Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Bo día.

Van despexando as nubes e dando paso á calor. Hoxe saberemos se o comité clínico decide finalmente avanzar na apertura da hostalaría. Que pasará tamén cos tres concellos que agora mesmo teñen peche perimetral.

Temos ademais unha nova reunión entre o Goberno e as comunidades. Deberían tomar a decisión definitiva sobre a vacinación dos menores de 60 que teñen unha dose de AstraZéneca. A Comisión de Saúde optou por Pfizer para a segunda, en contra do criterio de autonomías como Galicia.
Tamén reunión sobre Educación de cara ó próximo curso.

Moitos asuntos sobre a mesa nesta mañá de mércores, así que entramos xa en materia...

Alcoa acepta negociar DIRECTAMENTE con seis empresas a venda da súa planta da Mariña. Son as que lle propuxo a SEPI. Os traballadores avaliarán mañá nunha asamblea extraordinaria este paso que dá a multinacional cando está a piques de se cumprir o primeiro ano do conflico laboral.

Que tal boas tardes, a esta hora estamos pendentes tamén da decisión que se tome sobre que vacina recibirán as persoas menores de 60 anos que recibiron xa unha primeira dose de Oxford-AstraZeneca.

Hoxe decídese na comisión nacional de saúde qué vacina recibirán os menores de 60 anos cunha dose de Astrazéneca. A Xunta defenderá que se aplique a mesma marca.

A oposición reclama un novo modelo de explotación da enerxía eólica. Din que o actual ten un alto custo ambiental a cambio de beneficios para uns poucos.

Chamado aos propietarios de terreos forestais próximos ás vivendas para que os teñan limpos antes do 31 de maio.

Exhumados os restos mortais de Déborah Fernández, a moza viguesa que apareceu morta hai dezanove anos. Procúranse pistas sobre a súa morte a un ano de que prescriba o caso.

Os museos celebran o seu día en plena reorganización das súas actividades, para facelas axeitadas na situación actual. Os interactivos son os que máis están a sofrer a situación.

Que tal boas tardes… Hoxe celebramos a lectura en galego e a escrita das autoras. Xela Arias é a quinta muller á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Recollemos as homenaxes e tamén a reivindicación DOS COLECTIVOS que reclaman un cambio na política lingüística en Galicia. 

Galicia homenaxea no Día das Letras a unha poetisa, traductora e editora que fuxiu de convencionalismos. É unha das creadoras da industrial editorial galega

 

Nesta xornada festiva, día das Letras Galegas, unhas 1500 persoas concentráronse na praza do Obradoiro para reivindicar o dereito a vivir no noso idioma sen limitacións.

Vigo centra as homenaxes á poeta e traductora Xela Arias. A Xunta e a Real Academia galega elixen a cidade onde se criou pra homenaxear á escritora. A súa rebeldía e vangardismo fanna pioneira nas nosas letras.

A incompatibilidade da RISGA co ingreso mínimo vital provoca problemas ós receptores galegos. O ingreso dos atrasos provoca a reclamación, por parte do goberno galego, de meses de RISGA xa percibidos.

Estabilidade na pandemia unha semana despois da fin do estado de alarma. Os datos de Galicia mantéñense en niveis de hai un mes

Científicos do Instituto español de oceanografía estudan as costas cantábricas. O buque Ángeles Alvariño descobre flora e fauna a 800 metros de profundidade baixo o mar, usando as máis avanzadas tecnoloxías.

No tempo, unha melloría notable

Este 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano á escritora Xela Arias (1962-2003). A súa obra é sinónimo de experimentación coa palabra, pero tamén dunha busca constante de camiños para levar a poesía máis alá dos libros. Por iso esta sarriana profundamente vencellada a Vigo, onde viviu dende moi nova, participou activamente ó longo da súa vida en recitais poéticos, e enriqueceu os seus versos con ilustracións, fotografías ou música. Unha reportaxe elaborada pola nosa compañeira Cruz Mato

É a unha e media tempo para repasar a actualidade de galicia co foco centrado esta mañá nun lugar tan fermoso como é o da Serra da Groba. Alí esta mañá se celebraba unha marcha para mostrar a oposición contra a instalacion de parques eólicos. Chama a atención que o manifesto final era leido polos seis alcaldes dos concellos afectados, alcaldes que son de todalas cores políticas.
 Tamén estaremos atentos os datos da pandemia, que mostra unha evolución favorable dende que se levantou o estado de alarma.
 No tempo da entrevista hoxe escoitaremos unha reportaxe que nos achegara á figura da escritora Xela Arias, a quen se adica este ano ó Día das Letras Galegas