As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Desde hoxe, ningún municipio da provincia está en risco extremo por coronavirus.
A Pobra do Caramiñal abandona o nivel máximo de restricións. O terceiro desde o inicio da pamdemia sanitaria.
Os seus veciños recuperan a mobilidade.
A área sanitaria de Santiago/Barbanza estrena a vacinación anticovid do grupo de idade de 40 a 49 anos.
Os portos da provincia poden recibir, desde hoxe, cruceiros internacionais. Estaba prohibido dede o 23 de xuño de 2020.
O aeroporto de Santiago recupera os vos internacionais. Este verán contará con 14 rutas.
Morre o profesor da Universidade de Santiago Luis Caramés.
A partir de hoxe esténdense a toda Galicia a vacinación do colectivo de entre 40 e 49 anos. Unha nova que coincide no tempo coa recuperación da libre mobilidade en toda a comunidade. Mos e A Pobra do Caramiñal despedíronse esta noite do peche perimetral.
Boas novas en relación coa pandemia, que este domingo nos deixaba ademais unha das cifras de contaxios máis baixas dos últimos once meses
Chega a hora da entrevista do domingo á Crónica de Galicia. Xosé Manuel García fala co presidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencias, que desenvolve a súa actividade profesional no hospital do Salnés e ademais é membro do comité de expertos que asesora á Xunta sobre a pandemia
Comeza arestora a vacinación dos menores de 50 anos en Galicia. E faino en Santiago. Mañá a inmunización deste grupo de idade estenderase a outras áreas sanitarias.
Mentres, a pandemia, continúa a tendencia descendente.
Hoxe soubemos tamén que o 14 de xuño o Papa recibirá no Vaticano ó presidente da Xunta e ó arcebispo de Santiago con motivo do Xacobeo.
Contra ás dúas menos vinte, a entrevista. Hoxe con Tato Vázquez Lima, presidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e membro do comité clínico que asesora á Xunta sobre a pandemia.
Directora artística y ed esccena de diferentes montajes teatrales como Voadora.
A Xunta non aplicará de momento as medidas do Goberno para a desescalada. Antes quere saber se son obrigatorias. Agárdase que a asesoría xurídica se pronuncie a vindeira semana.
A pandemia continúa, mentres, a súa evolución positiva, cos casos activos por baixo dos 2 mil por primeira vez en dez meses.
E estamos tamén en Santiago, nunha marcha para reclamar un novo modelo eólico para Galicia, apoiada por milleiros de persoas.
Contra ás dúas menos vinte, a entrevista. Hoxe, con Marta Pazos, directora da compañía de teatro Voadora.
O Ministerio de Sanidade vén de remitir ás comunidades autónomas a orde que obriga a cumprir os acordos do Consello Interterritorial de Sanidade que non comparte a Xunta. Galicia propón revisar este documento e que se avalíe cada quince días polas comunidades para ilo adaptando á situación sanitaria.
Que tal boas tardes... Audasa terá que investir 3,4 millóns de euros na AP-9 para cumprir os requerimentos de seguridade que lle fai o Ministerio de Transportes.
Decontado ampliamos estas e outras novas.
- A partir do domingo, na área de Santiago e durante a próxima semana no resto
- Máis do trinta por cento dos galegos xa ten a pauta completa
Os de 49 anos para abaixo comezan a ser citados para recibila. A partir do domingo, na área de Santiago e durante a próxima semana no resto.
A concesionaria da AP-9 vai ter que investir 3,4 millóns de euros.
Non por vontade propia, senón porque un informe do Ministerio de Fomento advirte de fallos na seguridade.
- O Bng reclama que se debata xa no Parlamento o dictame da comisión de reactivación.
Debería estar xa en xaneiro. Os nacionalistas rexistraron esta maña a súa proposta de conclusións con 170 medidas para incentivar a recuperación de Galicia.
- concentración de traballadores das prisións de Pontevedra e Ourense para reclamar máis persoal.
Prodúcense logo da última agresión sufrida esta semana por tres funcionarios do cárcere pontevedrés. Os sindicatos denuncian a falta de persoal na vixilancia dos internos
- A Ribeira Sacra terá que agardar un ano máis pra que a UNESCO considere a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.
O goberno galego e o central acordaron apraza-la candidatura pra reforza-lo documento, e asegurar que en 2022 é a proposta máis forte de España.
O Rei Filipe Sexto fará persoalmente a ofrenda ao Apóstol e non recorrerá, como noutros anos, a un delegado rexio. Anunciouno onte en Santiago onde participou no Primeiro Congreso Xacobeo.
---Convocada unha marcha cívica nos xardíns do Pazo de Meirás o día 19 para reivindicar o inmoble como patrimonio público.
---As praias da cidade da Coruña deberán estár sen xente a noite de San Xoán a partir da 21 horas.
--- O concello da Coruña aproba cun retraso de 33 anos o primeiro regulamento de uso do galego. O PP votou en contra
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez e Santiago Ameixeiras.
Galicia avanza cara unha fin de semana de sol e suba de temperaturas, mentres agarda saber que pasará coa hostalaría e co ocio nocturno no verán. De momento a Xunta asegura que seguirá adiante coa súa folla de ruta. E iso inclúe o estudo de novas medidas na desescalada a partir da semana que vén. Pero o Goberno insiste: os acordos do Consello Interterritorial están para cumprirse, e hai unha serie de limitacións.
Non esquecemos tampouco a traxedia de Caldas. Morreron tres mozos de entre 18 e 24 anos.
E xa quedou reflotado esta noite o Virxe dos Milagros, que encallara en Foz.
A Xunta continúa a folla de ruta trazada polo comité clínico para a desescalada en canto a asesoría xurídica non se pronuncie sobre o acordo do Consello Interterritorial de Sanidade. O texto fixa o peche do lecer nocturo ás 3 da madrugada e o dos bares á unha.
En Celeiro, a confraría mostra a súa decepción ante a decisión da xustiza irlandesa de acusar de pesca ilegal o patrón do Punta Candieira.
- O condutor do coche non tiña carné, non parou nun stop e fixo un xiro incorrecto
- Chocaron mortalmente contra un camión, que acabó envorcando
O conductor do turismo, de 19 anos, non tiña carné. Ao parecer, no pararon nun stop, fixeron un xiro incorrecto e chocaron mortalmente contra un camión.
A XUnta non comparte nin o fondo nin a forma das decisións do COnsello Interterritorial sobre o ocio nocturno. Podería abrir ata as tres da mañá, pero sen barra, nin pista de baile. O sector recíbeas dividido.
O Rei Felipe VI fará este ano persoalmente a ofrenda ó Apostolo o 25 de xullo.
O condutor do coche accidentado en Caldas non tiña carné de conducir, segundo a garda civil. Morreron tres mozos e outras dúas persoas resultaron feridas.
O sector pesqueiro critica que se presenten proxectos da eólica mariña, coma o de Iberdrola en Lugo, sen falar cos posibles afectados.
A CIG pide o relevo de José María Barreiro como director xeral da Funcion Pública. Fano responsable da alta temporalidade na administración autonómica.
A Coruña aproba, con 33 anos de retraso, unha normativa de uso do galego. O PP votou en contra.