Comenzamos este repaso pola actualidade de galicia coa boa nota de que a presión hospitalaria por mor da covid continúa á baixa, mentres sigue adiante aceleradamente a campaña de vacinación. Nunha xornada na que coñecimos que a xunta gastarase un millon catrocentos mil euros na contratacion dun chamado seguro covid para os turistas que visiten a comunidade.
Tamén teremos tempo para irnos ata terras ourensans onde esta noite tremeu a terra co epicentro no concello de Laza onde os veciños levaron un bo susto o comprobar como se movían as súas casas. Non houbo que rexistrar danos persoais.
Lónxe de alí, en Ferrol, celebrase arestora o acto de entrega ós xornalistas Lorenzo Mila e Manuel Rico o acto de entrega do premio Jose Couso a libertada de prensa. E no tempo da entrevista hoxe estará connosco un dos máis grandes artistas da da danza, o bailarín arxentino, Julio Bocca
Esta semana inaugurouse na Coruña "Mar en Danza". Unha iniciativa para conmemorar o 30 aniversario do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación. Ó longo dos próximos meses virán á cidade herculina grandes estrelas desta disciplina. O primeiro foi o bailarín arxentino de ballet clásico Julio Bocca e con el conversou Alejandra López
Galicia comezará en xuño a vacinar as persoas de entre 40 e 49 anos. A chegada de máis de 700.000 doses de pfizer á comunidade permítelle á consellería de sanidade acelerar os plans previstos.
Que tal boas tardes... polo dagora medio millón de persoas ten en Galicia a pauta de vacinación completa, é máis do 20 por cento da poboación de 16 anos. Entre eles os mariñeiros de altura, hoxe recibiron doses de janssen os tripulantes de Burela e Celeiro.
Todo nun día que baixan tódolos indicadores da pandemia. é o contexto no que comeza a ponte festiva en GAlicia. De seguido ampliamos estas e outras novas.
- Rexeitan a obrigatoriedade de levar un dispositivo de xeolocalización e un rexistro electrónico de capturas
- Afecta a 4.300 embarcacións, mariscadoras e percebeiros
As máis de 4.300 embarcacions da frota artesanal galega e o marisqueo pararon hoxe a súa actividade para protestar contra o novo regulamento de control da pesca
Protesta nos portos galegos contra a obrigatoriedade de levar un dispositivo de xeolocalización e un rexistro electrónico de capturas
- Moeche réndelle homenaxe erixindo unha estatua na súa memoria á carón do castelo da localidade
- Soledad era a única en elaborar, con pedra de toba, os coñecidos como "xaboncillos" que marcaban chapas coas que construían os buques máis grandes do mundo
Dende principios deste mes, xunto ó castelo de Moeche, en Ferrolterra, podemos ver unha estatura erixida en homenaxe a unha das veciñas do concello, Soledad Campos. Ela foi, durante decadas, a única persoa que traballou a pedra para elaborar as pezas coas que se marcaba a chapa nos grandes estaleiros de Astano e Bazán. Os coñecidos como xaboncillos eran importantes na industria naval pois as marcas que se realizaban con eles permanecían no ferro ainda cando estaba incandescente. Ricardo Sandoval acheganos a figura desta muller, falecida no ano 1993, pero que os seus veciños ainda gardan no recordo.
A pesca de baixura paralizou de novo a súa actividade nos portos de toda Galicia en sinal de protesta polo regulamento de control da pesca da Unión Europea.
O PSdeG sinala unha tendencia extrema á privatización das residencias de maiores en Galicia. Acusan á Xunta de connivencia cun modelo escurantista con deficiente atención ós usuarios.
Adolfo Domínguez reduce á metade os afectados en Ourense polo ERE. Despedirá 60 persoas e outras 40 vanse prexubilar
A Policía da por desartellado o principal grupo adicado á venda de heroína do noroeste de España. Usaban a toxicómanos en semi escravitude como gardas
Presentada a iniciativa "Defende Meirás" Ten como obxectivo lograr que os bens do Pazo consigan a mesma protección que ten o inmoble para evitar que a familia Franco poida leva-los. Os seus promotores aseguran que está nas mans da Xunta conseguilo.
Padrón é o único concello da provincia en máximo risco no novo mapa de restricións anticovid que entra en vigor hoxe.
Todas as medidas, aprobadas pola Xunta, contan co aval do tribunal Superior de Xustiza.
Baixan os contaxios e os casos activos. Pero repuntan as hospitalizacións.
--- Morre por coronavirus unha muller de 85 anos. Estaba ingresada no Hospital da Coruña.
--- A frota artesanal volve parar hoxe para rexeitar o control da actividade pesqueira que propón a Unión Europea.
--- Os socialistas coruñeses denuncian que os proxectos que presenta a Xunta para optar aos fondos de recuperación xa estaban previstos polo que a Unión Europea non poderá darlles financiación
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Fátiima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Xa empezou a vacinación dos mariñeiros. En vigo e Burela. Primeiro a dos que traballan nos buques de gran altura. Unha demanda do sector, porque traballan durante moitos días xuntos en pequenos espazos. Con eles empregase o soro de Jansen que require unha soa picada.
Nun venres con cambios no mapa de restriccións, con só tres concellos no nivel máximo que, entre outras cousas, supón peche perimetral.
á marxe da Covid, hoxe protagonismo para os mariñeiros, neste caso os de baixura, que van protestar de novo contra o regulamento europeo sobre o control de capturas.
Espertamos con poucas nubes e máis frío. Hai que aproveitar este venres, porque na fin se semana, xa desde hoxe á noite, vai seguir chovendo
Este venres entran en vigor as últimas decisións tomadas polo comité clínico e tres concellos galegos- Cambados, Laza e Padrón - entran en nivel máximo de restricións co que non se poderá saír e entrar en ningún deles de non ser por motivos xustificados e a veciñanza terá que cumprir o toque de recollida.
Que tal, boas tardes... Todo mentres segue a vacinación. Galicia é unha das comunidades onde máis xente recibiu polo menos unha dose. Ás persoas de maior idade e aos sanitarios súmanse a partir de hoxe os mariñeiros de altura. A tripulación dun barco de Vigo foi xa vacinada con Janssen.
- É posible pola baixa incidencia da covid na Comunidade
- Os afeccionados poderán asistir tamén aos partidos de Obradoiro e Celta
O Lugo reparte entradas para o partido do sábado contra o Mirandés. Será o primeiro encontro profesional en Galicia con público. Os afeccionados poderán asistir tamén aos partidos de Obradoiro e Celta.
Volven a baixar os contaxios e hospitalizados. Hai 1 millón 28 mil galegos con polo menos unha dose. Persoas que deben manter a precaución porque poden transmitir a enfermidade sen sabelo.
Tampouco hai que baixar a garda no eido laboral. O concello de Cangas entra mañá en nivel alto despois de sumar ata 50 casos nunha semana. Un gromo estendido na conserveira Lago Paganini.
Galicia ten tres grandes zonas potenciais pra instalación de parques de enerxía eólica mariña. Son as da Mariña-Xove, Punta Langosteira e Val Miñor-Atios, segundo un estudo de ASIME.
Santiago celebra entre hoxe e o domingo as Festas da Ascensión. A medias, pero con actividades e concertos, sempre con aforos limitados.
Discrepancias entre a Xunta e a Delegación do Goberno sobre o procedemento para protexer os bens do Pazo de Meirás.
O goberno estima que a Xunta ten as competencias para ampliar os bens considerados de interese cultural.
Pero o conselleiro de cultura entende que ten que llo autorizar o executivo central.
A Xunta declarará a Casa Cornide Ben de Interese Cultural para evitar que a familia Franco poida enaxenala. Xa a ten a venda.
A Coruña celebra o centenario da morte da escritora Emilia Pardo Bazán. A Real Academia Galega organizou unha lectura de textos na que fora a súa casa e agora é a sede da institución.
O cuartel da Garda civil en Santiago será remodelado e ampliado. As obras comezarán en 2022.
Santiago está hoxe de festa. Celebra a Ascensión.
A Xunta ten luz verde do Tribunal Superior de Galicia para aplicar as restriccións vixentes para controlar a pandemia. Iso sí o aval é ata o día 21, entón haberá que revisar de novo as medidas. Ademais, o xuices piden para entón que se xustifique mellor a demanda e que se identifiquen as fontes que acreditan as necesarias limitacións.
Xa saben, esta medianoite baixan a tres os municipios con limite perimetral, Padrón, Cambados e Laza, e Vigo recupera o nivel máis baixo de restriccións.
Nun xoves festivo en Santiago.... celebra a ascensión... este ano recupera algunhas actividade, non hai barracas pero si concertos, pero ... iso si.. con paraugas