este alimento, que contribúe a unha dieta saludable. No seu día mundial, decidiron repartir botellas de leite e derivados do leite na feira de Betanzos. 

Ademáis de ser beneficioso para a saúde, o leite é fundamental para a economía de Galicia. Contamos con máis da metade das granxas lácteas de España, arredor de 5.000. Delas sae máis do corenta por cento da producción total de leite do noso país.

Conta atrás para os máis de 13.000 galegos que se enfrontan este ano á PAU. Faltan menos de 24 horas para que arranquen as probas de acceso á universidade e nas bibliotecas respíranse moitos nervios. En Galicia o alumnado repartirase en 36 centros en A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra. E, como en anos anteriores, haberá equipos de detección de radiofrecuencia para evitar trampas.

O primeiro exame será o de lingua castelá e literatura. Nos repasos de última hora cada vez hai máis estudantes que utilizan a intelixencia artificial. Hai quen lle pide a ChatGPT que lle faga simulacros de exame ou que lle axude a resumir os apuntes.