Pescanova só lles garante aos seus traballadores o cobro da nómina do mes de abril. A presentación do concurso de acredores deixa en mans da xustiza a xestión da multinacional // Falece a nena de 12 anos que ingresara o sabado no hospital xeral de vigo, todo parece indicar que afectada de meninxitis bacteriana // O Narcotraficante Marcial Dorado vai ser xulgado, de novo, na audiencia nacional. Está acusado dos delitos de blanqueo, violación de segredos e contra a facenda pública en relación cunha operación por tráfico de cocaina no ano 2003. 16/04/13
La dirección de Pescanova ha comunicado al comité de empresa que sólo garantiza las nóminas de abril. La compañía ha presentado hoy en el juzgado de Pontevedra el concurso de acreedores. La Comisión Nacional del Mercado de Valores ya está estudiando las cuentas de la compañía. Los bancos acreedores dicen que sólo negociarán si cambia el equipo gestor.
Preocupación entre os traballadores de Pescanova (uns 1.500 en Galicia e 10 mil en todo o mundo), ante os problemas da compañía, logo de que fixera efectiva a súa solicitude de concurso de acreedores. Din que só lles aseguran os soldos deste mes de abril // Unha nena de 12 anos está en morte cerebral por un posible caso de meninxite bacteriolóxica, hospitalizada no Xeral de Vigo. No colexio Belesar de Baiona, onde estuda, continua a actividade escolar con normalidade, despois de que se aplicaran as necesarias medidas preventivas // A petroleira mexicana Pemex quere entrar no accionariado dos estaleiros de Vigo, segundo lle manifestaron ao presidente da Xunta de viaxe en Mexico // O Celta encaixa un gol en Mallorca na derradeira xogada do partido,e agora é o último da clasificacion, posto no que releva aos mallorquins. 16/04/13
Preocupación entre os traballadores de Pescanova (uns 1.500 en Galicia e 10 mil en todo o mundo), ante os problemas da compañía, logo de que fixera efectiva a súa solicitude de concurso de acreedores // A petroleira mexicana Pemex quere entrar no accionariado dos estaleiros de Vigo, segundo lle manifestaron ao presidente da Xunta de viaxe en Mexico. 16/04/13
Segue o tempo solleiro e con temperaturas que soben sobre todo polo sureste. As máximas superarán os vinte graos na maior parte de Galicia e en Ourense chegaran os 25. 16/04/13
- Por delitos de blanqueo y contra la Hacienda Pública
- En relación a una operación de tráfico de cocaína ocurrida en 2003
O vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda considera que a xuntanza entre Núñez Feijoo e o presidente mexicano Enrique Peña Nieto supón ratificar os contratos para construir en Galicia os floteis de Pemex, adermais de novos contratos. Os sindicatos do Naval, sen embargo, entenden estes anuncios como unha cortina de fume. Preocupación tamén nos sindicatos de Pescanova pola situación da compañía, tras coñecerse que o presidente Fernández de Sousa vendeu a metade das súas accions tres meses antes do preconcurso de acreedores. Unha nena de doce anos de Baiona, en estado crítico, por unha meninxite bacteriana. Xunta e goberno central colaborarán para que o exame teórico do carné de conducir se poida facer en galego.
- Pescanova cree que cuenta con "fundamentos" para seguir adelante
- El presidente de Pescanova vendió casi la mitad de su participación
- La entidad anuncia a la CNMV que elige a KPMG como su auditor
Pescanova asegura que hoxe lle vai enviar a documentación económica do segundo semestre de 2012 á Comisión Nacional do mercado de valores // A Consellería do Medio Rural e do MAR espera do informe sobre a orixe do mexillón detectado en Francia, e ao que se lle atribuíron casos de intoxicación. 15/04/13
Pescanova asegura que hoxe lle vai enviar a documentación económica do segundo semestre de 2012 á Comisión Nacional do mercado de valores. As doce da noite remata o terceiro prazo que lle deu o organismo regulador, que mantén suspendida a cotización da compañía dende hai un mes // A Consellería do Medio Rural e do MAR Está á espera de que a Axencia Española de Seguridade Alimentaria informe sobre a orixe do mexillón detectado en Francia e ao que se lle atribuíron casos de intoxicación // Os ultimos estudos sobre violencia de xenero din que hai un alto indice de violencia nas parellas de adolescentes, e que tanto elas coma eles, asumen as agresions coma algo normal. 15/04/13
Pescanova asegura que hoxe lle vai enviar a documentación económica do segundo semestre de 2012 á Comisión Nacional do mercado de valores // A Consellería do Medio Rural e do MAR Está á espera de que a Axencia Española de Seguridade Alimentaria informe sobre a orixe do mexillón detectado en Francia e ao que se lle atribuíron casos de intoxicación. 15/04/13
Tempo de primavera. Tras o paso dunha pequena fronte esta pasada noite, chega o ambiente seco, ainda que quedan algunhas nubes. E o pronóstico indica que vai seguir así nos próximos días. 15/04/13
Os problemas de liquidez de Pescanova levan á compañía a prescindir do servizo de seguridade. Na planta de Chapela foron despedidos 17 traballadores de Secúritas. Hoxe conclúe o prazo dado pola Comisión Nacional do Mercado de Valores para que Pescanova presente as súas contas.
Operación Pokemon. Nova declaración no xulgado de Lugo do ex alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entrevístase esta tarde en México co presidente Enrique Peña Nieto.
Falamos con Yolanda Díaz, viceportavoz de AGE e coordinadora nacional de Esquerda Unida en Galicia. Abordamos asuntos como as fotografías do presidente da Xunta co narcotraficante Marcial Dorado, a comisión parlamentaria para previr a corrupción, a alianza con ANOVA, a próxima Asemblea Nacional de Esquerda Unida, as preferentes, os escraches, a viaxe de Feijóo a México ou a crise da monarquía.
Facemos un repaso pola actualidade parlamentaria da semana con Cruz Mato.
El juez que investiga la presunta contratación a dedo de un centenar de personas en la Diputación de Ourense ha acordado este vienes la apertura de juicio oral contra el expresidente provincial José Luis Baltar Pumar por un delito continuado de prevaricación, según han informado fuentes jurídicas a TVE.
- Las zonas afectadas de recogida en Galicia "han sido clausuradas"
- Produce diarreas, vómitos, dolores abdominales, de cabeza y fiebre
- Los mejillones españoles fueron retirados de la venta el 9 de abril
- El consjeo regulador dice que si hubo partidas, no fueron certificadas
O expresidente da Deputación de Ourense será finalmente xulgado por un presunto delicto de prevaricación continuada.Ordenouno o xuíz que investigou a Xosé Luis Baltar por contratar a principios do ano 2010 a 104 persoas sen sacar as prazas a concurso // Un xuiz de Vigo obriga a Novagalicia banco a devolver mil oitocentos euros traspasados dunha cartilla infantil a participacións preferentes cando a nena cumpriu dezaoito anos. 12/04/13
Seguen as protestas dos afectados polas participacións preferentes, un día despois de que o Congreso dos Deputados aprobara a quita do 43 % para os seus propietarios. Hoxe volveron a reclamar nas rúas a devolución íntegra dos seus cartos. Todo ás poucas horas de coñecerse unha sentenza que obriga a Novagalicia Banco a devolver os cartos que pasou dunha cartilla de aforro infantil a participacións preferentes cando a titular cumpriu a maioría de idade // Rematou a folga de recollida de lixo de Vilalba, logo de 25 dias sen servizo. Empresa e traballadores chegaron a un acordo polo que estes aceptan unha reducion salarial de 33 euros ao mes, fronte aos 190 que pedia a empresa Urbaser. 12/04/13
Seguen as protestas dos afectados polas participacións preferentes, un día despois de que o Congreso dos Deputados aprobara a quita do 43 % para os seus propietarios // Rematou a folga de recollida de lixo de Vilalba, logo de 25 dias sen servizo. Empresa e traballadores chegaron a un acordo. 12/04/13