Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta agarda que o goberno pacte coas comunidaes esta tarde unha proposta pras novas normas de uso da máscara en exteriores. Feijóo cre que a única condición debe ser que se poida mante-la distancia de metro e medio entre persoas. As novas normas aumentan os aforos e fixan a apertura do lecer nocturno no 1 de xullo.

En Vigo a Autoridade portuaria impide a reparación na antiga Vulcano dun buque de Open Arms. Tiña o permiso da capitanía marítima para acceder ás gradas do estaleiro, pero o porto di que as instalacións non teñen acceso marítimo.

En Pontevedra, CCOO retoma as mobilizacións de traballadores de ENCE en defensa da permanencia da pasteira en Lourizán. Se a sentenza da Audiencia Nacional non é favorable á prórroga, din, Celulosas pechará

Hoxe inaugurouse na cárcere de Teixeiro o módulo de respeto Mixto Nelson Mandela. Trátase dun módulo de preparación dos presos pra liberdade e a reinserción social e laboral que agora tamén acollerá mulleres.

No tempo, pra esta véspera de San Xoan, ceos pouco nubrados ou despexados.

No tempo de entrevista repasamo-la historia social e política de Santiago de Compostela da man dun libro sobre Luis Pasín, que loitou contra a ditadura e foi concelleiro durante máis de 20 anos.

  • Las Torres de Meirás, creadas por la escritora Emilia Pardo Bazán, fueron un "regalo" de las autoridades coruñesas al dictador
  • El Pazo fue declarado Bien de Interés Cultural en 2008 por la Xunta y los herederos de Franco tuvieron que permitir visitas
  • Este miércoles preestreno del reportaje, "La Memoria de Meirás", a las 20.00 en RTVE.es y estreno en La 2 a las 23.40

 O novo PRESCO do concello da Coruña para afrontar os efectos da pandemia sanitaria  terá unha dotación económica de 6.200.000 euros.
 Os catro grupos políticos con representación no pazo de María Pita alcanzaron un  acordo sobre o segundo Plan de Reactivación Económica e Social.
 Os bonos para comprar no pequeno comercio poderanse utilizarse a partir do un setembro.

 Cambre entra, a partir do sábado, en  nivel medio de restricións ANTICOVID. Acompañará a camariñas e Malpica.

 A noite meiga de San Xoán será un ano máis diferente por culpa do coronavirus.

Galicia sitúase como a comunidade coa incidencia acumulada máis baixa de casos de coronavirus.
Iso non impide que hoxe se prohiban as celebracións da noite de San Xoan nos espazos públicos. Por segundo ano, non haberá, por exemplo, reunións nas praias que estarán vixiladas. Pero haberá seguro lumeiradas e sardiñas pero terá que ser en espazos privados e con recomendacións de que non se reúnan grupos grandes.
Despois de moitos días chovendo será unha noite sen precipitacións.

Galicia é, despois da cidade autónoma de Ceuta, a comunidade na que a incidencia do coronavirus é máis baixa. De algo máis de 41 casos por cada 100 MIL habitantes. É o contexto no que o comité clínico, reunido a esta hora, avalía en que situacións deberemos usar a máscara ao aire libre


E os sindicatos da educación pídenlle á Consellería que manteña o reforzo dos profesores o curso que vén malia a mellora da situación sanitaria.

Os profesores de reforzo contratados para este curso non estarán o que vén. Así o confirma o conselleiro de Educación. Di que hai que irse adaptando á situación sanitaria.

O Parlamento de Galicia tramita, por unanimidade, unha modificacion da lei de violencia de xénero pra recoñecer o acoso dixital.

Intervidos 24 quilos de cocaína no porto de Vigo. As forzas de seguridade descubriron a droga nun colector sen precinto

Mobilizacións en Caixa Bank polo ERE que en Galicia afecta a un cento de traballadores. Consideran que os despedimentos non están xustificados, xa que a entidade ten beneficios millonarios.

No tempo de entrevista, achegámonos á orixe das vacinas, con Antonio López, descubridor da identidade de Isabel Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional da historia.

El Pazo de Meirás, mandado edificar por Emilia Pardo Bazán, es sin duda la propiedad más famosa de la escritora, pero no lejos de este lugar también residió en otro enclave igualmente idílico, el conocido como Castillo de Santa Cruz. Se levanta en una pequeña isla del ayuntamiento coruñés de Oleiros. Una edificación singular cuya historia está repleta de vicisitudes, incluido el expolio de buena parte de sus bienes. Historia que se narra en las visitas dramatizadas organizadas por el ayuntamiento con la finalidad de dar a conocer la relación de la intelectual con esta localidad. Unas visitas en las que estuvo Radio Nacional de España.

A área sanitaria da Coruña/ Cee é a que rexistra, nestes momentos, os peores datos epidemiolóxicos da pandemia de toda Galicia
Ten máis contaxios de coronavirus, máis casos activos e máis persoas hospitalizadas.
Falaremos das causas con Pilar Farjas, membro do comité clínico que asesora a Xunta.

Detectada a variante delta ou india do coronavirus nas augas residuais da Coruña.

A comarca de Ferrol volve mobilizarse o domingo para denunciar o desmantelamento industrial.

O comité clínico estudará hoxe un protocolo sobre o uso da máscara para cando xa non sexa sempre obrigatoria en exteriores. A Xunta agarda que o Goberno, como prometeu, aprobe o xoves o cambio na lei pero quere que lle permita establecer as novas condicións de uso en espazos abertos.
A pandemia provocou un retraso na atención doutras enfermidades e agora a asociación pra defensa da sanidade pública denuncia que lonxe de recuperar o terreo perdido, sanidade pretende pechar no verán 700 camas hospitalarias.
Un martes con ceo cuberto e chuvias. Semella que a partir de mañá poderemos volver ver o sol...

Máis dun millón de persoas ten completa a pauta da vacina contra o coronavirus en Galicia. O SERGAS administra esta semana 240.000 doses e a que vén comeza xa a inmunización do grupo de entre 30 e 39 anos. Con estes datos sobre a mesa, o comité clínico estuda mañá o protocolo de uso da máscara ao aire libre.

 A cidade de Lugo celebra hoxe a volta do Breogán á ACB.

  • Este fin de semana los jardines del Pazo de Meirás, se abrirán al público.
  • Por primera vez en 82 años, ese lugar recibirá a los visitantes como un bien propiedad del Estado
  • Desde 1938 el pazo estuvo considerado una propiedad de la familia Franco.

En septiembre del pasado año, una sentencia obligaba a los herederos de Francisco Franco a devolver el Pazo de Meirás, dejando claro que la propiedad fue donada a Franco en su calidad de jefe del Estado, y no a título particular por lo que pertenece al Patrimonio Público. En 1938, en plena Guerra Civil, varios alcaldes y otras autoridades de A Coruña constituyeron una Junta Pro Pazo del Caudillo, cuyo objetivo era regalar al dictador un lugar para veranear en Galicia. Consiguieron comprar y reformar las Torres de Meirás, propiedad en su día de la escritora Emilia Pardo Bazán. Tras la muerte de Franco, en 1975, el Pazo se convirtió en otro más de los bienes transmitidos a sus herederos.