Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, non vai ser candidato nas primarias para elexir ao novo titular do cargo. Unha decisión que acaba de facer pública tras varios meses sen despexar a incógnita que el mesmo abrira a raiz da notable perda de votos da formación nas eleccións autonómicas do pasado outono, cando dixera que lle ía devolver o protagonismo á militancia.

Hoxe remata o primeiro prazo para que se matriculen os 12 mil alumnos galegos que aspiran a praza nalgunha das 141 titulacións que ofrecen as nosas universidades.A máis demandada é medicina, para a que a nota requerida é de máis de doce puntos sobre un máximo posible de 14. Outras coma odontoloxía e fisioterapia requiren tamén máis de 11 puntos.

O Celta comeza hoxe unha concentración de nove días en Melgaço, na outra beira do Miño, para completar a integración no equipo das últimas fichaxes e aprender as novas tácticas coas que Luis Enrique quere reforzar o xogo ofensivo do conxunto celeste. Os futbolistas aseguran que é moi bo o ambiente no vestiario, e tamén agradecen a cercanía da afección. (19/07/13)

O secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, non vai ser candidato nas primarias para elexir ao novo titular do cargo.

Hoxe remata o primeiro prazo para que se matriculen os 12 mil alumnos galegos que aspiran a praza nalgunha das 141 titulacións que ofrecen as nosas universidades.

O Celta comeza hoxe unha concentración de nove días en Melgaço, na outra beira do Miño, para completar a integración no equipo das últimas fichaxes. (19/07/13)

Os estaleiros privados con actividade voltaron hoxe ao traballo con normalidade, logo de coñecida xa a decisiòn da Comisión Europea sobre a devoluciòn das axudas fiscais.Namentres Os sindicatos do sector instan ao Goberno a resolver este mesmo mes os requerimentos de Bruxelas sobre a devolución para que se poidan concretar con seguridade xurídica os contratos que están negociando os estaleiros.

Os servizos xurídicos do goberno español estudan xa a presentación dun recurso contra a resolución europea sobre o tax lease. Anunciouno o Ministro de Industria que tamén lle pediu á Uniòn Europea apoio para un sector vital para a nosa economía e defendeu que actuou sempre conforme ao principio de seguridade xurídica

Pesar na clase politica polo falecemento de Anxo Guerreiro, aos 67 anos de idade, logo de pasar uns ultimos anos enfermo. Geluco, como tamen se lle coñecia,é unha figura historica da politica galega. Como representante do partido comunista participou na comisión que redactou o Estatuto de Autonomía de Galicia e foi deputado no Parlamento galego en dúas lexislatura. (18/07/13)

A calor continua hoxe con temperaturas máximas que na coruña ou Vigo rondarán os 25 graos. Mentres no interior superarán os trinta graos coma en Lugo e Ourense onde poden acadar os 37graos. (18/07/13)

Os estaleiros privados con actividade voltaron hoxe ao traballo con normalidade, logo de coñecida xa a decisiòn da Comisión Europea sobre a devoluciòn das axudas fiscais.

Os servizos xurídicos do goberno español estudan xa a presentación dun recurso contra a resolución europea sobre o tax lease.

Pesar na clase politica polo falecemento de Anxo Guerreiro, aos 67 anos de idade. (18/07/13)

El Ayuntamiento de la localidad vizcaína de Sestao ha convocado este jueves a los trabajadores de los astilleros vizcaínos de La Naval en ese municipio y en el vecino Zamakona y a los ciudadanos de la región a concentrarse en la Plaza del Kasko, en Sestao, contra la decisión de la Comisión Europea que obliga a algunos inversores a devolver parte de las bonificaciones fiscales de las que se beneficiaron por financiar la construcción de buques en astilleros españoles. Mientras, en Galicia, la Xunta ha solicitado al Gobierno que recurra esa decisión.

A Comisión Europea esíxelle, finalmente a España a recuperación das axudas fiscais concedidas ao sector naval entre os anos 2007 e 2011 ao considerar que foron ilegais. E o acordo do Colexio de Comisarios, adoptado esta mañá e que daba a coñecer pouco antes do mediodía o comisario da Competencia, Joaquín Almunia // Os traballadores do sector naval temen que o acordo da Comisión faga perigar os seus empregos e que disuada a futuros clientes. A Xunta xa lle pediu ao Ministro de Industria que recorra a Estrasburgo e solicite a suspensión da devolución das axudas // Reuniuse dende primeira hora da mañá o Consello de Administración de Pescanova. É a primera vez que o fai despois de coñecerse o informe que revelaba práticas contables irregulares para ocultar a débeda da empresa que se aproxima os 3.300 millóns de euros. 17/07/13

A Comisión Europea esíxelle, finalmente a España a recuperación das axudas fiscais concedidas ao sector naval entre os anos 2007 e 2011 ao considerar que foron ilegais. E o acordo do Colexio de Comisarios, adoptado esta mañá e que daba a coñecer pouco antes do mediodía o comisario da Competencia, Joaquín Almunia // Os traballadores do sector naval temen que o acordo da Comisión faga perigar os seus empregos e que disuada a futuros clientes. A Xunta xa lle pediu ao Ministro de Industria que recorra a Estrasburgo e solicite a suspensión da devolución das axudas // Reuniuse dende primeira hora da mañá o Consello de Administración de Pescanova. É a primera vez que o fai despois de coñecerse o informe que revelaba práticas contables irregulares para ocultar a débeda da empresa que se aproxima os 3.300 millóns de euros. 17/07/13

A Comisión Europea esíxelle, finalmente a España a recuperación das axudas fiscais concedidas ao sector naval entre os anos 2007 e 2011 ao considerar que foron ilegais // Os traballadores do sector naval temen que o acordo da Comisión faga perigar os seus empregos e que disuada a futuros clientes // Reuniuse dende primeira hora da mañá o Consello de Administración de Pescanova. 17/07/13