Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Moción de censura en Santa Comba.
 O pacto entre o PP e dous concelleiros socialistas sacará da alcaldía a David Barbeira, de Compromiso por Galicia.
 A popular María José Pose será a nova alcaldesa.
 o pleno municipal, previsto para as doce do mediodía, celebrarase a porta pechada, sen público.

 O presidente da Xunta e o arcebispo compostelán convida, formalmente, ó Papa Francisco a visitar Santiago en 2022.

 Os autobuses urbanos da Coruña chegan, desde hoxe e ata o 15 de setembro, ata Santa Cristina, no concello de Oleiros.
 Deportes. Presentado o novo adestrador do Deportivo. Borja Jiménez esixe futbolistas comprometidos para lograr o ascenso.

Quédanos aínda unha xornada de calor. Unha xornada con nova xuntanza do comité clínico. Buscarase harmonizar os límites nas reunións.

E a unha semana do verán, o asunto das máscaras en exteriores volve hoxe á Comisión Nacional de Saúde. Abordará tamén como vacinar ás persoas que estean de vacacións fóra da súa comunidade.

Novos pasos, novos avances, cando Galicia se mantén cunha incidencia inferior ós 50 casos por 100 mil habitantes. Só A Coruña semella ir, nas últimas horas, en contra desa tendencia á baixa.

Máis de 500 hectáreas de monte arderon esta fin de semana en Galicia. Esta tarde os equipos que traballan sobre o terreo conseguiron extinguir o lume que calcinou en Folgoso do Courel 185 hectáreas. En Salvaterra do Miño están controladas as chamas que arrasaron xa unha superficie de 350 hectáreas.

Hoxe sucedéronse en Galicia as concentracións para condenar a violencia machista. Nos tres primeiros meses do ano aumentou o número de mulleres vítimas.

O comité clínico abordará mañá unha revisión completa de tódalas normas de prevención de contaxios de Covid que están vixentes en Galicia. Unha análise destinada a homoxeneizar medidas entre os distintos sectores

A Xunta presenta un plan para reforzar o ensino no vindeiro curso. 1.200 profesores van colaborar en dar apoio a uns 50 mil estudantes de primaria, ESO, bacharelato e FP básica.

O presidente da Xunta agarda que o Papa Francisco peregrine a Santigo en 2022. Alberto Núñez Feijóo e o arzebispo compostelán, Julián Barrio, foron recibidos esta mañá no Vaticano polo pontífice

En Ourense, volveu ser rexeitada unha modificación de crédito de 62 millóns que o alcalde vinculou a unha moción de confianza.

28 mil galegos non teñen acceso en igualdade de condicións ás administracións locais. Só 6 concellos, as cidades agás Pontevedra, contan con intérprete de lingua de signos.

Xornada de concentracións en moitas localidades galegas en repulsa polos 41 nenos e nenas asasinados por violencia machista dende 2013. Actos en recordo das 1.096 mulleres vítimas mortais de violencia machista desde 2003.

 O presidente da Xunta e o arcebispo de Santiago entrevístanse, a partir das dez e media, co papa Francisco no Vaticano.

 Alberto Núñez Feijóo Julián Barrio, exporanlle ó pontífice a importancia da celebración do Ana Santo 2021-2022.

 Veciños de Teo marchan a pe ata Santiago para reclamar que a canteira de Casalonga no se convirta nun vertedoiro.

 Melloran os datos da pandemia. Baixan os contaxios, os casos activos e as hospitalizacións.

 A Conselleria de Sanidade considera un éxito a proba piloto para apertura de locais de ocio nocturno, prevista para o un de xullo. Os empresarios piden non baixar a garda.

Segue a inestabilidade e o tempo caloroso.
Pola tarde poden descargar de novo treboadas, que ocasionalmente virán acompañadas de sarabia e aparato eléctrico.
En Ourense saben ben o que é.... unha  tormenta de auga e vento causou ducias de incidencias nun curto periodo de tempo na capital. o vento levantou tellados, tirou árbores... e a chuvia anegou unha chea de rúas.... agora lles contamos máis detalles. Nun luns no que temos que falar outra vez de incendios. Dous, os declarados no Courel e en Salvaterra, levan queimadas 500 hectáreas.
Unha xornada na que o presidente da Xunta, acompañado polo arcebispo de Santiago, vai ser recibido polo Papa no Vatiacano. E na que a pandemia segue mellorando con menos xa de 1.500 casos activos.
Deportes. O Liceo derrota ó Barcelona e proclámase campión de Copa.

O bo tempo da fin de semana trouxo tamén a aparción de incendios forestais dos que xa dabamos conta onte. Esta madrugada declarouse o peor en Salvaterra de Miño, e mesmo saltou a Mondariz. Leva queimadas 180 hectáreas mentras segue ardendo o de Folgoso do Courel, con 105.

Polo demáis en Galicia tamén ten repercusión a manifestación en contra dos indultos aos independentistas cataláns a conta do acto que celebraron en Santiago este mediodía a portavoz do BNG, Ana Pontón, e o deputado de Esquerra, Gabriel Rufián.

No tempo da entrevista de hoxe o convidado é o presidente da Federación Nacional de Confrarías. Basilio Otero non entende o recurso do Ministerio de Transición Ecolóxica ó plan de marisqueo e comparte coa Xunta que estamos ante unha invasión de competencias.

Seis discotecas y pubs de Galicia participan este sábado en una prueba piloto para la reapertura del ocio nocturno en la región. Los clientes deberán tener una PCR negativa y deberán usar mascarilla. El aforo de los locales será del 50%, deberan contar con medidores de CO2 y el horario de apertura es hasta la 01:00. Las entradas para esta prueba se vendieron en cuestión de minutos. Coronavirus: última hora. Foto: Imagen de archivo de una discoteca cerrada por la COVID-19. EFE/ Luca Piergiovanni.

Hoxe, no tempo da entrevista, Alejandra López fala con Xosé Luís Méndez Ferrín, un dos escritores máis importantes da literatura galega contemporánea. Revolucionou as nosas letras e nunca renunciou ó seu compromiso político co nacionalismo. Un autor libre, cuxa sinatura é sinónimo de activismo e de vangarda.

Os bares poden traballar xa hoxe ata a unha da madrugada. Esta medianoite entran en vigor as últimas normas aprobadas polo comité clínico que eliminan as restricións ás xuntanzas entre persoas agás na hostalaría

Manuel Souto, jubilado gallego de 79 años, ha emocionado a todos sus vecinos de A Estrada, en Pontevedra,  tras haber construido un banco para que su mujer, de 82 años y enferma de artrosis, pueda descansar en mitad de sus paseos.  En el barrio en el que viven apenas hay zonas para sentarse. El hombre solicitó un banco al Ayuntamiento, pero su petición no fue aceptada, por lo que decidió hacerlo con sus propias manos.