Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Na Coruña semella que os grupos municipais están preto de chegar a un novo acordo de axudas para facer fronte á pandemia por un importe de 6 millóns de euros. A oposición di que é pouco ambicioso, pero en calquera caso non chegarán aos petos dos beneficiados ata pasado o verán.


Os dous concelleiros socialistas que apoiarán a moción de censura do PP en Santa Comba acusan ao alcalde de incumprir o pacto que suscribira con eles.


A pandemia deixa un panorama desolador no social. Segundo Cáritas Santiago as persoas que precisaron atención aumentaron nun 40 por cento.


Dispáranse os ciberdelitos na área de Santiago ata aumentar nun 200 por cento. Son xa a metade dos delitos denunciados.


Deportes. O Básket Coruña avanza con paso firme cara a final de ascenso a ACB. Onte gañou en Granada por 67/77.
 

Van despexando as nubes, pero seguimos agardando pola calor. Onde si subiu a temperatura foi no Consello Interterritorial de onte á tarde. Polémica pola decisión do Goberno de unificar as condicións para a reapertura do ocio nocturno e a hostalaría durante o verán. Galicia acusa ó Ministerio de querer limitar a desescalada e avanza que analizará cos servizos xurídicos se as medidas son vinculantes.

Ademais da pandemia, hoxe tamén, das últimas horas, un brutal accidente de tráfico en Caldas, con tres vítimas mortais.

De seguida, tódolos detalles.

Galicia vota en contra do acordo do Consello Interterritorial de Sanidade que establece as medidas para afrontar a nova normalidade.


Este domingo comeza na área de Santiago a vacinación das persoas de entre 40 e 49 anos. Ante o avance da vacinación case o 90% dos maiores de 50 anos teñen xa unha dose posta. Galicia estudará relaxar as restricións.

O paro baixou no mes de maio un 3,2%, un pouco menos que a media nacional. Os sindicatos advirten de que os datos ocultan moito desánimo e precariedade

Nova xornada de folga en defensa do emprego no BBVA. Rexeitan un ERE que pecharía unha de cada 5 oficinas e despediría máis dun cento de persoas.

Unións Agrarias denuncia que as explotacións lácteas galegas están a atravesar a peor situación económica dos últimos anos. Cobran menos da media do estado, e aumentaron os custos de luz e penso

Aumentan un 43 por cento as persoas atendidas por Cáritas a causa da pandemia. As persoas sen documentos de residencia son as máis afectadas.

As confrarías da ría de Muros e Noia piden axuda á Xunta polos problemas que lles causa un arroaz. Dificulta a extracción de navalla na busca de contacto cos humanos.

Santa Comba vai cambiar de rexedor. O Partido Popular presentou unha moción de censura para desbancar ao alcalde de Compromiso por Galicia, David Barbeira, co apoio de dous concelleiros do PSOE. A nova alcaldesa será a cabeza de lista da populares, María José Pose.

A Pobra do Caramiñal é un dos dous concellos de Galicia que seguirán no nivel máximo de restricións. Ordes tamén estará no nivel alto.

Satisfacción no Concello de Santiago trala autorización do Consello de Ministros á construción do novo edificio de viaxeiros da estación ferroviaria. Unha infraestrutura estimada en case 28 millóns de euros.

Deportes. O Básket Coruña xoga esta tarde en Granada o primeiro partido das semifinais de ascenso a ACB.

Non foi suficiente, e a pesar da mellora, Mos e A Pobra do Caramiñal seguirán aínda, uns días máis, con peche perimetral. Sae do nivel máximo de restricións, iso si, Lobios, que pasa directamente a nivel medio. O novo mapa entrará en vigor a partir do sábado. En nivel alto quedarán só Ordes e Viveiro.

Hoxe vólvense reunir goberno e comunidades. Vacinas e ocio nocturno centrarán a xuntanza.

Mentres, seguimos esperando que volva o anticiclón.

Irlanda ten retido un pesqueiro galego porque sospeita que puido faenar en augas xurisdicionais do seu país. O barco, o Punta Candieira, ten base en Celeiro e 15 mariñeiros a bordo.


A esta hora estamos pendentes da reunión do comité clínico, que revisa a situación dos concellos galegos. Esta tarde o Ministerio e mailas comunidades acordaron administrar a vacina de Janssen tamén ás persoas de entre 40 e 49 anos.


Decontado ampliamos estas e outras novas.

O comité clínico revisa de novo hoxe a situación da pandemia en Galicia. Unha nova reunión que volve coincidir cunha caída da presión asistencial, con 16 pacientes menos ingresados por covid nos hospitais. Baixan tamén os casos activos, pero aumentan os contaxios diarios.
Aínda así, nesta xuntanza non se agardan grandes novidades.
A deputada socialista Clara Aguilera defenderá en Bruxelas que os pequeiros pequenos non teñan que estar xeolocalizados.
Alberto Núñez Feijóo aspira a seguir á fronte do PP galego.
confirma que presenta a candidatura no congreso que a formación vai celebrar os días 16 e 17 de xullo.

 Preventiva e política. Así cualifica a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a manifestación que o domingo percorreu as rúas da cidade en defensa do porto.
 A protesta foi organziada  pola Comisión en defensa do Común,

 O  pleno do concello de Santiago aproba, por unaninimidade, a declaración do parque biotecnolóxico promovido por Sionlla Biotech como proxecto de interese municipal.

 En Santiago, a rúa do Hórreo será un boulevard. O concello aproba hoxe a súa reforma.

 O xuizo polo descarrilamento do tren Alvia en Angrois en xullo de 2013 podería celebrarse no primeiro trimestre de 2022 na Cidade da Cultura.

Galicia afronta hoxe unha nova reunión do comité clínico cunha incidencia acumulada inferior ós 70 casos de coronavirus por cada cen mil habitantes. Unha cifra que abre o camiño de cara a novos alivios de restricións. Non se agardan para hoxe, pero si para dentro de poucas semanas. Reunións nocturnas entre non conviventes e relaxación no uso da máscara ao aire libre poderían ser agora os seguintes pasos.
 

Galicia administrará 230.000 vacinas esta semana... Hoxe pola tarde o procedemento acelerouse coa vacinación de xente de entre 50 e 59 anos con Janssen... a única que protexe dos efectos graves da COVID-19 cunha soa dose.


A semana que vén comeza a vacinación das persoas de entre 40 e 49 anos e neste contexto o presidente da Xunta reitera que "nunhas semanas" a máscara será innecesaria en espazos amplos ao aire libre.


Ampliamos de seguido estas e outras novas.

Empezaron a sair ao mar os primeiros barcos con toda a tripulación vacinada, algo que o sector levaba meses reclamando, polo risco de contaxio ao traballaren e convivir en espazos moi reducidos.