Xa están en Galicia o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, e máis a vintena de embaixadores da unión europea que veñen para analizar a correcta utilización dos 6 mil millóns de euros de fondos comunitarios que se investiron na nosa comunidade nos ultimos 7 anos // O Presidente da Real Academia, Alonso Montero declarouse partidario de que calquer norma linguística sirva para favorecer o galego como língua do ensino. Dixo comprender que outras comunidades anunciasen recursos contra a proposta lexislativa do goberno central, a coñecida coma Lei Wert. 20/05/13
Xa están en Galicia o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, e máis a vintena de embaixadores da unión europea que veñen para analizar a correcta utilización dos 6 mil millóns de euros de fondos comunitarios que se investiron na nosa comunidade nos ultimos sete anos // Comezou na Coruña o xuízo polo asesinato dun mozo colombiano de 25 anos. O fiscal solicita 20 anos de cárcere para unha muller acusada de inducir o crime ao enterarse de que tamén mantiña relacións coa su filla menor de idade // O Deportivo depende de si mesmo para seguir en Primeira, logo da vitoria en Riazor fronte ao Español e a derrota na casa do Zaragoza, o principal adversario // Histórica clasificacion do Blusens Monbus Obradoiro que por vez primeira xogará a liguiña polo titulo. Venceu ao Bilbao Basket cun pavillon do Sar a reventar, cunha afeccion que acaba de merecer un premio polo apoio ao equipo. No primeiro partido polo titulo enfrontarase ao Real Madrid. 20/05/13
Xa están en Galicia o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, e máis a vintena de embaixadores da unión europea que veñen para analizar a correcta utilización dos fondos comunitarios // O Deportivo depende de si mesmo para seguir en Primeira, logo da vitoria en Riazor fronte ao Español e a derrota na casa do Zaragoza, o principal adversario // Histórica clasificacion do Blusens Monbus Obradoiro que por vez primeira xogará a liguiña polo titulo. 20/05/13
Comezamos semana con máis sol ca nubes e con temperaturas máximas que soben. Valores que rondarán os 16 polo norte e os 18 polo sur da comunidade. 20/05/13
O presidente da Xunta recibiu á delegación da Unión Europea que ven a Galicia a comprobar o uso dos fondos asignados á comunidade. Previamente, reuniuse co ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García Margallo.
Outra cita hoxe en Santiago: r4epresentantes de Fomento e dos concellos de Santiago, A Coruña e Vigo reúnense para constituir o Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia.
Os sindicatos de Ferrol convocan folga xeral na comarca, no Eume e en Ortegal o 12 de xuño contra a crise, o paro e a situación desesperada -din- na que se atopan moitas familias.
Comenza na audiencia da Coruña o xuizo pola morte a coiteladas dun mozo colombiano: a principal encausada é unha muller coa que mantivo relacions, e que, segundo o fiscal, ordenou o crime ó enterarse de que o xove tamén estivera coa filla, de 15 anos.
- Las comunicaciones deben remitirse a Deloitte, administradora concursal
Conversamos co presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, despois da celebración do Día das Letras. Recoñece que de non ter que estar nos actos institucionais, se tería manifestado na mobilización de Queremos Galego. Reclama un pacto polo lingua e advirte que o decreto do plurilingüismo lle pode facer moito mal ó idioma.
Facemos un repaso da actualidade parlamentaria da semana con Cruz Mato.
Galicia homenaxea a Roberto Vidal Bolaño, considerado o renovador do teatro galego.A súa figura centrou a sesión extraordinaria no día das letras da Real Academia Galega. Vista Alegre. Milleiros de persoas manifestáronse hoxe polas rúas de santiago en defensa da lingua galega e como crítica á política da Xunta nesta materia. (17/05/13)
Galicia homenaxea a Roberto Vidal Bolaño, considerado o renovador do teatro galego.
Milleiros de persoas manifestáronse hoxe polas rúas de santiago en defensa da lingua galega e como crítica á política da Xunta nesta materia. (17/05/13)
O cambio de tempo e a baixada das temperaturas levou a neve ás montañas por riba dos 1.000 metros. Moitas persoas aproveitan que hoxe é festivo e non hai actividade escolar para disfrutar cos fillos dunha visita á neve cando estamos mediando o mes de maio. (17/05/13)
Galicia homenaxea a Roberto Vidal Bolaño, considerado o renovador do teatro galego.
A súa figura centrou a sesión extraordinaria no día das letras da Real Academia Galega, coa asistencia das primeiras autoridades pero tamén outros máis sinxelos coma o descubrimento dunha placa conmemorativa na casa onde naceu o dramaturgo, na compostelá barriada de Vista Alegre.
Milleiros de persoas manifestáronse hoxe polas rúas de santiago en defensa da lingua galega e como crítica á política da Xunta nesta materia.
Á marcha, convocada pola plataforma "Queremos Galego" asistiron representantes dos grupos da oposición no Parlamento , PSdeG-PSOE, AGE e BNG.
Os participantes pediron a retirada do decreto de plurilinguismo e a volta á lei de normalización linguistica anterior. (17/05/13)
Galicia réndelle homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. No Día das Letras, os actos en honor ó dramaturgo compostelán sucédense por toda a comunidade. O central, organizado pola Real Academia Galega, tivo lugar no Teatro Principal de Santiago. Antes descubríuse unha placa conmemorativa na casa natal do autor.
Un 17 de maio que coincide este ano co 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía.
Un día que ademais volveu ter carácter reivindicativo, coa manifestación convocada por Queremos Galego en Santiago en defensa da lingua.
A Fiscalía anticorrupción solicitou á Audiencia Nacional que investigue ao presidente de pescanova Manuel Fernandez de Sousa e a outros tres directivos por posibles delitos de falseamento de informacion e contas, e por uso de informacion privilexiada.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, estuda a posibilidade de emprender accións xudiciais ante os insultos que, di, recibe no Parlamento. Anunciouno na rolda de prensa porterios ao Consello que aprobou un plan de prevenciòn da discapacidade que pretende reducir en 4 mil os casos de dependencia e destinou 12 millóns de euros a 15 proxectos empresariais. (16/05/13)
O Alcalde de Ourense, Agustín Fernández, está convencido de que o traballo policial servirá para demostrar a inocencia do seu ancecesor, Francisco Rodríguez, o que onte lle rexistraron a casa . Os funcionarios da Axencia Tributaria tamén practicaron rexistros en dúas vivendas da parella de Francisco Rodríguez.
A Xunta aprobou un plan de prevenciòn da discapacidade que pretende reducir en 4 mil os casos de dependencia.Tamén destinou 12 millóns de euros a 15 proxectos empresariais que suporán un investimento de 84 millóns de euros.Analizou un informe segundo o que a administración autonómica está pagando a proveedores en 28 días.
Os familiares e amigos dunha peregrina que fixo o camiño de Santiago 8 veces, lembrárona dun xeito especial en Fisterra onde botaron as súas cinzas ao mar. (16/05/13)
O Alcalde de Ourense, Agustín Fernández, está convencido de que o traballo policial servirá para demostrar a inocencia do seu ancecesor, Francisco Rodríguez.
A Xunta aprobou un plan de prevenciòn da discapacidade que pretende reducir en 4 mil os casos de dependencia.Tamén analizou un informe segundo o que a administración autonómica está pagando a proveedores en 28 días. (16/05/13)
Esta ponte das Letras Galegas, que moitos agardaban para disfrutar o ar libre chegará pasada por auga. Toca ademais sacar a roupa de abrigo porque o termómetro tampouco vai acorde coa primavera. (16/05/13)
Alberto Núñez Feijoo di estar pensando en denunciar ante a xustiza a aquelas persoas que o relacionen co narcotráfico e as actividades ilícitas do narco Marcial Dorado.
Tralo consello da Xunta insistiu en que os criterios sobre o déficit nas autonomías ten que ser económico e non político.
Hoxe soubemos que o déficit de Galicia no primeiro trimestre do ano é do 0' 12 por cento: igual que na media de España.
O alcalde de Ourense cree que os rexistros nas vivendas do ex rexedor da cidade Francisco Rodríguez servirán para confirmar que é inocente. Tamén da Operación Pokemon, o alcalde de Lugo confirmou que os seus abogados presentan hoxe o escrito para que López Orozco poida declarar voluntariamente ante a xuiza Pilar de Lara.
Manifestación en Ferrol de traballadores de Navantia. Queimaron un patíbulo ante a sede do PP.
- Los agentes de Vigilancia Aduanera, de la Agencia Tributaria, realizan los registros
Alberto Nuñez Feijoo acusou a Pachi Vazquez de deixarse arrastrar pola actitude de Alternativa Galega de Esquerdas e pediulle que dialogue. Vazquez, a sua vez, acusouno de ocultar un informe do consello de contas sobre o deficit de 2010 // A Axencia Tributaria embargou en Vilagarcía de Arousa bens vencellados ó narcotráfico na Operación Manzano que comenzou en 2012 ó detectar o nivel de vida dun veciño desempregado. 15/05/13