Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou, o pasado mes de abril, en 728 persoas // A dirección do estaleiro Barreras confirma que Pemex vai construir nas instalacións vigueras máis barcos que o flotel que estaba encargado // O empate na casa co Atletico de Madrid devolve ao Deportivo a postos de descenso. O Celta salvou un punto no empate ante o Atletic de Bilbao. 06/05/13

Despois dunha fin de semana de Verán volven a rua paraguas e abrigos, Galicia volve cubrirse de nubes. Este cambio de tempo trae consigo temperaturas que descenderán de xeito moderado. 06/05/13

O número total de desempregados na comunidade sitúase en 290.450 en Galicia. Os sindicatos cualifican o descenso de dato insignificante e reclaman cambios nas políticas de emprego. A Xunta destaca o mellor comportamento da comunidade que ó do conxunto do Estado.

-Pemex entrará no capital social de Barreras este mesmo mes. A xunta de accionistas do estaleiro vigués aprobou a ampliación de capital de cinco millons de euros.

-Afectados polas preferentes encérranse no concello da Coruña. O alcalde expulsou a un grupo de afectados do salón de plenos. En Pontevedra, o concello cancelará as contas con Nova Galicia Banco se nun mes non devolve os aforros ós preferentistas.

Falamos con Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG, sobre as primarias no partido, as discrepancias no PSOE de Ourense, a operación Pokemon, o pacto polo emprego...

A compra da maioría do capital do estaleiro Barreras de Vigo por Pemex é recibida con entusiasmo polos traballadores e a industria auxiliar do naval. Aprecian a oportunidade que pode supor a renovación da flota da petroleira // O ERE da Deputación provincial de Ourense non se axusta a dereito. Así o entende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que estima parcialmente a demanda contra o Expediente de Regulación que supuxo o despido de 25 traballadores. 03/05/13

Grazas a tres grandes cruceiros, atracados no porto, A Coruña conta hoxe con sete mil habitantes máis dos habituais. É a cifra de viaxeiros que chegaron, de xeito case simultáneo, a primeira hora da mañá ao peirao coruñés, onde están a facer escala, procedentes de Lisboa, Porto e Cádiz // A adquisición anunciada da maioría do capital do estaleiro vigués barreras pola petroleira mexicana PEMEX é recibida con entusiasmo polos traballadores e a industria auxiliar do naval. Aumentan as exportacións de madeira e os seus derivados. O ano pasado subiron máis dun 2 por cento, respecto ás vendas ao exterior do 2011 e foron decesivas para manter o sector // A Xustiza condena a Deputación da Coruña a indemnizar con mais de 25 mil euros a unha nena vítima de acoso escolar. 03/05/13

Sete mil viaxeiros que chegaron hoxe á Coruña a bordo de tres grandes procedentes de Lisboa, Porto e Cádiz // A adquisición anunciada da maioría do capital do estaleiro vigués barreras pola petroleira mexicana PEMEX é recibida con entusiasmo polos traballadores e a industria auxiliar do naval // A Xustiza condena a Deputación da Coruña a indemnizar con mais de 25 mil euros a unha nena vítima de acoso escolar. 03/05/13

Os termómetros seguen a subir de cara a fin de semana na que nos vai acompañar o sol. As máximas superarán os 20 graos e incluso en Ourense poden chegar os 27. Martín Barreiro tén a previsión completa. 03/05/13

-Os axentes de Vixilancia Aduaneira levaron do concello de Lugo información de 25 ordenadores. Entreles, ó do edil Lino González Dopeso, que ocupara cargos en Medio Ambiente.

-O Tribunal Superior de Galicia declara non axustado a dereito o ERE da Deputación de Ourense. Os 25 traballadores despedidos non serán readmitidos pero terán que recibir unha maior indemnización.

-A petroleira Pemex ten a intención de construir en total cinco buques hotel en Galicia.

-Mais de sete mil turistas pasean hoxe polas rúas da Coruña. Chegaron a bordo de tres cruceiros que fan escala no porto coruñés.

A petroleira pública Pemex asinou co estaleiro Barreras unha carta de intencións para mercar o cincuenta e un por cento da firma viguesa onde vai construir un dos floteis que comprometera para Galicia // A Xunta envía ao Parlamento a nova lei de garantía e protección sanitaria que posibilita a libre elección de médico e de centro hospitalario e garante o dereito a unha segunda opinión nun prazo de 10 días // Declaran ante a fiscalía en Vigo os pais e o neno de 11 anos que leva máis dun mes na casa logo de ser agredido no colexio. Insisten en pedir o traslado de centro para o menor e tamen para o seu irman. 02/05/13

El fiscal de menores de Vigo quiere saber si un niño de 11 años no va al colegio por absentimo o porque sufre acoso escolar. De momento, una psicóloga de la Xunta de Galicia tendrá que examinar al menor. El pequeño lleva más de un mes sin ir a clase. Sus padres dicen que este año ha tenido que acudir tres veces a urgencias por lo golpes que le dan dos de sus compañeros. El colegio lo niega

A entrada de capital mexicano no estaleiro vigués de Barreras empeza a tomar corpo. A multinacional petroleira PEMEX asinou co maior privado galego unha carta de intencións para mercar o cincuenta e un por cento da constructora naval viguesa // Executivos da consultora Deloitte, designada polo xulgado para administrar Pescanova, traballan desde esta mañá nas oficinas centrais da compañía en Chapela // Declaran nun xulgado de Vigo os pais e o neno de 11 anos que leva máis dun mes na casa logo de ser agredido no colexio. Os pais apoiaron os seus testimonios con un informe psicolóxico do pequeno para defenderse da acusación de absentismo escolar inxustificado // A liga de futbol investiga se o partido Levante-Deportivo, que rematou con vitoria coruñesa por 0-4, estaba amañado. O capitan levantino Barkero acusou a compañeiros seus de aceptar cartos do rival por deixarse gañar, ainda que despois rectificaria e pediría disculpas. 02/05/13

A multinacional petroleira PEMEX asinou co maior privado galego unha carta de intencións para mercar o cincuenta e un por cento da constructora naval viguesa Barreras // Declaran nun xulgado de Vigo os pais e o neno de 11 anos que leva máis dun mes na casa logo de ser agredido no colexio // A liga de futbol investiga se o partido Levante-Deportivo, que rematou con vitoria coruñesa por 0-4, estaba amañado. 02/05/13

PEMEX e Barreras confirman o acordo e que hai unha carta de intencións pra que a petroleira mexicana entre no accionariado da factoría viguesa. PEMEX di que o seu obxetivo é transferir a medio prazo o coñecemento tecnolóxico de Barreras para construir buques especializados en México. O presidente da Xunta di que o acordo suporá beneficios tanto para o naval de Vigo como o de Ferrol, e mostrou o seu convencemento en que a petroleira manteña o seu compromiso en seguir adiante co proxecto de construir un flotel en Navantia.

Operacion Pokemon: a xuiza Pilar de Lara ordena rexistros no concello de Lugo, na policia local, no parque movil e no local do grupo socialista.

A policia local de Nigran impide a un grupo de afectados polas preferentes entrar no concello para asistir ao pleno. Os preferentistas denuncian que dous veciños resultaron contusionados.

Milleiros de persoas saíron á rúa en Galicia no Día do Traballo pra protestar contra o paro e os recortes. As principais sindicais volveron marchar por separado. UGT e CCOO celebraron a manifestación central na Coruña. A CIG, en Vigo.

Reaccións ante á posibilidade de que a petroleira mexicana Pemex entre de forma inminente no accionariado do estaleiro vigués de Barreras.

As protestas dos afectados polas preferentes volveron facerse presentes hoxe durante un acto institucional. Os alcaldes de Nigrán e Gondomar tiveron que sair escoltados por gardas civís e policías locais do Concello de Baiona // A siniestralidade nas estradas galegas diminui nun 43% nos últimos anos.Segundo os datos que ofreceu hoxe a Xunta o número de víctimas mortais pasou de 76, no 2008, a 43, o ano pasado. 30/04/13

A siniestralidade nas estradas galegas diminui nun 43% nos últimos anos.Segundo os datos que ofreceu hoxe a Xunta o número de víctimas mortais nestas vías de comunicación pasou de 76, no 2008, a 43, o ano pasado // Faise pública a sentenza sobre o accidente laboral que custou a vida, hai case oito anos, a 4 traballadores en Navantia-Ferrol . Tres dos acusados foron condenados a 9 meses de prisión por un delicto de homicidio por imprudencia grave. As familias das vítimas serán indemnizadas con case un millón e medio de euros // Novagalicia banco perdeu o ano pasado case 8.000 millons de euros, ao tempo que fixo saneamentos e provisions por valor de 8.200 millons de euros // O Deportivo logrou un punto valioso no campo do Betis, que aspira a competicions europeas. Os galegos adiantáronse no marcador cun gol espectacular de Riki, igualado despois polos andaluces. 30/04/13

O nordés segue a deixarnos fríos un día máis. Os termómetros semella que se resisten a subir e as máximas hoxe quedarán por baixo dos quince graos na maior parte de Galicia. 30/04/13