Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Absoltos os cinco afectados polas preferentes de Vigo acusados de resistencia á autoridade e de lesionar a un policía durante unha protesta, hai case un ano, nunha oficina de Novagalicia Banco. A entidade retirou a denuncia e o policía que resultara agredido non presentou cargos // A Xunta di que a nova lei de Galeguidade, que hoxe empezou a debater o Parlamento, pretende facer máis fortes as entidades da emigración coma os centros galegos, e convertelos nunha rede de promoción económica no exterior. Os grupos da oposiciòn acusan ao proxecto de mercantilista e de limitar, din, os dereitos individuais // Destrozan o mobiliario, a decoración e mesmo instalacións sanitarias dunha casa de turismo rural próxima a Santiago. Fora alugada para o 18 aniversario dunha moza e a dona do establecemento valora os danos en 20 ou 30 mil euros. 09/04/13

Absoltos os cinco afectados polas preferentes de Vigo acusados de resistencia á autoridade e de lesionar a un policía durante unha protesta, hai case un ano, nunha oficina de Novagalicia Banco // A Xunta di que a nova lei de Galeguidade, que hoxe empezou a debater o Parlamento, pretende facer máis fortes as entidades da emigración coma os centros galegos, e convertelos nunha rede de promoción económica no exterior. 09/04/13

Os traballadores de Pescanova, preocupados polas noticias de falta de liquidez. O ministro de Economía Luis de Guindos considera que se trata dunha empresa competitiva. O presidente dos empresarios galegos, Antonio Fontenla, tamén amosou a súa preocupación polo futuro da compañía.

O pleno do Parlamento demanda ó goberno central que se aclare a morte do cámara José Couso, hai dez anos, durante a invasión estadounidense en Bagdad.

En Vigo, quedan absoltos os cinco afectados polas preferentes denunciados por Nova Galicia Banco tras ocupar unha sucursal.

A Xunta, o Poder Xudicial e a FEGAMP asinaron hoxe o convenio para que as distintas administracións se coordenen nos casos de desfiuzamento. Establece que os xuíces porán en coñecemento das autoridades municipáis e autonómicas os casos de persoas especialmente vulnerables que detecten // 50 radares fixos e varios móbiles vixían dende hoxe as estradas secundarias galegas dentro dunha campaña de control de velocidade que puxo en marcha tráfico. 08/04/13

Un camión bateu por alcance con outro, a madrugada pasada, na Autovía A-6 á altura de Begonte, en Lugo. O conductor do segundo camión tivo que ser excarcerado polos bombeiros e levado ao hospital // A Xunta, o Poder Xudicial e a FEGAMP asinaron hoxe o convenio para que as distintas administracións se coordenen nos casos de desfiuzamento. Establece que os xuíces porán en coñecemento das autoridades municipáis e autonómicas os casos de persoas especialmente vulnerables que detecten // A comarca da Limia dá por perdido o 60% da colleita de cereal de inverno, porque dende que comezou a sementeira, en novembro,ten chovido o mesmo que en todo un ano. Tanta auga asfixiou as plantas das zonas máis asulagadas, e agora atrasa a sementeira da pataca, da que esta comarca ourensá é a mais produtora de españa. 08/04/13

Un camión bateu por alcance con outro, a madrugada pasada, na Autovía A-6 á altura de Begonte, en Lugo. O conductor do segundo camión tivo que ser excarcerado polos bombeiros e levado ao hospital // A Xunta, o Poder Xudicial e a FEGAMP asinaron hoxe o convenio para que as distintas administracións se coordenen nos casos de desfiuzamento. 08/04/13

Do tempo o máis destacado hoxe é que soben algo as temperaturas e que pola tarde o vento pode soprar con forza no litoral atlántico. Comezamos unha semana máis sen rastro do anticiclón. 08/04/13

O presidente da Xunta di que "non hai caso nin sustancia" no caso das súas fotografías co narcotraficante Marcial Dorado. A oposición insiste en que esa relación é politicamente inadmisible. Reitera que o mércores se pedirá a dimisión de Feijóo no Parlamento.

O presidente da Xunta asina co Consello Xeral do Poder Xudicial un convenio pra facilitar unha vivenda ás persoas desafiuzadas en situación de especial vulnerabilidade.

O 80 por cento do cereal de inverno na Limia, en Ourense, botouse a perder polo exceso de chuvias.

Falamos con José Luis Rodríguez, delegado especial da Axencia Tributaria en Galicia. Abordamos asuntos como a actual campaña para a declaración da renda, a fraude fiscal, o narcotráfico...

Os empresarios galegos organizan un foro para buscar negocios en México. Consideran que este pais norteamericano de economía emerxente resulta estratéxico para atopar mercados // Gran ambiente para os partidos de Primeira desta fin de semana.A afección do Celta vai encher o domingo Balaídos, contra o Rayo. No Deportivo, as dúas últimas vitorias consecutivas catapultaron o animo de xogadores e afeccionados. 05/04/13

Os traballadores de Pescanova reciben hoxe información sobre a situación na que queda a compañía despois de que o Consello de Administración solicitara un concurso de acredores. Contratará un auditor forense para determinar por qué a débeda da compañía se disparou // Os empresarios galegos organizan un foro para buscar negocios en México. Consideran que este pais norteamericano de economía emerxente resulta estratéxico para atopar mercados // O pais azteca busca, á súa vez, en Galicia tecnoloxía e innovación. A cambio ofrece un mercado de máis de cen millóns de habitantes // O Deportivo disputa mañá en Riazor contra o Zaragoza a posibilidade de deixar de ser colista e quedar a un punto da permanencia en Primeira. Pola súa banda, o Celta xoga o domingo contra o Rayo Vallecano, o domingo, en Balaídos, en busca de fuxir dos postos perigosos da táboa. 05/04/13

Os traballadores de Pescanova reciben hoxe información sobre a situación na que queda a compañía despois de que o Consello de Administración solicitara un concurso de acredores //Os empresarios galegos organizan un foro para buscar negocios en México. Consideran que este pais norteamericano de economía emerxente resulta estratéxico para atopar mercados. 05/04/13

Pouca chuvias salvo no norte e temperaturas que hoxe deixaron xeadas nalgúns puntos. A cota de neve está nos 600 metros. Martín Barreiro ten a previsión para a fin de semana. 05/04/13

A dirección de Pescanova reuniráse coa representación dos traballadores despois de que a empresa decidise acollerse voluntariamente a un concurso de acreedores. A vontade de Pescanova é presentar unha proposta ós acreedores para garantir que cobren as débedas e tamén o futuro da multinacional galega, e os seus 10.500 empregos.

O grupo socialista pide a copia de todolos contratos do SERGAS nos anos en que o presidente da Xunta Núñez Feijoo era o secretario xeral de Sanidade, na etapa na que tamén mantiña unha amizade co narco Marcial Dorado. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xa respostou que se daría toda a documentación.

Novo detido na Operación Pokemon: o ex director de Aquagest Galicia, Henry Laíño, que negociou o contrato co concello de Santiago cando era alcalde Gerardo Conde Roa. Mais de 250 toneladas de lixo amoréanse en Vilalba, na folga do servizo de limpeza.

Pescanova reúne o seu Consello de Administración cando falta só un día para que a Pescanova se lle acabe o prazo que tén para entregarlle á Comisión Nacional do Mercado de Valores as súas contas de 2012 // Un pesqueiro, o SIEMPRE DIANA, naufragou esta mañá a unha milla do porto de Malpica. Os seus catro tripulantes foron rescatados en perfecto estado de saude por outra embarcación que faenaba na zona. 04/04/13