Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A próxima medianoite, entra en vigor o novo mapa de restricións antivovid.

Desde as cero horas de mañá, mesóns e taperías poden ampliar o seu horario ata a unha da madrugada. Como os restaurantes. Pero teñen que ter medidores de CO2.

Na provincia, non queda ningún concello co nivel máximo de restricións.

--- Mañá estrease a nova estación de autobuses de Santiago. Este venres é o DERRADEIRO día de aCTIVIDADE da vella plataforma en case 50 anos de historia.

--- Un Xulgado da Coruña suspende tódalas actuacións sobre pazo de Meirás ata que se aclare se os mobles forman parte das propiedades que a familia Franco debe devolver ó Estado.

---

--- Deportes. O Basquet Corulña inicia esta tarde a promción de ascenso a Liga ACB. As oito recibe ó Oviedo en Riazor.

A partir desta próxima medianoite poderemos cear en calquera local de hostalaría ata a unha da madrugada. O comité clínico decidiu igualar a hora de peche de mesóns e taperías co dos restaurantes. Iso si, deberán cumprir as mesmas condicións.

Novidades tamén no mapa de restricións por concellos. Dende este sábado só o municipio ourensán de Lobios terá peche perimetral.

Tamén na provincia de Ourense, por certo, en Laza, esta madrugada, un terremoto de 3,9 graos. O máis importante dos últimos 24 anos en Galicia. Mesmo puido sentirse noutras provincias.

Un de cada catro galegos está xa inmunizado contra a Covid, e a situación sanitaria segue a manterse estable. O Sergas recomendará completa-las pautas cunha segunda dose de Astrazéneca.

Comeza a preparación dun novo curso escolar no que a pandemia aínda non terá rematado. Os sindicatos temen que a redución de distancia entre pupitres supoña a fin dos profesores de reforzo.

A xustiza suspende tódalas actuacións relativas ó pazo de Meirás ata que se aclare se os mobles forman parte das propiedades que a familia Franco debe devolver ó Estado.

Por primeira vez unha muller vai dirixir o sindicato CC.OO. en Galicia. Amelia Pérez sustituirá a Ramón Sarmiento, que hoxe anunciou por sorpresa que retira a súa candidatura á reelección.

A Audiencia Nacional revisa hoxe se Aluibérica incumpriu, como din os traballadores, o acordo do expediente de regulación asinado en 2018.

No tempo, día de verán, pero pola noite volven a chuvias.

Navantia-Ferrol ENTREGA HOXE O BUQUE LOXÍSTICO construido para a Armada de Australia.

O estaleiro público queda sen carga de traballo ata o verán de 2022.

Os traballadores do naval da ría ferrolá reclaman novos contratos.

--- O Fiscal do caso Alvia solicita catro anos de prisión para o exdirector de seguridade na circulación do ADIF, Andrés Cortabitarte, polo descarrilamento do tren en Angrois.

--- A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, nega a eliminación de 700 prazas de aparcamento, como denuncia o Partido Popular.

--- Deportes. O Obradoiro perde co UCAM Murcia na prórroga. O Deportivo Abanca empata no campo do Atlético de Madrid e soña coa permanencia.

A reunión do comité clínico adiouse finalmente a este xoves. A falta de coñecer as posibles decisións sobre o mapa de restricións por concellos e a hostalaría, esta mañá amencemos xa con algunhas certezas.

Por exemplo, que haberá posibilidade de poñer a segunda dose de AstraZéneca para os menores de 60 anos, como quería Galicia, aínda que Pfizer segue sendo a opción que prefire o Ministerio.

O vindeiro curso, ademais, podería reducirse a distancia social nas aulas. A Xunta pide un fondo específico para aplicar as novas medidas nos centros educativos.

A intención é vacinar os escolares de entre 12 e 16 anos antes de setembro.

Nova protesta dos traballadores do naval da ría de Ferrol.

A partir das nove e media, empregados de Navantia e das empresas auxiliares percorrerán a pé 15 kilómetros. Algúns pola Autoestrada Ap 9.

Reclaman carga de traballo.

Dimite a concelleira de servizos sociais de Ribeira por unha festa ilegal que organizou o seu fillo e na que participaron uns 20 mozos.

O conselleiro de Cultura encarga informes a expertos e institucións que demostren a galeguidade das estatuas do Mestre Mateo e da biblioteca de Pardo Bazán que se atopan no Pazo de Meirás.

O concello de Santiago presenta hoxe en Fitur 26 cortos cos que pretende atraer turistas.