Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

20 mariñeiros infectados, un deles na UCI, e cinco pesqueiros galegos amarrados por novos gromos de coronavirus. O sector amosa o seu malestar pola falta de noticias da Xunta sobre a súa vacinación.

O BNG pide unha empresa pública da enerxía pra poñer freo á proliferación de parques eólicos en Galicia. Asegura que se están a espoliar os recursos naturais sen xerar emprego nin riqueza no territorio.

Asinado o convenio do metal da provincia de Pontevedra, pero mantéñense as protestas. A CIG convoca media xornada de folga, e insta a CCOO e UGT a dar marcha atrás.

O sector da limpeza da Coruña tamén convoca folga, dúas xornadas. Desta vez afectará óParlamento ou a Xunta, e se non hai acordo a protesta se estenderá as instalacións sanitarias.

A comarca do Carballiño vai ser o escenario da próxima película de Alfonso Zaruaza. "Melancolía" vai comezar a rodarse nos próximos días.

O tempo. Perdemos a influencia do anticiclón e irá mudando a situación conforme avance o día.

Paralizada a moción de censura no concello  de Ponteceso. A secretaria municipal rexeita a súa tramitación.
 Asegura que o documento suscrito  polo PP,Agrupación Pondaliana Independente e os 5 edís expulsados do PSOE,  incumpre a lei electoral.

 O alcalde, Lois García Carballido,  que goberna con 3 dos 13 concelleiros da corporación,  fai un chamamento a negociación para chegar a acordos

Este martes, compás de espera. Mirando xa ao final do estado de alarma, a Xunta di que haberá que agardar ao que se diga mañá no Consello Inter-territorial de Saúde. Logo o comité clínico decidirá, posiblemente o xoves. Pero xa se deixa entrever que pode haber novos pasos na desescalada a partir da vindeira semana.

E esperamos tamén polas chuvias, que se anuncian pra noite.

O que xa non ten que agardar é a vacinación das persoas de entre 66 e 69 anos, que xa está en marcha. Nos vindeiros días dispensaranse, en total, 245 mil vacinas.

Última semana baixo o estado de alarma, con estabilidade nos hospitais, sen falecidos, e con baixada nos casos activos.
386 mil persoas teñen xa a pauta vacinal completa. E esta semana poñeranse 245 mil máis.
 
En Vigo, traballadores do metal critican a CCOO e UGT por asinar o convenio provincial sen sometelo a votación en asemblea.

Ás tres da tarde os traballadores de Alcoa deciden se reanudan a folga indefinida, que suspenderan baixo o compromiso de que se pactara a venda da fábrica antes do 30 de abril.

Paralizada a moción de censura no concello coruñés de Ponteceso. A secretaria municipal rexeita a súa tramitación, porque está asinada polos 5 edís expulsados do PSOE, e incumpre a lei orgánica de réxime electoral.

O SUP denuncia que se perde unha cuarta parte das chamadas dos cidadáns desde que se atenden as de tres provincias desde A Coruña.

Arranca o maio solidario, que recolle fondos e comida pros Bancos de Alimentos, a través dos supermercados Gadis.

Este luns volve cambiar o mapa do coronavirus na nosa provincia.
Hai 13 concellos con restricións.
Pero ningún municipio está no nivel máximo de limitacións.
Hai, sí, tres en nivel alto.
Son Coristanco, Mesía e Ribeira.

O Sergas espera que a atención presencial nos centros de saúde da área sanitaria de Santiago suba esta semana do 50 ó 60 por cento

Hoxe arranca a campaña da sardiña. A cuota no caladoiro Cantábrico Noroeste é de 4.200 toneladas.

Deportes. O Deportivo xogará, a próxima temporada, na Primeira federación. O Racing depende de sí mesmo para acampañar os coruñeses.

Arrancamos semana cun novo mapa de restricións polo coronavirus. Tres concellos perimetrados: Vilanova de Arousa, Cualedro, e agora tamén, Laza.

De momento os contaxios e os casos activos volven tirar á baixa, e despois dun mes, tamén descende a incidencia a 7 días. Non acaba de baixar, porén, a presión hospitalaria.

Así comeza a semana. Por agora, con tempo anticiclónico.

La Xunta de Galicia ha confirmado que se ha detectado la variante india de coronavirus, conocida científicamente como linaje B.1.617, en tres de los cinco miembros de la tripulación de un barco con bandera de Singapur confinado desde hace unos días en el puerto de Vigo. Es la primera vez que se confirma en España un caso de esta variante. Coronavirus: última hora.

Foto: Imagen de la cubierta del barco Prometheus Leader, en cuarentena en el Puerto de Vigo. EFE/Salvador Sas

En las aguas de la ría de Noia ha surgido lo que Carlos, deportista y amante de la naturaleza, define como algo más que una amistad. Mientras navegaba en su kayak pudo interactuar y hasta tocar un delfín mular. Un ejemplar con el que ya se había topado hace unos meses. Se trata de un ejemplar de casi dos metros de largo, apodado Manoliño, que lleva mas de un año merodeando esa ría. El insistente acercamiento de este cetáceo, posiblemente rechazado por su manada, ha obligado a las autoridades a recordar en la zona que no se debe interactuar con el animal.

Foto: Getty Images