Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Bares abertos ata as once, restaurantes ata a unha da madrugada e adeus ao peche perimetral da comunidade e ao toque de queda. A volta á normalidade ábrese paso en Galicia a partir do domingo. Falta aínda o aval do Tribunal Superior da comunidade para algunhas das medidas.

Son as decisións, os anuncios, tra-lo comité clínico extraordinario. Coinciden no tempo con cambios no mapa de restricións. Dende hoxe, Cambados súmase ós concellos con peche perimetral. Nivel máximo ao que tamén se apunta, dende o domingo, Padrón

O Concello da Coruña móstrase a favor da construción de vivendas nos terreos do porto que deixarán de ter uso portuario a partir de 2.027. A alcaldesa afirma que na cidade hai máis de tres mil persoas que demandan unha vivenda pública.

 

- O alcalde de Santiago mediará coa concesionaria do transporte municipal pra que subrogue aos oito condutores da liña de bus ao aeroporto.

- Os traballadores de Navantia convocan novas movilizacións para a vindeira semana. Este mércores concentráronse ás portas da Subdelegación do Goberno.

- Os traballadores das empresas auxiliares de Endesa e camioneiros reúnense hoxe coa dirección da eléctrica paraa demandar carga de traballo.
- Deportes. O Obradoiro disputa hoxe un novo partido de Liga. Visita a pista do Barcelona

Pendentes hoxe do comité clínico. Reunión extraordinaria para decidir as medidas que rexerán unha vez que remate o estado de alarma.

De momento sabemos que seguramente se amplíen horarios e que esas novas medidas entrarán en vigor o sábado.

A evolución da pandemia mantense estable en Galicia. Estamos entre as autonomías con mellor comportamento epidemiolóxico

O Sergas realiza hoxe e mañá cribados con PCR nos mercados de Vigo, a área sanitaria galega máis castigada neste momento pola covid. Unha iniciativa pioneira en Galicia e que busca detectar novos asintomáticos.

Novo fito de vacinacións diarias, 43 mil nunha xornada. Cambados súmase dende o venres ós concellos con peche perimetral. As restricións nestes concellos  son unha das dúbidas do final do estado de alarma, que hoxe analiza o Consello Interterritorial.

Os traballadores das residencias de maiores privadas anuncian mobilizacións pra vindeira semana.

Galicia foi a comunidade na que máis baixou o paro en abril. Hai case dez mil persoas menos rexistadas nas oficinas públicas de emprego.

Os traballadores de Alcoa deciden en asemblea se retoman a folga. A ministra de Industria vaise dirixir á multinacional para que manteña o compromiso de vender.

O alcalde de Ourense, contra ó acordo para compartir os estudos de Intelixencia Artificial.

A alcaldesa da Coruña, a favor de construir vivendas nos terreos que se desafecten do porto.

O tempo. Quedamos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións.

Pasados máis de vinte anos, no concello de Fisterra, continúa sen ser utilizado o coñecido como cemiterio de Portela. Un camposanto asentado en plena natureza, que obtivo o recoñecemento internacional ó conseguir numerosos premios de arquitectura. Agora o concello mantén contactos con distintas administracións para "dar vida" a este cemiterio, nun proxecto enmarcado nun plan máis global para toda a zona.

Intervidas, xudicialmente, as plantas de Alú Ibérica na Coruña e Avilés.
A Audiencia Nacional trata así de evitar a descapitalización e salvagardar os dereitos de traballadores, acreedores e administracions.
Hai satisfacción entre os sindicatos da fábrica da Coruña.

Contaxiados de covid 12 mariñeiros que faenaban en barcos de Ribeira e Aguiño.

Volven as festas da ascensión a Santiago. Comezan o día 13.


Deportes. O Parrulo de Ferrol descende a segunda división do fútbol sala.

Noite de chuvias, e día que comeza coas incertezas propias da pandemia. De momento sabemos que dende o venres Cambados se sumará aos concellos con peche perimetral.

Hai máis dúbidas sobre o que pasará a partir do domingo, cando decaia o estado de alarma. A Xunta critica que haxa que recorrer ao Supremo para decidir sobre a xestión da pandemia. É a última proposta do Goberno. Hoxe hai Consello Interterritorial de Saúde.

E entre a economía e os tribunais, a intervención de Alu Ibérica. As factorías da Coruña e Avilés estarán tuteladas un mínimo de seis meses.