Rematou en Salvaterra a traxedia vivida no Río Miño. Alí, moi perto de onde onte caera á auga, os buzos recuperaban hoxe o cadaver do neno de 12 anos desaparecido onte á tarde // O paro baixou en Galicia no pasado mes de maio en 6.573 persoas, un descenso do 2,26 por cento // Dez persoas foron detidas en Galicia por provocar incendios forestais no que vai de ano. 04/06/13
Ambiente primaveral hoxe en toda Galicia. Esta tarde van aparecer algunhas nubes de evolucion nas zonas do interior. 04/06/13
-Baixa o paro en maio en Galicia. Un descenso do 2'26 por cento, superior á media estatal. Xunta e sindicatos coinciden en que se trata dun bó dato pero as centrais lembran en que o paro segue subindo e que agora hai 7.000 parados mais que hai un ano.
-Traxedia nunha familia marroquí en Salvaterra do Miño. Xa foi recuperado do río o corpo do neno de 12 anos desaparecido cando tentaba salvar ó seu hirmán, tamén falecido.
-O socialista Edmundo Maseda é o novo alcalde do Valadouro, tras prosperar a moción de censura que desbancou da alcaldía ó popular José Manuel Lamela, neste concello lugués.
-Comparece ante a xustiza o edil compostelán Juán de la Fuente, que se negou a declarar. Está imputado polo caso das facturas falsas. Foi sometido a unha proba caligráfica.
Segundo día de visita oficial do Presidente do Uruguay a Galicia.Veu para promover as relacións economicas e comerciais entre a nosa comunidade e o país latinoamericano // Renfe aumenta a súa oferta de trens diurnos en Galicia. Namentres, prevese que pechen as estacións que teñen moi poucos usuarios. 03/06/13
Segundo día de visita oficial do Presidente do Uruguay a Galicia.Veu para promover as relacións economicas e comerciais entre a nosa comunidade e o país latinoamericano // Renfe aumenta a súa oferta de trens diurnos en Galicia. Entre o aumento figura un novo tren diurno entre Ferrol e Madrid. 03/06/13
Segundo día de visita oficial do Presidente do Uruguay a Galicia.Veu para promover as relacións economicas e comerciais entre a nosa comunidade e o país latinoamericano. O mandatario uruguaio, José Mujica, e mais o titular da Xunta Alberto Núñez Feijóo asinaron un acordo para favorecer e fomentar negocios entre os dous lados do Atlántico // Renfe aumenta a súa oferta de trens diurnos en Galicia. Entre o aumento figura un novo tren diurno entre Ferrol e Madrid. Ademáis a empresa ferroviaria engade outro matinal en ambos sentidos dende a Coruña e Vigo a Madrid. Namentres, prevese que pechen as estacións que teñen moi poucos usuarios // O Conselleiro de Economía, Francisco Conde Pídelle ao Comisario da Competencia da Unión Europea, o español Joaquín Almunia, que se axilice a solución do Tax Lease, as axudas fiscais aos estaleiros, e das que están pendentes por se as teñen que devolver ou non. 03/06/13
-Desaloxados ós preferentistas que levaban seis meses encerrados no concello do Rosal. O alcalde mantén o apoio ás súas reivindicacions pero tamén di que a situación era insostible.
-Continúa a visita institucional do presidente do Uruguay a Galicia. José Mujica inaugurou a praza de Uruguay en Santiago e visitou as obras do Porto Exterior da Coruña.
-No mes de maio morreron 5 persoas en accidentes de tráfico fronte ás doce víctimas do mesmo período do ano pasado.
Comezamos semana como a rematamos con sol e poucas nubes. Hoxe ademais as temperaturas han seguir subindo. 03/06/13
Entrevista dos domingos en Radio Nacional de España en Galicia ó conselleiro de Industria da Xunta, Francisco Conde.
Son 21 os detidos na operación contra o tráfico de cocaína levada a cabo nas últimas horas e que aínda está en marcha. 16 das detencións practicáronse en Galicia en distintas localidades da costa de Pontevedra e tamén en Ourense // Combater a evasión fiscal e redistribuir a carga tributaria son as propostas que defende a UGT no congreso que se iniciou hoxe para elexir o seu secretario xeral en Galicia // Ambiente de finais entre as afeccións de Dépor e Celta. Mañá sábado a ledicia da permanencia e o drama do descenso daranse cita a partes iguais en Riazor e Balaídos. 31/05/13
Tres toneladas de cocaína interceptaron los GEO hace dos días en un pesquero que navegaba entre Venezuela y las Azores con destino a Galicia. Detuvieron a los cinco tripulantes y empezaron a registrar casas de varias localidades de las Rías Bajas, donde han arrestado a otras 16 personas. Hoy han empezado a prestar declaración en Vigo.
Son 21 os detidos na operación contra o tráfico de cocaína levada a cabo nas últimas horas e que aínda está en marcha. 16 das detencións practicáronse en Galicia en distintas localidades da costa de Pontevedra e tamén en Ourense. Iniciouse tras interceptar no Atlántico, á altura de Cabo Verde, a un pesqueiro que traía 3.400 quilos de cocaína // Combater a evasión fiscal e redistribuir a carga tributaria son as propostas que defende a UGT no congreso que se iniciou hoxe para elexir o seu secretario xeral en Galicia. Un congreso que contou con invitados como o presidente da Xunta // Ambiente de finais entre as afeccións de Dépor e Celta. Mañá sábado a ledicia da permanencia e o drama do descenso daranse cita a partes iguais en Riazor e Balaídos. 31/05/13
Son 21 os detidos na operación contra o tráfico de cocaína levada a cabo nas últimas horas e que aínda está en marcha // Combater a evasión fiscal e redistribuir a carga tributaria son as propostas que defende a Uxt no congreso que se iniciou hoxe para elexir o seu secretario xeral en Galicia. 31/05/13
Un tímido anticiclón vai ir deixando pouco a pouco os ceos despexados. As temperaturas de momento apenas varían pero irán subindo sobre todo de cara o domingo. 31/05/13
A Xunta vai poñer a disposición de Pescanova catro millóns de euros.Anunciouno o Presidente do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo quen explicou que se trata dun préstamo // A Xunta vai poñer a disposición de Pescanova catro millóns de euros. Anunciouno o Presidente do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo quen explicou que se trata dun préstamo // A multinacional galega tén que avalar coa sua sede central, perto de Vigo, e a marca comercial, un crédito urxente de nove bancos acredores para continuar coa actividade e recibir os cincuenta e cinco millóns de euros necesarios para a xestión diaria. 30/05/13
A garda civil investiga o asasinato dun home de 92 anos en Valga, Pontevedra, que apareceu semicalcinado. Tiña 12 fillos e vivía só. Anteriormente asaltaranlle a casa varias veces, polo que os axentes investigan se nesta ocasion, cun final traxico, tamen o atacaran na busca de cartos // A Xunta vai poñer a disposición de Pescanova 4 millóns de euros. Anunciouno o Presidente do Goberno Autónomo, Alberto Núñez Feijóo quen explicou que se trata dun préstamo // A multinacional galega tén que avalar coa sua sede central, perto de Vigo, e a marca comercial, un crédito urxente de nove bancos acredores para continuar coa actividade e recibir os 55millóns de euros necesarios para a xestión diaria // O Consello da Xunta puxo hoxe en marcha o Plan de Prevenciòn de incendios forestais, coñecido coma PLADIGA. Manterà a sete mil operarios traballando nos montes e incorpora novidades técnicas coma o uso de cámaras de infravermellos. Tamén concedeu as medallas Castelao deste ano. 30/05/13
A garda civil investiga o asasinato dun home de 92 anos en Valga, Pontevedra, que apareceu semicalcinado // A Xunta vai poñer a disposición de Pescanova catro millóns de euros // O Consello da Xunta puxo hoxe en marcha o Plan de Prevenciòn de incendios forestais, coñecido coma PLADIGA. 30/05/13
Tímidamente o tempo vai mellorando. Durante esta tarde irnase abrindo claros sobre todo polo sur. As temperaturas han subir algo. 30/05/13
O presidente da Xunta anunciou que prestará catro millons de euros a Pescanova para axudar a dar liquidez á compañía, en concurso de acreedores.
A Unión Europea pacta a reforma da súa política pesqueira. Limita os descartes ó cinco por cento. O presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo cree que a reforma fará perigar postos de traballo.
En Ferrol, nova protesta dos traballadores de Navantia en demanda de carga de traballo. Cortaron o tráfico na ponte das Pías con barricadas de neumáticos incendiados.