Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Xa están en Santiago os 80 mozos procedentes de Mallorca. Todos os viaxeiros do voo que acaba de aterrar en Lavacolla están a pasar polo dispositivo pra se someter a PCRs.

A falta dos resulatdos deste e outros cribados, o macro-gromo ten 100 positivos en Galicia. Na área de Pontevedra, a taxa de positividade está en dous díxitos, fronte ó 2% habitual.

A estratexia de recuperación da crise non consegue a unanimidade. A comisión de reactivación vota o seu dictame final, con meses de retraso, co voto favorable do PP e apoios puntuais da oposición nalgún punto.

Acordo na deputación de Lugo pra pedi-la intervención da SEPI en Alcoa. Esta tarde, os traballadores reúnense coa ministra de industria.

Preocupación en Tráfico polos excesos de velocidade antes do inicio da primeira operación saída do verán, o próximo venres. Ao operativo habitual de axentes, radares e helicóptero súmase este ano un dron. 
 
A Ciga protesta en Santiago contra a proposta da Xunta de suvencionar ás entidades bancarias para instalar caixeiros automáticos no rural. Ata 2 millóns 800 mil euros sairán das arcas públicas galegas pra banca privada.

No tempo de entrevista, falamos coa presidenta de West Galicia sobre o campamento de convivencia entre nenos con distintas capacidades que acaban de iniciar na Coruña.

Nova repunta dos casos activos de coronavirus, das hospitalizacións e dos contaxios. 
 En Carnota, detectouse un gromo de covid. Hai 19 contaxiados.
 Na nosa provincia, tamén hai estudantes de bacharelato que viaxaron a Mallorca para celebrar o fin de curso.
 Algúns, desde Baleares, denuncian desinformación.

  --- Mañá ábrese o prazo de inscrición pro servizo de comedores escolares e madrugadores de Santiago.

 --- A empresa Cespa continúa tres ano máis como responsable de parques e xardíns en Santiago
 

 --- O concello da Coruña crea unha Oficina Virtual de grafitis para loitar contra as pintadas.

  
   --- Deportes. A nova temporada para o Deportivo e o Racing de Ferrol arranca  a última  fin de semana de agosto

Xa hai máis dun cento de contaxios en Galicia vencellados ao gromo que se orixinou en Mallorca. Son 102 os casos positivos. Pontevedra, con 89, é a área sanitaria máis afectada. O SERGAS informa que arredor da metade dos positivos na cidade do Lérez son da variante Delta.

 

Nuns minutos arrancan en diferentes localidades as concentracións polo Día do Orgullo.

O conselleiro de sanidade cre que é cedo pra decidir se hai que endurecer as restriccións en Pontevedra a raíz do macro-gromo rexistrado en Mallorca. En Galicia afecta a uns 70 estudantes, 50 deles na áera de Pontevedra. Mañá está previsto que cheguen outros 90 estudantes máis a Galicia procedentes das Baleares.

O presidente da Xunta di que Galicia "rexurde da negra sombra da pandemia". Núñez Feijóo defendeu que Galicia comeza a ver o final do túnel, grazas ós seus valores cívicos.

Cúmprense 85 anos da promulgación do estatuto de autonomía de 1936. O BNG defende que o contexto actual permite promover un novo estatus pra Galicia.

A frota galega de cerco demanda que a sardiña sexa especie de rendemento máximo sustentable. Tralo aumento da biomasa constatado nas costas ibéricas, piden que se reconsidere o plan de xestión, que deixa a Portugal o 65% da cuota pra este ano.

Adega reclama información sobre os parques eólicos que promove iberdrola na Mariña Lucense. Presentáronse días antes de que entrase en vigor a parálise de calquera novo proxecto ata que se aprobe o plan de ordenación do espazo mariño.

No tempo de entrevista, repasamos a situación do colectivo LGTBi neste día internacional do Orgullo, coa axuda da asociación pola liberdade afectivo sexual.

SOS Ferrolterra. Este é o berro dos traballadores da comarca.
 Este domingo, volveron manifestarse para denunciar o desmantelamento industrial e a falta de traballo. Reclaman a implicación da Xunta e do Goberno central.
 

--- Baixan os contaxios de coronavirus, pero aumentan as hospitalizacións e os casos activos.

 --- O Tribunal Superior de Xustiza confirma a prohibición do paso de camións polo viario rural de acceso  ó vertedoiro de Miramontes en Santiago.


 --- Hoxe entra en servizo o novo centro de saúde de Melide.

 --- A restauración da catedral de Santiago,  Premio Patrimonio 2021

  
   --- Deportes. O Deportivo Xuvenil, campión da Copa de Campións. Ganoulle ó Barcelona pro 3 goles a un

Na nosa comunidade hai xa 70 casos positivos vencellados ao gromo de estudantes que viaxou a Mallorca. Ademáis chegan a 600 as persoas en corentena a raíz deste contaxio. Este luns continuarán cos cribados que se inciaron esta fin de semana para dar con máis casos. A situación creada por este gromo será analizada no comité clínico de mañá.

En Ferrol os traballadores de toda a comarca mobilizáronse de novo este domingo para protestar contra o desmantelamento industrial da contorna. Reclaman a implicación da Xunta e o Goberno central ante a falta de emprego.

E o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, reelixido recentemente para o cargo, na entrevista dos domingos de RNE, desbotou a creación dunha fiscalía anticorrupción de momento porque diminuiron este tipo de delitos

Xornada de mobilizacións en Galicia. Os traballadores de Ferrolterra cortaron a ponte das Pías para reclamar futuro industrial para a comarca. Acudiron á chamada dos sindicatos os empregados de Endesa, Navantia e as empresas auxiliares onde os despidos se contan por centos.


Que tal boas tardes... e en Santiago... foron os colectivos que demandan uns servizos públicos de calidade de atención á dependencia os que saíron hoxe á rúa. Piden un cambio de modelo nas residencias de maiores.

Es la llave que abre el Pazo de Meirás, hasta el pasado septiembre, en manos de la familia Franco... Una sentencia lo declaró entonces bien del Estado obligando a sus herederos a devolverlo... De momento, de la que fue residencia de verano del dictador, solo podrán visitarse sus jardines... La justicia no ha resuelto aún si la familia, como reclama, se podrá quedar con los bienes inmuebles...Hoy el Gobierno central, la Xunta y otras administraciones gallegas han firmado un protocolo temporal de gestión conjunta...Fuera la voz de la plataforma Defende Meirás... La vicepresidenta Calvo se ha acercado y les ha dado las gracias por su lucha...Para ellos están reservadas las primeras visitas desde el jueves. A partir del 4 de julio, cualquier ciudadano podrá entrar con cita previa. FOTOGRAFÍA: EFE/ Cabalar.

En el Pazo de Meirás, en A Coruña, se ha firmadfo este sábado el protocolo general de coordinación entre el Gobierno y otras instituciones colaboradoras, por el que se inauguran oficialmente los jardines del lugar. La vicepresidenta les ha recordado los "pasos dados, el empuje de la sociedad para recuperar el Pazo".

Informa, Ricardo Sandoval.