O paro baixou en Galicia no pasado mes de xuño en case 10.500 persoas, o que supón un descenso dun 3,7%, un punto máis que na media española. Os datos son positivos porque é o cuarto mes consecutivo no que cae o desemprego, pero tamén teñen a súa lectura negativa porque segue a haber máis parados ca o ano pasado, 4.200 máis // Representantes dos naseiros que se opoñen aos plan da Xunta para a pesca do polbo volveron concentrarse esta mañá en Bueu. Protestaron contra eses plans e pola actuación da policía na manifestación de onte en Santiago onde houbo varios contusionados, entre eles, dous policías // O Banco de España quere vender de inmediato Novagalicia Banco. Unha venda que podería concretarse antes de que remate o ano. O FROB, que xestiona as entidades rescatadas coma a galega encargaralle a un banco especializado en investimentos o encauzamento da operación. 02/07/13
O paro baixou en Galicia no pasado mes de xuño en case 10.500 persoas, o que supón un descenso dun 3,7%, un punto máis que na media española // Representantes dos naseiros que se opoñen aos plan da Xunta para a pesca do polbo volveron concentrarse esta mañá en Bueu // O Banco de España quere vender de inmediato Novagalicia Banco. 02/07/13
Ceos máis despexados sobre todo polo sur nun día no que aínda seguirán bastante presentes as nubes ó norte onde incluso poderían deixar algunha chuvia feble. 02/07/13
A oposición de administracións e sector contra a devolución das axudas fiscais ao naval, escenifícase dentro dunha hora en Madrid. Alí o Ministro de Industria reúnese cos presidentes das comunidades afectadas // Incidentes e carga policial na manifestación deste mediodía, de representantes da flota do polbo que protestaban contra o novo plan deste cefalópodo, posto en marcha pola Consellería do mar // A Ministra de Fomento e o titular de economía de Portugal fixeron hoxe a viaxe inaugural do novo servizo de tren directo entre Vigo e Porto. 01/07/13
A oposición de administracións e sector contra a devolución das axudas fiscais ao naval, escenifícase dentro dunha hora en Madrid. Alí o Ministro de Industria reúnese cos presidentes das comunidades máis afectadas para evitar que a UE obrigue a España a devolver as axudas recibidas nos últimos anos para a construcción de buques // Incidentes e carga policial na manifestación deste mediodía, de representantes da flota do polbo que protestaban contra o novo plan deste cefalópodo, posto en marcha pola Consellería do mar. A Consellería xustifica as novas medidas coma un sistema para evitar a sobrepesca e facer máis rendible a actividade // A Ministra de Fomento e o titular de economía de Portugal fixeron hoxe a viaxe inaugural do novo servizo de tren directo entre Vigo e Porto. Sairá cada día dúas veces, pola mañá e pola tarde, das dúas cidades e fai o percorrido en pouco máis de dúas horas, unha menos do que viña levando ata agora. 01/07/13
A oposición de administracións e sector contra a devolución das axudas fiscais ao naval, escenifícase dentro dunha hora en Madrid // Incidentes e carga policial na manifestación deste mediodía, de representantes da flota do polbo // A Ministra de Fomento e o titular de economía de Portugal fixeron hoxe a viaxe inaugural do novo servizo de tren directo entre Vigo e Porto. 01/07/13
A previsión do tempo anuncia un lixeiro empeoramento que, asi e todo, virá acompañado por ambiente cálido. Un empeoramento que non durará moito e que dará paso, de novo a ceos despexados, despois da metade da semana. 01/07/13
Entrevista con Xosé Luis Armesto, reitor da Universidade da Coruña.
Programa especial adicado ó Parlamento de Galicia, e a súa actividade semanal.
Seguen as reacciòns ao anuncio do Comisario da competencia da Unión Europea, Joaquín Almunia de que o sector naval terá que devolver as axudas fiscais á construción de barcos.O presidente da Xunta busca un frente común coas comunidades de Asturias, Euskadi, tamén afectadas, para impedilo e o Secretario XEral dos Socialistas Galegos pide a demisión de Almunia, tamén socialista
As tendas da multinacional Darty, pechadas dende hai unhas semanas, volverán abrir ao publico. Os fundadores do establecemento San Luis , que hai 7 anos venderan a compañia a Darty, son os impulsores do novo proxecto empresarial. Volverán a abrir a mediados de agosto con 100 traballadores. (28/06/13)
O lider dos socialistas galegos píde a demisión do tamén socialista comisario da competencia da Unión Europea, Joaquín Almunia. Unha peticiòn que chega logo de que o Comisario anunciara onte que o sector naval terá que devolver as axudas fiscais á construcciòn de barcos, o coñecido coma Tax Lease.
Comeza hoxe a primeira gran operacion saida de trafico polas vacacions de verán. Nesta fin de semana prevese que haxa en Galicia algo menos de 600.000 desprazamentos en coche. Trafico pide que se extreme a precaucion nos traxectos curtos e nas estradas secundarias, porque é aí onde se producen o 80 por centro dos acidentes con mortes.
A Xunta entrega as medallas castelao, que recoñecen o labor de persoas e entidades a prol de Galicia. A coral de Ruada, fundada en Ourense hai 95 anos, a mais que centenaria Estrella Galicia e, Hilda Rodriguez, que conseguiu o primeiro ouro dun paralimpico galego, son tres dos galardoados. Outros son Ursula Heinze, nada en Alemaña pero que leva 30 anos escribindo e falando en galego, o grupo irlandes The Chieftains, que descubriron o gaiteiro Carlos Nuñez tamén galardoado. (28/06/13)
O lider dos socialistas galegos píde a demisión do tamén socialista comisario da competencia da Unión Europea, Joaquín Almunia
Comeza hoxe a primeira gran operacion saida de trafico polas vacacions de verán. Nesta fin de semana prevese que haxa en Galicia algo menos de 600.000 desprazamentos en coche.
A Xunta entrega as medallas castelao, que recoñecen o labor de persoas e entidades a prol de Galicia. (28/06/13)
Continúa o tempo anticiclónico e, para a fin de semana agárdase unha suba das temperaturas. (28/06/13)
- Pachi Vázquez dice que "no se puede defender Europa contra Galicia"
- La portavoz del PP gallego dice que llevará al paro a 14.000 empleados
- El Parlamento asturiano aprueba una declaración de apoyo a los astilleros
O anuncio feito hoxe en Madrid polo Comisario europeo da competencia , Joaquín Almunia é interpretado polo sector naval coma unha sentenza condenatoria. O Comisario explicou que armadores e inversores terán que devolver as axudas concedidas polo sistema do Tax Lease.
O Presidente da Xunta califica de " conversa de Café" o anuncio feito hoxe en Madrid polo Comisario da Competencia e agarda que esa non sexa a decisión que adopte a Comisión Europea.
Continúa a comisión do Parlamento que investiga a fusión das Caixas.Na sesión da mañá, dous socios da compañía KPMG que realizou o informe previo a esa fusión, negaron ter recibido indicacións por parte do goberno galego e aclararon que non estudiaron outras opcións distintas da fusión para a supervivencia das entidades. (27/06/13)
Bon tempo para as próximas horas nas que se achega a fin de semana, remata o mes e tén lugar a primeira "operación saída" de tráfico do verán. (27/06/13)
O anuncio feito hoxe en Madrid polo Comisario europeo da competencia , Joaquín Almunia é interpretado polo sector naval coma unha sentenza condenatoria. O Comisario explicou que armadores e inversores terán que devolver as axudas concedidas polo sistema do Tax Lease. Unhas bonificacions que ascenden a uns 2800 millons de euros. A patronal agoira que este anuncio suporá a morte do sector.
O Presidente da Xunta califica de " conversa de Café" o anuncio feito hoxe en Madrid polo Comisario da Competencia e agarda que esa non sexa a decisión que adopte a Comisión Europea. Díxoo na rolda de prensa posterior a un consello que lle deu o visto e prace ao proxecto da lei de Caza que establece o límite de idade para as licenzas nos 16 anos e permite batidas en zonas protexidas, se a fauna salvaxe causa danos
O Celta presenta a equipacion para a vindeira campaña en Primeira Division, con novo deseño e novo logo. A primeira seguirá sendo azul e a segunda, de cor negra. Fíxoo na rúa, ante catro xogadores que formarán parte do plantel que o clube ainda continua elaborando. (27/06/13)