Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A agrupación de cooperativas Alimentos Lácteos parou o envasado de leite na súa factoría de Outeiro de Rei e anunciou un ERE de suspensión temporal de emprego que podería durar varios meses. // A caída do prezo das accións de Pescanova moderouse ao longo da sesión da bolsa de Madrid, logo de que tivera que paralizarse de novo a cotización por mor da avalancha de ordes de venda. O descenso situouse finalmente darredor do 25 por cento. // O TECHNOSPACE, o novo modelo de Citroen que se vai fabricar na planta de Vigo , presentado hoxe á prensa no Salón Internacional de Xenebra,. Nél destaca a reducción das emisións de CO2, que non superarán os 98 gramos por quilómetro, na versión máis eficiente. (05/03/13)

" Cando me decatei xa estaban mortos" dixo esta mañá, no xuízo, Javier Estrada, o home acusado de ter matado a dous nenos de 10 anos, fillos da súa compañeira, coa que vivía. // Pouco máis aclarou o autor confeso do crime, no inicio da vista oral que hoxe comezou. // A empresa de base cooperativa Alimentos Lácteos empezou a negociar unha regulación de emprego cos seus 81 traballadores. (05/03/13)

Pouca choiva de momento nos está a traer a borrasca que sen embargo sí fixo subir os termómetros. O vento sur fará que as máximas hoxe cheguen os 20 graos en Ourense. (05/03/13)

" Cando me decatei xa estaban mortos" dixo esta mañá, no xuízo, Javier Estrada, o home acusado de ter matado a dous nenos de 10 anos, fillos da súa compañeira, coa que vivía. Pouco máis aclarou o autor confeso do crime, no inicio da vista oral que hoxe comezou. A caída do prezo das accións de Pescanova moderouse ao longo da sesión da bolsa de Madrid, logo de que tivera que paralizarse de novo a cotización por mor da avalancha de ordes de venda. O descenso situouse finalmente darredor do 25 por cento. /A empresa de base cooperativa Alimentos Lácteos empezou a negociar unha regulación de emprego cos seus 81 traballadores. / Unha decisión que se coñece despois de que a factoría que tén na localidade lucense de Outeiro de Rei deixase de envasar leite dende o inicio da semana.Busca un plan de financiamento que lle permita a viabilidade, ante a falta de liquidez. / O Celta mereceu máis na súa visita a Sevilla onde se xogaba saír dos postos de descenso. (05/03/13)

O conselleiro de Industria está esperanzado en que os directivos de Pescanova poidan atopar unha saída á crise, e mesmo non descarta a colaboración do goberno galego.

Os traballadores de Navantia aproban un novo calendario de movilizacions e consideran que non vai servir para nada a proposta da dirección e da Sepi de presionar a Bruxelas para levantar o veto á construcción do dique flotante.

A dirección de Alimentos Lácteos, en preconcurso de acreedores. Ós traballadores aplicaráselles un ERE e xa non se recolle o leite. Comenza na Coruña o xuizo contra o autor confeso da morte de dous hirmans xemelgos de dez anos. O home, compañeiro sentimental da nai, enfróntase a unha petición de pena de 50 anos de cárcere. A nai tamén está acusada por maltrato e omisión de socorro.

O Ex-alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa entraba esta mañá no Xulgado de Lugo para prestar declaración diante da xuíza Pilar de Lara imputado en relación coa denominada "Operación Manga"

O estaleiro vigués Barreras vai comezar a construir o flotel para Pemex antes de que remate abril.

2.033 persoas máis están no paro en Galicia, logo de coñecérense os datos do mes de febreiro. (04/03/13)

Logo dunha fin de semana de ambiente primaveral, xa empezamos a notar o cambio de tempo. Ao longo do día irán entrando nubes que deixarán chuvias, sobre todo, no sur da comunidade. (04/03/13)

Barreras vai iniciar a construcción do flotel para Pemex antes do remate de abril.

O presidente do estaleiro vigués dixo que xa está concluído o proxecto técnico .

No mes de febreiro rexistrouse en Galicia un aumento do paro do cero coma sete por cento. Son dous mil novos desempregados .

Declarou no xulgado o ex alcalde popular de Santiago, Gerardo Conde Roa. Está imputado na Operación Manga que Investiga presuntas irregularides na concesión de servizos municipais. (04/03/13)

O Ex-alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa entraba esta mañá no Xulgado de Lugo para prestar declaración diante da xuíza Pilar de Lara imputado en relación coa denominada "Operación Manga" , relacionada con presuntas fraudes nas concesións e contratos municipais.

A citación de Conde Roa chega menos dun ano despois de que tivera que deixar a alcaldía de Santiago, procesado por un delicto de fraude fiscal

O estaleiro vigués Barreras vai comezar a construir o flotel para Pemex antes de que remate abril. O presidente da factoría confirmou que xa teñen rematado o proxecto técnico.

2.033 persoas máis están no paro en Galicia, logo de coñecérense os datos do mes de febreiro.

O desemprego aumentou, nese mes, na nosa comunidade, un 0.7%. Unha suba menor que a da media de España onde o aumento foi do 1.2%. (04/03/13)

Declara o ex alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, no marco da segunda fase da Operación Pokemon, que investiga as presuntas irregularidades na concesión de contratos públicos. Os tres grupos da oposición no Parlamento piden conxuntamente explicacions ó presidente da Xunta sobre o impacto da corrupción en Galicia.

Pescanova retrasa a súa volta a cotizar na bolsa debido á avalancha de ordes de venda das súas accions. Os empresarios galegos piden apoio prá compañía. O estaleiro vigués de Barreras comenzará a construir o barco de Pemex antes de que acabe abril. O paro sube en Galicia en dúas mil 33 persoas en febreiro. O total de parados chega ós 292.800.

Falamos con Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO en Galicia. Abordamos a aprobación dos novos orzamentos para 2013, a conflictividade social, o problema do paro, a corrupción...

Pescanova en preconcurso de acreedores. Na Bolsa de Madrid a súa cotización estivo suspendida toda a mañá. A multinacional galega ten problemas de liquidez para facer fronte ós seus pagos // E outra empresa galega con presencia multinacional, a cervexeira, Estrella Galicia acaba de inaugurar unha ampliaciós da súa fábrica do polígono da Grela da Coruña. (01/03/13)

A multinacional viguesa pescanova acaba de presentar a solicitude de preconcurso de acreedores. A medida anunciada pola empresa estivera precedida pola suspensión de cotización das súas accións na bolsa de Madrid // Estrella Galicia inaugura unha ampliacion da sua fábrica no poligono coruñes da Grela, que lle permitirá dobrar a sua produccion ata os 250 millons de litros de cervexa. Inviste 10 millons de euros // Novagalicia Banco ten unha lista con 131 oficinas que van desaparecer, delas 49 están en Galicia. Ourense é a provincia con máis peches anunciados 18 // 600 brigadistas fixos discontinuos incorpóranse dende hoxe ao servizo de prevención de incendios. Traballarán ata novembro e sumararanse aos 800 efectivos fixos. 01/03/13

A multinacional viguesa pescanova acaba de presentar a solicitude de preconcurso de acreedores. Estrella Galicia inaugura unha ampliacion da sua fábrica da Coruña que lle permitirá dobrar a sua produccion ata os 250 millons de litros de cervexa // 600 brigadistas fixos discontinuos incorpóranse dende hoxe ao servizo de prevención de incendios. 01/03/13

As intensas xeadas voveron a ser as protagonistas das horas nocturna. As baixas temperaturas e o ambiente anticiclónico mantiveron, un día máis as baixas temperaturas, que van ir subindo, tanto no interior coma na costa. 01/03/13

Pescanova presenta preconcurso de acreedores. Ten suspendida a cotización en bolsa. Oposición ó peche de sucursais de Novagalicia Banco no rural galego. O ano pasado cada día 30 mulleres perderon o seu emprego en Galicia, segundo a CIG.