Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Fátiima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Hoxe hai reunión do comité clínico sobre a pandemia. Podería decidir unha relaxación nos límites de reunión. Abórdanse tamén as condicións para o ocio ó aire libre, especialmente verbenas e concertos. Veremos tamén como queda o novo mapa de restricións por concellos, co foco agora en Mos e A Pobra do Caramiñal.
No tocante ás vacinas, os menores de 60 anos que teñan a primeira dose de AstraZéneca poderían recibir xa estes días a chamada para completar a pauta
STELLANTIS, a antiga PSA, retoma este sábado o traballo en dúas liñas de produción despois do último parón obrigado pola escaseza de semicondutores no mercado. Nesta fábrica traballan máis de 7.000 persoas pero a crise destes compoñentes acada as empresas auxiliares, onde hai uns 25.000 empregados afectados.
Que tal, boas tardes... a Xunta de Galicia multa con 2 millóns de euros a Endesa polos episodios de turbidez no río Eume en agosto do ano pasado.
- A maioría das paradas cardiorrespiratorias prodúcense fóra do ámbito sanitario, na casa ou na rúa
- Cada minuto que pasa sen manobras de soporte vital básico as probabilidades de supervivencia redúcense un 10%
A maioría das paradas cardiorrespiratorias prodúcense fóra do ámbito sanitario, polo que é prioritario saber as manobras de urxencia mentres chegan os servizos médicos.
FOTO: EUROPA PRESS
O Sergas prepara o proceso de vacinación dos 93 mil galegos menores de 50 anos que recibiron hai semanas a primeira dose de Astra Zéneca.
O comité clínico da Xunta analiza mañá a ampliación do número de persoas que se poden reunir tanto en interiores coma ó aire libre.
O PSdeG propón a contratación de 5 mil sanitarios no SERGAS. Denuncian a contratación abusiva e taxas de eventualidade por riba do 30 por cento.
A Xunta incoa o proceso para declarar a Casa Cornide, na Coruña, Ben de Interese Cultural. E da proteción integral de forma cautelar ó edificio e o seu contido.
A nova factura da luz vai supoñer, segundo o BNG, un aumento sgnificativo do gasto para sectores clave da economía galega.
O Plan de incendios forestais deste ano prevé a creación dunha unidade específica de investigación dos lumes.
A deputación da Coruña pon hoxe a disposioción de hosteleiros, axencias de viaxe e hoteleiros 9 millóns de euros en exudas para paliar a crise provocada polo coronavirus.
O goberno provincial pagará estas axudas nun prazo máximo de tres días e medio, logo da presentación da solicitude.
--- A Xunta incoa este luns o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural a Casa Cornide da Coruña, propiedade da familia Franco.
--- O concello de Santiago pon en marcha un dispositivo especial de tráfico na contorna na da nova estación de autobuses, en servizo desde o sábado.
--- Seguen as protestas veciñais contra os parques eólicos. Esta fin de semana, houbo manifestacións emn Ferrol, Laxe e Vimianzo
--- Deportes. Nova derrota do Deportivo feminino e segue en postos de descenso. O Obradoiro remata a liga Acb cunha derrota na pista do Burgos
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Fátiima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
A semana empeza aínda con con algúns chuvasos, pero a previsión é que o tempo gañe estabilidade co avance das horas.
Estable tamén, un día máis, a situación da pandemia en Galicia, cando se cumpren xa dúas semanas do final do estado de alarma. O comité clínico podería estudar agora un relaxamento nos límites das reunións entre non conviventes. A Xunta leva hoxe ante o Tribunal Superior as novas medidas que comezaron a aplicarse durante a fin de semana, e que sitúan a Lobios como o único concello galego con peche perimetral.
Ademais, esta semana o SERGAS podería comezar a chamar, para completar a pauta de vacinación, aos menores de 60 anos que teñen a primeira dose de AstraZéneca
Sorpresa dos veciños, a medianoite, no concello ourensán de Laza, onde se ubicou o epicentro do terremoto de 3´9 graos de magnitude na escala Ritcher. É o maior tremor de terra dos últimos 24 anos en Galicia, e foi perceptible en boa parte da comunidade. // O Tribunal Supremo confirma a sanción a xuíza Pilar de Lara que foi apartada durante sete meses do xulgado de Lugo que dirixía e ademais perdeu a súa praza.O alto tribunal rexeita o recurso da maxistrada que actualmente exerce en Ponferrada e obrígalle a pagar as costas. // A lider do BNG, Ana Pontón, reuniuse hoxe coa Comisión de Centros de Primaria no CHUS para denunciar que a calidade da atención primaria vai en detrimento, a pesar de que a xente nova está máis preparada para exercer. O dúo galego "Escuchando Elefantes" presenta esta tarde na Coruña, o seu novo disco. 21-05-2021
Dúas semanas despois da fin do Estado de Alarma, a pandemia segue baixo control en Galicia. Algo que permite ampliar a máis locais a apertura ata a unha da mañá, e levanta-lo peche perimetral dos tres concellos afectados ate o de agora. No lado negativo Lobios entra en nivel máximo.
A Xunta e o Goberno central buscan un acordo extraprocesual sobre a lei de saúde de Galicia.
Un xulgado de Ourense condena ao Servizo galego de Saúde pola contratación irregular dunha enfermeira.
A crise dos semiconductores paraliza a actividade de Stellantis ata novo aviso. Dende o luns comezará a aplicarse o previsto no ERTE.
Laza volveu tremer a pasada medianoite. Rexistrou o terremoto máis importante dos últimos 20 anos en Galicia.
En Ourense, mobilización esta tarde en defensa da Universidade Popular, para evitar que o alcalde, Gonzalo Pérez Jacome, desmantele esta institución formativa con 100 anos de historia.
- Primeira licenciada en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1919, xunto coa súa irmá xemelga Elisa
- Pioneira da xenética en España despois de investigar en centros de Alemaña, Austria e Italia
Foi a primeira licenciada en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1919 xunto coa súa irmá xemelga Elisa, e pioneira da xenética en España despois de investigar en centros de Alemaña, Austria e Italia.