Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Presidente da Xunta di que actuou sempre dentro da lei e que non asinou ningún tipo de contrato con Marcial Dorado. Os grupos da oposición piden a súa demisión // Concentracions de repulsa pola morte dunha muller en Lugo, presuntamente a mans do seu home, o pasado venres. 01/04/13

Alberto Núñez Feijoo sinalou que nunca asinou contratos nin tivo ningunha relación económica con Marcial Dorado, co quen aparece nunhas fotos de mediados dos 90. A oposición insiste en pedir a súa demisión.

Concentracions en Lugo e Santiago contra a violencia de xénero en sinal de repulsa pola veciña de Lugo, a cidadá romanesa morta polo seu home. Os veciños do barrio da Milagrosa van recoller cartos para poder repatriar ó cadáver a Romanía.

Morren cinco persoas nas estradas galegas en marzo, unha mais que ó ano pasado. O escritor Xosé Luis Alonso Montero rexistra a súa candidatura a presidir a Real Academia Galega. É o segundo aspirante xunto ó filólogo Manuel González.

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ha explicado este lunes su relación con el narcotraficante Marcial Dorado después de que el domingo El País publicara varias fotos de ambos en los años 90. Feijóo ha insistido en que su relación no era estrecha y que en cualquier caso se rompió cuando supo que Dorado tenía causas pendientes. El presidente gallego ha afirmado que buscan amedrentarle con las fotos (01/04/2013)

Falamos co secretario xeral dos socialistas na provincia de Lugo e presidente da Deputación luguesa, Xosé Ramón Gómez Besteiro, sobre a súa aspiración a converterse no próximo secretario xeral do PSdeG.

O ex alcalde compostelán volve declarar ante a xuiza de Lugo Pilar de Lara, na segunda fase da operación Pokemon. Neste caso, a petición propia. Está imputado por prevaricación, tráfico de influencias e suborno.

Afectados polas participacions preferentes pasan a Semana Santa encerrados nos concellos de Gondomar, Tui, O Rosal, Moaña e Boiro. Tamén hoxe concentración ante o concello de Sanxenxo. En Vilalba, 200 toneladas de lixo amoréanse nas rúas ó cumprirse 12 días da folga no servizo de limpeza. Día grande das procesions de Ferrol e Viveiro, este Venres Santo. A chuvia deu unha tregua e puideron sair as mais famosas: as do Encontro.

Despois de que o conselleiro de Educación asegurase que a Xunta non recorrerá a sentenza que anula as axudas ós colexios que segregan ós alumnos por sexo, o sindicato STEGA sospeita que a consellaría só quere gañar tempo. No mesmo sentido pronúncianse os grupos da oposición. O PP dí que cumprirá as normativas legais.

O alcalde de Moaña e os concelleiros do grupo de goberno pasan a noite encerrados cos afectados polas preferentes no concello. Desplome da recadación polo IVE en Galicia: baixou un 24 por cento en relación ó mesmo período do ano pasado. Semana Santa en Galicia. Ferrol e Viveiro prepáranse para as procesions mais famosas en Galicia.

A Xunta non vai recorrer o fallo xudicial que anula os convenios cos 5 colexios que separan os alumnos en funcion do sexo. // Unha nova protesta dos afectados polas preferentes obrigou a suspender outra vez o Pleno do concello de Ponteareas. O equipo de goberno abandoou o edificio escoltado por forzas de seguridade. (27/03/13)

A predicción do tempo anuncia para estes próximos días festivos a continuación do ambiente chuvioso. Somente nos intervalos entre as sucesivas frontes notaremos alguna melloría. (27/03/13)

Unha Semana Santa pasada por auga.

É o que nos están a deixar estas choivas, dun mes de marzo que remata, igual que empezou. Unhas insistentes precipitacións que afectan á ocupación hoteleira. Para as próximas horas está anunciado un novo empeoramento, que se vai notar máis, mañá pola tarde//O presidente da Xunta defende a nova norma, de pagamento nos comedores escolares, en funcion da renda, que califica de SOCIALDEMÓCRATA. Dixoo Alberto Nuñez Feijoo en resposta ó socialista Pachi Vazquez, que amenazou con levar a norma ó Tribunal Constitucional.//A bonoloto deixa un premio de 3 millóns de euros en Melide. Segundo se conta na vila coruñesa, o agraciado é un peregrino de Córdoba que estaba facendo, o camiño de Santiago. (27/03/13)

Unha Semana Santa pasada por auga. É o que nos están a deixar estas choivas, dun mes de marzo que remata, igual que empezou. Unhas insistentes precipitacións que afectan á ocupación hoteleira. //O presidente da Xunta defende a nova norma, de pagamento nos comedores escolares, en funcion da renda, que califica de SOCIALDEMÓCRATA.//A bonoloto deixa un premio de 3 millóns de euros en Melide. Segundo se conta na vila coruñesa, o agraciado é un peregrino de Córdoba que estaba facendo, o camiño de Santiago. (27/03/13)

O presidente da Xunta defendeu ampliar o copago dos comedores escolares en función da renda. O líder dos socialistas ameaza con levar a medida ó Constitucional.

Tamén enfrontamento no pleno do Parlamento polas preferentes. O portavoz do grupo do BNG Francisco Jorquera instou a Feijoo a demitir mentres o presidente da Xunta culpou do problema ó goberno de Zapatero.

Mentres, seguen as protestas dos afectados.

Satisfacción entre os colectivos culturais pola decisión do Parlamento de instar á Xunta a que paralice definitivamente as obras pendentes da Cidade da Cultura. O escritor Xesús Alonso Montero anuncia a súa candidatura a presidir a Real Academia Galega. Sería a primeira vez que houbese dúas candidaturas, xunto á lista xa anunciada do filólogo Manuel González.

Un grupo de damnificados polas preferentes foron desaloxados pola policía local das dependencias municipais de Sanxenxo e, no Parlamento Galego, eses productos bancarios foron asunto de debate por mor das peticións dos grupos da oposición de incluír na orde do día unha comparecencia do Presidente da Xunta.// Os comercios de alimentación da provincia de Pontevedra abriron hoxe con normalidade ó desconvocarse a folga, que estaba prevista ata o sábado. //Seguen os actos da Semana Santa, pese ao tempo húmido. En Lugo a procesión da Virxe da Esperanza volveu congregar a milleiros de persoas nas rúas . //O presidente do Celta lamenta o pobre resultado das fichaxes do club nesta temporada, entre elas as de seis xogadores internacionais. Son responsables, en parte,di, da delicada situación na que se encontra o equipo. (26/03/13)

Un grupo de damnificados polas preferentes foron desaloxados pola policía local das dependencias municipais de Sanxenxo.// Os comercios de alimentación da provincia de Pontevedra abriron hoxe con normalidade ó desconvocarse a folga. //O presidente do Celta lamenta o pobre resultado das fichaxes do club nesta temporada, entre elas as de seis xogadores internacionais. (26/03/13)

A chuvia instalouse entre nos e parece que aqui vai quedar. Vai seguir chovendo esta tarde, ...con máis forza nas rias atlánticas. Para mañá, agárdanse máis chuvias ...na primeira metade do día. (26/03/13)