Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Axentes da Policía Nacional tiveron que escoltar ó delegado do goberno e ó conselleiro de Infraestructuras que foron retidos en Vigo, por afectados polas preferentes, durante unha visita ás obras da depuradora. Conta atrás para que os militantes do Ps de G participen na elección do seu novo secretario xeral. O único que xa confirmou a súa candidatura, Xosé Ramón Gómez Besteiro, o secretario dos socialistas de Lugo, inicia hoxe a súa campaña de primarias. Reclama un proceso claro para que haxa trasparencia. Na audiencia de Lugo, comenzou o xuizo contra tres acusados dun delito ambiental por extraer sen permisos case 20 hectáreas de cuarcita dunha zona protexida na serra do Xistral. O fiscal píde penas de 5 anos para os donos da empresa e o xefe de obras.

Os traballadores de Pescanova concentráronse para ler un comunicado no que piden respecto e recoñecemento e o cesamento de campañas interesadas, din, que poñen en perigo o emprego // Alfredo Pérez Rubalcaba e Pachi Vázquez chegaron a un acordo para que o PSdeG -PSOE elixa o seu próximo Secretario Xeral nunhas" primarias consultivas" e o seu resultado deberá ser ratificado nun congreso. 19/03/13

Manuel Rodríguez e Carmen Martínez, dous veciños da aldea de Queis, no concello coruñés de Ordes viven co temor de ter que ingresar no cárcere por estar en incumprindo unha sentenza de alonxamento, por unha denuncia de malos tratos // A economia galega comportouse, no pasado 2012, mellor que a española, cunha caida de 2 decimas menos. Neste 2013 continuará en recesion pero mantendo ainda a diferenza positiva respecto á media según datos do BBVA dados a coñecer hoxe e que prevé que o crecemento comece a notarse no 2014 // Os principais bancos acredores de Pescanova entre os que se atopan NovaGalicia Banco e o Popular buscan a reestructuración da débeda da multinacional galega // Os administradores concursais din que a supervivencia do Deportivo pasa por cambiar radicalmente a súa xestión á que califican de completamente allea á realidade e às posibilidades económicas do clube. 19/03/13

El frente que tenía abierto el PSOE en Galicia empieza a cerrarse. Rubalcaba y el secretario general de los socialistas gallegos, Pachi Vázquez, han llegado a un acuerdo para que sean los militantes los que elijan a su líder. Los socialistas gallegos podrán elegir a su secretario general con el voto de todos los militantes. Ellos plantearon unas "primarias consultivas" pero Ferraz mostraba reticencias. El líder de los socialistas gallegos, Pachi Vázquez y Rubalcaba han llegado este martes a un acuerdo para que los militantes gallegos elijan a su nuevo líder a la americana, votando a los delegados según el candidato al que apoyen. Desde la dirección lo califican como un buen acuerdo.

Manuel Rodríguez e Carmen Martínez, dous veciños da aldea de Queis, no concello coruñés de Ordes viven co temor de ter que ingresar no cárcere por estar en incumprindo unha sentenza de alonxamento, por unha denuncia de malos tratos // A economia galega comportouse, no pasado 2012, mellor que a española, cunha caida de 2 decimas menos. Os principais bancos acredores de Pescanova entre os que se atopan NovaGalicia Banco e o Popular buscan a reestructuración da débeda da multinacional galega. 19/03/13

Ceos grises, moitas nubes pero apenas deixaron chuvias durante a mañá. Unha situación que mudará de cara a tarde sobre todo polo norte onde se agarda que os chubascos poidan ser xeralizados. 19/03/13

Alfredo Pérez Rubalcaba e Pachi Vázquez chegan a un acordo en Madrid para celebrar unhas primarias consultivas nas que se elixan ó novo secretario xeral dos socialistas galegos.

Reunión en Madrid dos principais bancos acreedores de Pescanova para estudar a renegociación da débeda.

A consellaría de Educación non prevé o copagamento do transporte escolar. A oposición no Parlamento critica o novo modelo de prezos públicos para os comedores. Folga de lixo en Vilalba, Lugo e tamén anuncian unha folga os traballadores do servizo de recollida de lixo de Vigo a partir do sábado de Semana Santa.

David Reboredo, o ex-toxicómano de Vigo, indultado parcialmente o venres, abandonou esta mañá o cárcere pontevedrés da Lama // As forzas de seguridade tentan localizar aos autores da sabotaxe a dez camións en Ribadeo, que provocou una vertedura de tres mil litros de combustible. 18/03/13

Xa saíu do cárcere. O ex toxicómano David Reboredo foi posto en liberdade en virtude do indulto parcial que lle concedeu o Consello de Ministros o pasado venres // Os técnicos de Medio Ambiente e máis da confraría de Ribadeo analizan os bancos marisqueiros de percebe e ourizo para comprobar se foron afectados pola vertedura de máis de tres mil litros de gasóleo causado pola sabotaxe sufrida por dez camións aparcados nas proximidades // O diálogo das forzas nacionalistas para configurar en Galicia unha alternativa política é un dos principais obxectivos do novo Portavoz Nacional do BNG, Xavier Vence // A cuarta parte dos talleres de Pontevedra son ilegais. É a estimación da asociación de talleres de coches da provincia que denuncia que proliferaron moito nos dous últimos anos. 18/03/13

Xa saíu do cárcere o ex toxicómano David Reboredo, en virtude do indulto parcial que lle concedeu o Consello de Ministros // Os técnicos de Medio Ambiente analizan os bancos marisqueiros de percebe e ourizo para comprobar se foron afectados pola vertedura de máis de tres mil litros de gasóleo // O novo Portavoz Nacional do BNG, Xavier Vence proponse dialogar sen condicións con outras forzas // A cuarta parte dos talleres de Pontevedra son ilegais. É a estimación da asociación de talleres de coches da provincia. 18/03/13

Nubes e claros neste comezo de semana no que sopra con forza o vento na costa norte e onde pode seguir nevando en zonas altas de Lugo e Ourense. A cota estará hoxe entre os 600 a 800 metros. 18/03/13

A nova executiva do BNG, liderada por Xabier Vence, comezará de inmediato a falar co resto das formacións nacionalistas. Carlos Aymerich presenta o escrito de renuncia ó seu escano no Parlamento. O ex toxicómano vigués, David Reboredo, abandona a prisión de A Lama. Análise do vertido de gasóleo en Ribadeo.

Falamos co director xeral de Novagalicia Banco. Entre outras cousas, Juan Díaz Arnau admite que nalgúns casos puideron non informar correctamente das preferentes.

El soberanismo como camino para salir de la crisis económica es la hoja de ruta del BNG, y este es el mensaje que ha trasladado su nuevo portavoz nacional, Xavier Vence, elegido por un 95,82% en una Asamblea Nacional en la que han resonado dos gritos: "Galiza ceibe, poder popular", "independencia".

Sendos mensajes, muy aplaudidos en el compostelano Palacio de Congresos, han sido comunes este domingo en los representantes de la mayoría de las delegaciones invitadas, entre las que se encontraban Amaiur, ERC y el PNV.

A débeda publica de Galicia é de 8.228 millóns de euros. O que supon o 14,6 por cento do Producto Interior Bruto. Segun datos do Banco de España // Xunta e Consello Xeral do Poder Xudicial ultiman a aplicación do convenio polo que os xuíces quedarán habilitados para paralizar provisionalmente os desafiuzamentos. 15/03/13

Os xogadores do Deportivo e do Celta xa están na Coruña, cada equipo concentrado no seu hotel. Un partido, que tén a tensión de poder supor a salvación para calquera dos dous, o Dépor derradeiro e o Celta penúltimo // Máis de 30 mil siareiros estarán nas bancadas de Riazor para presenciar encontro e desenlace // Xunta e Consello Xeral do Poder Xudicial ultiman a aplicación do convenio polo que os xuíces quedarán habilitados para paralizar provisionalmente os desafiuzamentos, co fin de que o Goberno autónomo poida ofrecer vivendas sociais aos afectados, en casos de especial vulnerabilidade. A Xunta vai estudar o fallo do Tribunal superior de xustiza de Galicia que invalida os concertos educativos cos 5 colexios que separan os alumnos por sexos antes de decidir se o recorren ou non // Os Paradores de Tui, Verín e Vilalba figuran entre os 11 de toda España que reabren hoxe, logo do periodo de peche por vacacións que se prolongaba dende o pasado 21 de xaneiro. 15/03/13

Os xogadores do Deportivo e do Celta xa están na Coruña, cada equipo concentrado no seu hotel. Faltan poucas horas para que en Riazor se despute un partido, que ademáis do derbi galego, tén a tensión de poder supor a salvación para calquera dos dous // Xunta e Consello Xeral do Poder Xudicial ultiman a aplicación do convenio polo que os xuíces quedarán habilitados para paralizar provisionalmente os desafiuzamentos, co fin de que o Goberno autónomo poida ofrecer vivendas sociais aos afectados, en casos de especial vulnerabilidade. 15/03/13