Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A policía local desaloxou a cinco persoas encerradas no concello de Sanxenxo, que formaban parte do grupo que había tres meses iniciou un encerro na casa consistorial. Os afectados manteñen as súas protestas ás portas do concello. Tamén hoxe debate sobre as preferentes no Pleno do Parlamento galego.

No pleno comenzou a tramitación do proxecto de lei de estradas. Os deputados da cámara declaran os seus bens: contas por valor de 21 millons de euros e numerosas propiedades inmobiliarias. Suspendida a folga nos comercios de alimentación na provincia de Pontevedra, ó acadarse un preacordo, e as pensions galegas: subiron un tres e medio por cento en marzo. Ainda así, son as mais baixas de todo o Estado.

Seguen as protestas dos afectados polas participacions preferentes. Nos concellos pontevedreses de Salvaterra, As Neves e Gondomar obrigaron a suspender os plenos.

Os traballadores da Fábrica de Armas da Coruña pecháronse nas instalaciòns da factoría en demanda dunha solución política ao anuncio da multinacional propietaria de que a vai pechar a finais de abril . (25/03/13)

Seguen as protestas dos afectados polas participacions preferentes. Nos concellos pontevedreses de Salvaterra, As Neves e Gondomar obrigaron a suspender os plenos.

Os sindicatos agrarios pidenlles apoio a todos os grupos parlamentarios galegos para que a futura lei alimentaria inclua a prohibicion de vender leite por debaixo de custes. (25/03/13)

A Semana Santa empezóu con tempo moi desapacible en Galicia. Choiva persistente, nubes e vento.... Un tempo invernal que, ademais nos seguirán a acompañar o resto da semana. O único dato positivo é a temperatura, que segue subindo. (25/03/13)

Seguen as protestas dos afectados polas participacions preferentes. Nos concellos pontevedreses de Salvaterra, As Neves e Gondomar obrigaron a suspender os plenos, e en Vigo entregaron na sede central de NovaGalicia Banco, escritos, rexeitando calquera quita ou cambio por accións..//Os sindicatos agrarios pidenlles apoio a todos os grupos parlamentarios galegos para que a futura lei alimentaria inclua a prohibicion de comprar leite ós gandeiros por un prezo inferior ó que custa producilo.//Os traballadores da fabrica de armas da coruña están encerrados na factoria contra o peche ordenado pola empresa matriz General Dinamics, que afectará a todos os empregados da factoria, 170. (25/03/13)

Continúa a presión dos afectados polas participacions preferentes. Ata tres plenos municipais suspendéronse na provincia de Pontevedra: en Salvaterra, nas Neves e en Gondomar. Acordo entre todos os grupos políticos do Parlamento galego: queren que a lei da cadea alimentaria sirva para pagar ós gandeiros un prezo digno polo leite.

Folga no sector da alimentación na provincia de Pontevedra, con numerosos pequenos establecementos pechados. Mais de 120 toneladas amoreanse en Vilalba, ó cumprirse unha semana de folga no servizo de recollida do concello. A vila ourensá de Ribadavia recupera hoxe a tradición da Pascua Xudea.

O Consello de Ministros aprobou hoxe incrementar o Fondo de Garantía de depósitos para que poida aportarlles liquidez aos afectados por preferentes de entidades que non cotizan en bolsa coma Novagalicia Banco. Namentres, seguen as protestas dos afectados, en Baiona recibiron con apupos ao presidente da Xunta e as autoridades tiveron que sair protexidas polas forzas da orde. (22/03/13)

Milleiros de galegos están hoxe pendentes das medidas que anuncie o FROB sobre os posuidores de participacións preferentes. Agárdase que estableza a porcentaxe dos seus aforros que van perder, debido á quita anunciada para estes productos.

Unha quita, que podería ir do 10 ata máis do 50 por cento dependento de circunstancias coma o tipo de contrato ou o prazo.

A Conselleira de Facenda pide que Galicia non se vexa perxudidada, se finalmente se acepta un teito de déficit diferente para cada comunidade autónoma.

Galicia, con 114.759 doazóns de sangue mantense dentro das taxas recomendas pola Organización Mundial da Saude, ainda que no ultimo ano rexistrou un lixeiro retroceso do un por cento. O presidente da SEPI prevé recortes de persoal e salarios para os empregados de Navantia. (22/03/13)

Milleiros de galegos, están hoxe pendentes das medidas que anuncie o FROB sobre os posuidores de participacións preferentes. Agárdase que estableza a porcentaxe dos seus aforros que van perder, debido á quita anunciada para estes productos.

A Conselleira de Facenda pide que Galicia non se vexa perxudidada, se finalmente se acepta un teito de déficit diferente para cada comunidade autónoma. (22/03/13)

Mais de 43 mil afectados polas preferentes están pendentes en Galicia da decisión que tome o FROB sobre a quita que perderán dos seus aforros. Hoxe, houbo manifestación dos afectados en Vigo, onde cortaron o tráfico, e tamén en Baiona, onde estivo o presidente da Xunta.

Os traballadores de Navantia en Ferrol rexeitan o anuncio do presidente da SEPI quen fala de posibles reduccions de persoal ou rebaixas de salarios. A conselleira de Sanidade afirma que Galicia manterá, de momento, a vacina contra o neumococo, a pesar de quedar fora do calendario único acordado entre as comunidades autónomas e o ministerio de sanidade.

Núñez Feijóo marca diferencias cas comunidades que non cumplen co obxectivo de déficit e di que non permitirá discriminacións na reunión do Consello de Política Fiscal que se reune esta tarde. Di que, se a nosa comunidade non tivera controlado o gasto estaría intervida e sería coma Chipre. Os afectados polas participacións preferentes interrompen o pleno de Mos e protestan ante a que era a oficina de Unión Fenosa en Ourense xa que a emprese eléctrica tamén emitiu, no seu día, participacións deste tipo. (21/03/13)

A un día de que o Fondo de Reestructuración Bancaria dea a coñecer a quita que lles vai aplicar aos posuidores de participacións preferentes de entidades rescatadas con fondos públicos, arrecian as protestas dos afectados. Unha protesta dun grupo de afectados obrigou a suspender o pleno do concello pontevedrés de Mos.

Unha sentenza xudicial condena a Novagalicia banco a devolverlle a un matrimonio de emigrantes 72 mil eutros en preferentes ao apreciar a existencia de irregularidades na súa tramitación. Incide no perfil que deben ter as persoas que merquen este tipo de productos bancarios

A Xunta aprobou un plan de dinamización demográfica que prevé un investimento de 90 millóns de euros en axudas ás familias. Establece beneficios fiscais, en vivenda e en transporte e vai ser enviado de inmediato ao Parlamento. (21/03/13)

A protesta dun grupo de afectados polas participación preferentes obrigou a suspender o pleno do concello pontevedrés de Mos.//Unha sentenza xudicial condena a Novagalicia banco a devolverlle a un matrimonio de emigrantes 72 mil eutros en preferentes ao apreciar a existencia de irregularidades na súa tramitación. //A Xunta aprobou un plan de dinamización demográfica que prevé un investimento de 90 millóns de euros en axudas ás familias. (21/03/13)

Núñez Feijoo di que os afectados polas preferentes se desacreditan con actos violentos. No concello pontevedrés de Mos, outra protesta obrigou a suspender o pleno municipal. E un xulgado obriga a Nova Galicia Banco a devolver mais de 72.000 euros a un matrimonio de xubilados afectado por estas participacions.

Hoxe, movilizacions en Ferrol e Vigo de traballadores do Naval reclamando que se concreten os prometidos contratos coa petroleira mexicana Pemex.

Datos de Cáritas: en Galicia, hai mais de medio millón de persoas no umbral da pobreza.

Representantes da cervexeira Damm piden a convocatoria dunha reunión extraordinaria do Consello de Administraciòn de Pescanova // Na Audiencia Nacional producironse hoxe as primeiras declaracions no caso dos papeis de Bárcenas. Compareceu ante o xuiz Ruz o exdiputado vigués do PP, Carlos Mantilla. 20/03/13