Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Diario Oficial de Galicia publica o terceiro plan de rescate para autónomos e pequenas empresas. Poderanse solicitar ata o 14 de xullo. Son sete mil millóns de euros para toda España, dos que a Galicia chegan 234 millóns. Os hostaleiros advirten da letra pequena, que impedirá que moitos accedan a esas axudas.

Industria e consumidores rexeitan os cambios na tarifa da luz. O BNG comeza a recoller sinaturas contra ela

Galicia triplicará a producción de enerxía solar. O goberno central destina á nosa comunidade máis de 53 millóns de euros en axudas á instalacións fotovoltáicas en industrias, empresas de servizos ou vivendas particulares.

O comité de empresa de Xeal, a antiga ferrotlántica, denuncia que o cambio de titularidade da fábrica foi unha operación fraudulenta

Educación e concellos asinan un acordo para que os cidadáns poidan usar as instalacións deportivas dos centros escolares.

O colectivo Rompente volve corenta anos despois, cos mesmos ánimos contraculturais e novo poemario

Siete de cada diez españoles consumen suplementos nutricionales de forma frecuente. La mayoría, sin una justificación de salud suficiente, sin resultados beneficiosos en muchas ocasiones y hasta con riesgo para la salud en otros casos. Son algunas de las principales conclusiones del informe Uso de suplementos nutricionales en la población española, que han presentado la Fundación Mapfre y la Academia Española de Nutrición y Dietética. Nos lo cuenta Óscar Picazo, experto en Nutrición y coordinador del informe.

Entrevistamos también a Catalina Fernández de Ana Portela, una doctora gallega que fundó en 1998 una compañía biotecnológica especializada en el cultivo de setas con propiedades medicinales (Hifas da Terra). Su gran labor de investigación ha recibido ya 13 galardones.

As Pontes volveu a mobilizarse para reclamar alternativas laborais o peche da central térmica. Centos de veciños, traballadores da termica e das compañías auxiliares protagonizaron unha marcha polas rúas do concello. Nuns intres ampliamos esta información, antes titulares deste venres 11 de xuño.
 
 Descende a presión hospitalaria por mor das cavid nas áreas de santiago e Ferrol pero aumenta lixeiramente na de Coruña.

 Un incendio nun edifico de oito pisos na Coruña obriga a trasladar ó hospital a tres persoas afectadas por inhalación de fume.

 As asociacións da memoria historia reclaman que se conte con elas á hora de decidir o futuro uso do Pazo de Meiras. Para o próximo mercores teñen convocada unha concentración no propio Pazo.

Concertos ou verbenas ó aire libre poderán reunir este verán ata 5 mil persoas de pé e 10 mil sentadas, segundo as novas normas presentadas pola Xunta. Ademais poderá habilitarse unha zona para servir comida e bebida.
Avances na desescalada para eventos en exteriores. Ademais, o Consello da Xunta estudou na súa reunión semanal unha nova normativa que o comité clínico abordará a vindeira semana.
Hai cambios que xa entran en vigor esta próxima medianoite: xa non haberá un límite máximo de persoas non conviventes que poden reunirse, agás na hostalaría. Outra novidade é que xa non haberá concellos nos máximos niveis de restriccións.
Sobre as vacinas, o SERGAS repesca estes días a 11.600 personas que non se inmunizaron, por distintas circunstancias, co seu grupo de idade.
Todo nun venres de novo de calor, aínda que no litoral da Coruña terá protagonismo o vento.
 

5.000 persoas de pé ou 10.000 sentadas nun concerto ao aire libre. Achégase esa realidade. A Xunta e o sector acordaron o protocolo para os espectáculos musicais nos exteriores. Os aforos dos espazos estarán limitados, estableceranse burbullas de espectadores pero será tamén posible comer e beber

O presidente da Xunta anuncia que desde hoxe van chamar a case 12 mil persoas que, por distintas circunstancias, non se vacinaron canda ó seu grupo de idade.

O lecer nocturno teme que a eliminación de límites pras reunións en fogares e na rúa poida dar pulo ós botellóns e festas en fogares, onde hai moitos menos controis que nos seus locais

35 persoas atendidas, 6 hospitalizadas, por unha posible intoxicación alimentaria en residencias de anciáns do Carballiño e Leiro.

En Pontevedra, protestas das traballadoras do Sanatorio Santa María polo peche do centro. O SERGAS retiroulle a autorización sanitaria.

As familias piden solucións a atención dos rapaces con discapacidade cando chegan á cidade adulta. Reclamar que poidan quedar nos Centros de Educación Especial ata os 30 anos

A partir deste sabado non haberá limitación de número para as reunións que se produzan no interior dos fogares ou na rúa. Limitacións que so continuarán en vigor, ainda que suavizadas, nos locais de hostalaria, quince persoas en terrazas e seis no interior dos locais. Nuns intres ampliamos esta información, antes titulares deste xoves dez de xullo.

 Os xardíns do pazo de meiras abriranse ó público a partir do próximo día 25. Será con reserva previa.

 Detectase un gromo de coronavirus nunha granxa de visóns en Carral. Afecta a cinco exemplares. Se o contaxio non remite serán sacrificados os 65 mil animais na granxa.

 Nos deportes destacar  a derrota do leyma coruña fronte o granada, co que non poderá loitar polo ascenso á ACB.

A melloría nos contaxios e nas hospitalizacións e o elevado número de inmunizados leva á Xunta a adiantar a este sábado varios cambios no mapa de restriccións e anunciar unha revisión maior a partir da vindeira semana.
De momento, desde pasado mañá, excepto na hostalería,  onde se amplía o número, xa non hai número límite para as reunións.
Este xoves, no que poderemos contemplar un mini eclipse solar entre as once e as doce, coñecemos tamén que o Pazo de Meirás vai ser de novo visitable.
Deportes. Cara e cruz. O Breogan estará na final polo ascenso á ACB o Basquet Coruña quedou eliminado.
Seguiremos con tempo de verán.

Galicia entra na "nova normalidade". Cunha incidencia acumulada de 48 casos por cada 100 MIL habitantes a 14 días, o comité clínico avanza na desescalada e elimina as restricións ás xuntanzas entre persoas non convivintes. Dende o sábado poderá reunirse canta xente o desexe e a calquera hora, agás na hostalaría

A esta hora o presidente da Xunta, Núñez Feijóo da conta dos acordos do comité clínico. Anuncia unha revisión completa das restricción debido a boa evolución da pandemia.

O comité clínico deixou case toda Galicia co nivel mínimo de restricións. A boa marcha dos datos sanitarios permite rebaixa-las limitacions nunha xornada na que a Interterritorial deberá analizar unha nova proposta do Ministerio de Sanidade. Desta vez serán recomendacións, e non obrigas para as comunidades.

As crises de 2008, e a máis recente provocada pola pandemia, acentuaron o paro da mocidade en Galicia en 20 puntos

O presidente Núñez Feijóo defende no Parlamento a xestión medioambiental da Xunta. A oposicion acúsao de estar ó servizo das eléctricas.

En Ourense, o alcalde someterase o luns a unha moción de confianza, vencellada á aprobación dunha modificación de crédito. Só conseguiu 4 votos pra unha modificación presupostaria por valor de 62 millóns de euros