Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Seguen as vacinacións masivas cunha alta participación. Unhas 40.000 persoas maiores de 70 anos pasan hoxe polos centros das distintas áreas sanitarias. Segue tamén a subir a incidencia acumulada, que é de 90 casos por 100.000 habitantes. // A Audiencia da Coruña determina que os mobles e obxetos que hai no interior non deben quedar baixo o depósito do Estado. Acepta así o recurso da Familia Franco e determina que ten dereito a recibir unha indemnización. // Polémica pola intención da Xunta de adiantar a xuño os exames de recuperación que agora se fan en setembro na ESO, primeiro de bacherelato e FP. Apoiada polo profesorado, non convence aos pais dos alumnos. // Procedentes da comarca leonesa da Maragatería, asentáronse en distintas localidades galegas, nas que deixaron unha fonda pegada no comercio, durante xeracións. A historia das familias de comerciantes maragatos en Galicia e recuperada agora por unha asociación cultural. 20-04-2021

Día marcado pola inestabilidade, con chuvias intermitentes que pola tarde poderían vir acompañadas de treboadas e aparato eléctrico . As temperaturas baixan algo. Así é todo as máximas oscilan entre os 17 graos da Coruña e os 20 de Ourense. 20-04-2021

Seguen as vacinacións masivas cunha alta participación. Unhas 40.000 persoas maiores de 70 anos pasan hoxe polos centros das distintas áreas sanitarias. Segue tamén a subir a incidencia acumulada, que é de 90 casos por 100.000 habitantes. // A Audiencia da Coruña determina que os mobles e obxetos que hai no interior non deben quedar baixo o depósito do Estado. Acepta así o recurso da Familia Franco e determina que ten dereito a recibir unha indemnización. // Polémica pola intención da Xunta de adiantar a xuño os exames de recuperación que agora se fan en setembro na ESO, primeiro de bacherelato e FP. Apoiada polo profesorado, non convence aos pais dos alumnos. // Procedentes da comarca leonesa da Maragatería, asentáronse en distintas localidades galegas, nas que deixaron unha fonda pegada no comercio, durante xeracións. A historia das familias de comerciantes maragatos en Galicia e recuperada agora por unha asociación cultural. 20-04-2021

A Xunta non é partidaria de aplicar a maiores de 70 anos a separación das dúas doses da vacina. É unha proposta do goberno e varias autonomías que se debate hoxe na Comisión Nacional de Saúde. Tamén se reúne o comité clínico, con Vigo entre os concellos que xeran preocupación.

A Audiencia provincial da Coruña ordena devolver ós Franco o contido do Pazo de Meirás. E ordena ó Estado a indemnizar á familia Franco pola privación do uso e disfrute destes bens desde decembro.

Os afectados polo cobro de peaxes cadrando coas obras en Rande estudan recorrer a sentenza que absolve a Audasa.

A Xunta inclúe as estacións intermodais da Coruña, Ferrol e Lugo entre os proxectos financiables cos fondos europeos.

Hoxe martes volve a reunirse o comité clínico para avaliar a situación epidemiolóxica... pero máis aló de cambios nas restriccións por con concellos, non sea agardan modificacións substanciais no eido da provincia da Coruña...
 

--- A morte dunha muller na provincia nas últimas horas eleva a cifra de falecidos por mor da pandemia a 2.375.

 --- Crítica da oposición en Santiago ao alcalde, pola decisión de aprobar a cesión da parcela para o Imelga nas Fontiñas.

 ---  Naturgy prohíbelle a entrada ás instalacións na Coruña á alcaldesa da cidade e o presidente da deputación. Os traballadores mobilizanse pra evitar o peche da sede na cidade herculina

Hoxe volve a vacinación masiva ás áreas sanitarias de Galicia. 40 mil persoas serán inmunizadas este martes fronte ao virus. Mentres, Goberno e comunidades analizarán na Comisión de Saúde a conveniencia de acelerar a primeira dose a conta de atrasar a segunda.

Atentos ademais a unha nova reunión do comité clínico, agora con Vigo no punto de mira, ao achegarse ós 150 casos por cen mil habitantes.

O presidente da Xunta entrevístase esta mañá co delegado do Goberno, co conflito da lei galega de saúde sobre a mesa.

E recollemos hoxe tamén o malestar entre os afectados polas obras da AP-9 ante a anulación da sentenza que condenaba a Audasa a devolver as peaxes

Continúa o ascenso de hospitalizados e casos activos en Galicia. Preocupa especialmente o repunte de contaxios na área sanitaria de Vigo.

O socialista Rafael Rodríguez Villarino renuncia a liderar un posible relevo na alcaldía de Ourense, como pedía o PP, pra facilitar a presentación dunha moción de censura.

O comité de empresa de Alcoa e a Xunta apremian á multinacional e á Sepi pra pecha-la operación de venda. Asumen xa que o 30 de abril non estará pechado o acordo

A ministra, Teresa Ribera, convocou pra este mércores á mesa de traballo que abordará a situación da pasteira de ENCE e o seu futuro.

Na Coruña, a policía arrestou un home nun presunto caso de violencia de xénero. Feriu a tres persoas antes de pecharse nun piso onde ameazou con suicidarse. Finalmente a policía conseguiu que se entregase.

O tempo.... quedamos na influneica dun pequeno centro de baixas presións.

Arranca a semana cun novo mapa de restricións anticovid.
Aínda que a Pobra continúa sendo o único concello da provincia con nivel máximo de restriccións

Dous novos falecementos por covid 19 no Complexo Hospitalario da Coruña, elevan a cifra total de falecidos pola pandemia en Galicia ata as 2.373 persoas.

 --- Os artistas de rúa composteláns denuncian que a nova normativa endurece os requisitos pra que pintores, fotógrafos ou mimos traballen ó aire libre no casco histórico.

 --- O naval continúa reclamando máis carga de traballo.
O sector de Ferrolterra afronta diferentes movilizacións nas vindeiras semanas

Desde hoxe son catro os concellos con límite perimetral ó entrar o municipio ourensán de Cualedro nas máximas restriccións. Mañá volve reunirse o comité clínico pero non se agarda cambios significativos na desescalada máis aló de posibles cambios no mapa de concellos. tras permitir a apertura de restaurantes pra ceas esta pasada fin de semana, agora a Xunta prepara un plan piloto para reabrir o ocio nocturno, con vistas ó verán.
Este luns estamos pendentes dunha reunión do comité de empresa de Alcoa co conselleiro de Economía e da reunión do Bloque coa súa formación homóloga en Portugal.
No Deporte, destacamos o empate do celta en Cadiz e a victoria por un punto do Obradoiro contra o Gran Canaria