Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Esta medianoite reabren as fronteiras con Portugal, que levaban 3 meses pechadas, anque Galicia segue en peche perimetral e só poderán cruzalas os que teñan unha causa xustificada. Coma os traballadores transfronteirizos, que evitarán horas de esperas e desvíos

A melloría dos datos da pandemia no país veciño permite a reapertura das fronteiras con Portugal esta medianoite, pero sóó pra aqueles con causa xustificda, porque o perímetro de Galicia segue pechado.

Primeiro gromo nunha residencia de ancián en un mes. Hai 8 afectados, entre usuarios e traballadores, en Chantada, pero non teñen síntomas.

A oposición acusa ó presidente da Xunta de botar balóns fóra ó propoñer un pacto de estado para reactivar a comarca de Ferrol.

Endesa ubicará nas Pontes o centro de loxística e mantemento dos seus parques eólicos en toda España.

Ata o 5 de xullo non haberá polbo galego nas lonxas, despois dunha campaña nefasta na que as capturas se reduciron máis dun 50%.

Reabre o túnel de Folgoso, na A-52, en dirección a Ourense. Levaba tres meses pechado pra realizar obras de reparación tra-lo incendio dun camión.

O tempo. Na fin de semana vai continuar certa inestabilidade

A multinacional ALCOA acepta cambiar as cláusulas de venda da planta de San Cibrao que bloqueaban a negociación. Foi na de mesa sectorial reunida esta tarde.

Empeoran todos os indicadores da pandemia sanitaria en Galicia.

O Sergas investiga se os 5 tripulantes infectados de covid dun cargueiro atracado no porto de Vigo teñen a variante india.

Galicia destruíu 21.000 postos de traballo, e o paro aumentou en 16.000 persoas. Son datos da EPA correspondente o primeiro trimestre do ano

A avogacía do Estado recorrerá a decisón dun xulgado da Corulña que lle permite a familia Franco retirar os bens e mobles do interior do Pazo de Meirás

Novo gromo de coronavirus a bordo dun barco. Estanse a secuenciar as mostras dos 5 positivos dun cargueiro amarrado no porto de Vigo. Poderían ter a variante india. O partido socialista insiste á Xunta en que se vacine ós mariñeiros.

Galicia destruiu 21 mil postos de traballo entre xaneiro e marzo. A galega foi a comunidade con peores datos no primeiro trimestre. Os máis afectados, os traballadores temporais.

Reunión multilateral sobre a venda de Alcoa en Lugo, mentres os traballadores de Alu Ibérica, na Coruña, valoran que a Abogacía do Estado se persoe na causa que investiga a venda da fábrica.

A familia Franco ten un mes para a retirar os bens do pazo de Meirás. Un xulgado da Coruña require ó Estado para que permita o seu acceso ó inmoble.

A marea vermella fai de novo acto de aparicion nas rías galegas. Obriga a pechar o marisqueo a pé na ría de Pontevedra e case tódo-los polígonos de bateas

No tempo, destaca o descenso das temperaturas

Volven repuntar os contaxios diarios de coronavirus. Achéganse de novo aos 200, ó sumar 174 confirmados por PCR nunha soa xornada. Son 73 máis que no reconto anterior. A taxa de positividade sobe ata o 2,8. Os casos activos son agora 3.048, 26 máis. No lado positivo, baixa a presión hospitalaria.

Hai 207 pacientes con covid ingresados. Deles, 163 están en planta, 11 menos; e 44 na uci, 2 menos.

A cifra de falecidos está agora en 2.385, despois da última morte comunicada polo SERGAS. Unha muller de 97 anos