Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O anuncio feito hoxe en Madrid polo Comisario europeo da competencia , Joaquín Almunia é interpretado polo sector naval coma unha sentenza condenatoria. O Comisario explicou que armadores e inversores terán que devolver as axudas concedidas polo sistema do Tax Lease. O Presidente da Xunta califica de " conversa de Café" o anuncio e agarda que esa non sexa a decisión que adopte a Comisión Europea. (27/06/13)

Debate no Parlamento a conta da Decisión sobre a devolución das axudas fiscais por parte dos estaleiros. O Presidente da Xunta reprochoulle ao lider do PSdeG que o comisario socialista Almunia, poida por en perigo o emprego no naval. Pachi Vázquez lembroulle que no colexio de comisarios hai tamén moitos membros do Partido Popular Europeo. Feijóo recomendoulle que se ocupase de Almunia e que el se encargaría dos comisarios "populares" // Controlado un incendio forestal que comenzou onte pola tarde no concello pontevedrés de Ponteareas que queimou 180 hectáreas e no que resultou ferido un traballador dos equipos de extinción // Cinco nenos sofriron queimaduras nos pés ao pisaren restos de fogueiras do san Xoán que quedaran debaixo da area da praia. Catro deles queimáronse na de Cabanas e o outro na localidade próxima de Redes, en Ares. 26/06/13

Debate no Parlamento a conta da Decisión sobre a devolución das axudas fiscais por parte dos estaleiros. O Presidente da Xunta reprochoulle ao lider do PSdeG que o comisario socialista Almunia, poida por en perigo o emprego no naval. Pachi Vázquez lembroulle que no colexio de comisarios hai tamén moitos membros do Partido Popular Europeo. Feijóo recomendoulle que se ocupase de Almunia e que el se encargaría dos comisarios "populares" // Controlado un incendio forestal que comenzou onte pola tarde no concello pontevedrés de Ponteareas que queimou 180 hectáreas. O accidente produciuse ó precipitarse por un barranco unha motobomba .O Conductor foi hospitalizado e está fora de perigo // Cinco nenos sofriron queimaduras nos pés ao pisaren restos de fogueiras do san Xoán que quedaran debaixo da area da praia. Catro deles queimáronse na de Cabanas e o outro na localidade próxima de Redes, en Ares. Un deles permanece ainda ingresado no hospital. As familias están pensando en presentar denuncias. 26/06/13

Debate no Parlamento a conta da Decisión sobre a devolución das axudas fiscais por parte dos estaleiros // Controlado un incendio forestal que comenzou onte pola tarde no concello pontevedrés de Ponteareas // Cinco nenos sofriron queimaduras nos pés ao pisaren restos de fogueiras do san Xoán que quedaran debaixo da area da praia. 26/06/13

O sector naval Galego está pendente decisión que tome o Colexio de Comisarios da Unión Europea sobre o tax lease, as axudas fiscais á construcción de buques // A factoría de Citroen en Vigo agarda aumentar máis dun corenta por cento a produción de monovolumes grazas ao novo C4 Picasso que fabrica en exclusiva e do que, dentro dunha hora a factóría vai explicar para os medios de comunicación o seu proceso de producción. Gracias a este aumento, o sector da automoción volve liderar as exportacións galegas. 25/06/13

O sector naval Galego está pendente decisión que tome o Colexio de Comisarios da Unión Europea sobre o tax lease, as axudas fiscais á construcción de buques. Unha decisión que podería coñecerse mañá e Fontes do sector din temer que o informe que presente nesa reunión o Comisario da Competencia, o español Joaquín Almunia propoña devolver a totalidade desas axudas. Suporía reembolsar case 3 mil millóns de euros o que poría ao sector, din empresarios e sindicatos, contra as cordas // Francisco Cacharro Pardo declara no xulgado acusado de presuntos delictos de prevaricacion e trafico de influencias na adxudicacion de proxectos de obras cando era presidente da deputacion de Lugo, hai 7 anos // O Parlamento elixe a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, nova senadora por designación autonómica en representacion do PSDEG. Deixará o concello en cumprimento da norma socialista de non acumulacion de cargos. 25/06/13

O sector naval Galego está pendente decisión que tome o Colexio de Comisarios da Unión Europea sobre o tax lease, as axudas fiscais á construcción de buques // Francisco Cacharro Pardo declara no xulgado acusado de presuntos delictos de prevaricacion e trafico de influencias na adxudicacion de proxectos de obras cando era presidente da deputacion de Lugo // O Parlamento elixe a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, nova senadora por designación autonómica en representacion do PSDEG- PSOE. 25/06/13

- Comeza no Parlamento o debate á totalidade da lei de garantías de prestacións sanitarias. A conselleira Rocío Mosquera oferta á oposición deixar fora do debate as listas de espera. A oposición denuncia un intento de desviar fondos para a sanidade privada.

- Os grupos da oposición din que a lei de estradas de Galicia deixa a porta aberta a cobrar polo uso das vías autonómicas, algo que o PP nega.

- O ex presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, declara como imputado na Operación Muralla.

- Máis protestas polas preferentes.

Disfrutamos, neste día festivo, da primeira xornada en moito tempo, de temperaturas non frías e de sol. Nas praias do sur de Galicia rexístrase, incluso a primeira aglomeración do verán. Nas do Norte, onde o ambiente é un pouco máis fresco. Hai quen se baña e tamén quen aproveita para pasear e distrutar da brisa // Comezou na Audiencia Nacional, o xuízo contra catro presuntos integrantes de Resistencia Galega.O fiscal pide para dous deles 20 anos de cárcere e para os outros dous 12 anos. Os catro negaron que pertenzan a esa organización e defenderon a vía democrática para a participación política. 24/06/13

As ganas de sol e de que, por fin chegue o verán, nótanse hoxe en toda Galicia. Aproveitando o día festivo a xente disfruta da primeira xornada en moito tempo, de temperaturas non frías e de sol. Nas praias do sur de Galicia rexístrase, incluso a primeira aglomeración do verán. Nas do Norte, onde o ambiente é un pouco máis fresco. Hai quen se baña e tamén quen aproveita para pasear e distrutar da brisa // Comezou na Audiencia Nacional, o xuízo contra catro presuntos integrantes de Resistencia Galega.O fiscal pide para dous deles 20 anos de cárcere e para os outros dous 12 anos.Os catro negaron que pertenzan a esa organización e defenderon a vía democrática para a participación política // Os xogos tradicionais tomaron esta fin de semana a cidade de Ourense. Houbo demostracions dos mais familiares en galicia, coma o da chave, e doutros paises europeos,alguns sorprendentes, como o do lanzamento de queixo parmesano. 24/06/13

As ganas de sol e de que, por fin chegue o verán, nótanse hoxe en toda Galicia. Aproveitando o día festivo a xente disfruta da primeira xornada en moito tempo, de temperaturas non frías e de sol // Comezou na Audiencia Nacional, o xuízo contra catro presuntos integrantes de Resistencia Galega. 24/06/13

O tempo tróuxonos hoxe unha boa noticia, brilla o sol en toda a comunidade e ainda vai seguir así nos próximos días nos que mesmo se agarda unha suba das temperaturas. 24/06/13

O exPresidente de Novacaixagalicia Julio Fernández Gayoso, dixo na comisión parlamentaria que investiga a fusión das caixas galegas que os problemas de solvencia se deberon aos constantes cambios normativos producidos a partir de 2010. A sesión da comisión estivo acompañada, dende fora da cámara, polas protestas dun grupo de Afectados polas preferentes. Reclamaron que desta investigación saian á luz as eivas na comercialización deses productos // Último día de clase hoxe para case 350 mil alumnos galegos de ensino infantil, primaria, ESO e os primeiros cursos do bacharelato. Empezan agora as vacacións de verán que durarán, en primaria ata o 11 de setembro e en secundaria, ata o 16 dese mesmo mes. 21/06/13