Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A retirada da mascara ó aire libre podería non ser absoluta en Galicia. O presidente adianta que en ocasións será preciso levala. É unha das cuestións que analizará o comité clínico esta semana.

Denuncian que o Sergas vai pechar máis de 700 camas hospitalarias nos meses de verán. A asociación pra defensa da sanidade pública cré que incrementará a mortalidade de doentes que agardan atención trala parálise provocada pola pandemia.

O BNG considera que o plan eólico da Xunta ameaza o medio rural. Considera que inciativas empresariais como a da Casa Grande de Xanceda, que hoxe visitou, están en perigo.

Concentración en Pontevedra de veciños de Teis e Chapela para esixir que se suprima xa a peaxe entre Vigo e Redondela.

O sector da fotografía ve en perigo o seu negocio, en plena pandemia, coa chegada do novo DNI. No novo carné de identidade as instantáneas faranse nas propias comisarías.

No tempo de entrevista, coñecemos o labor da oenegué IGAXES, que apoia ós menores en risco de exclusión na súa transición á vida adulta.

 Delicto de odio. Así cualifica o concello de Santiago o ataque á exposición dedicada ós refuxiados instalada na Alameda compostelana.
 O ataque rexistrouse este domingo, coincidindo co día mundial dos refuxiados.
 A Xunta de goberno local aprobrará esta mañá unha declaración institucional.
 
 Soben os casos activos e baixan as hopitalizaciíons por coronavirus na provincia.

 A empresa municipal de transporte urbano de Santiago aproba  contratación do servizo de cafetaría da nova estación de autobuses.

 Deportes.  O Deportivo xuvenil xogará, o xoves, a final a catro da COPA DE Campións. Enfrontarase ó Real Madrid.

Entramos no verán con paraugas e temperaturas máis propias do outono. Semella que entre o mércores e o xoves imos volver ós ceos soleados. Un tempo chuvioso que ten como positivo que non hai incendios. A etapa de máximo risco comeza en dez días. O director xeral de defensa do monte avisou en radio nacional que os culpables dun incendio, ademais de facer fronte á vía penal tamén se terán que facer cargo do custe da extinción.
Comeza a a última semana sen máscara nas rúas cunha boa evolución da pandemia. Os casos activos xa baixa dos 1.300. Só preocupa a situación da área sanitaria da Coruña.
Deportes. O Breogan vai xogar a vindeira tempada na máxima categoría do baloncesto.

. As orquestras piden a colaboración dos concellos para poder volver a actuar, advirten que está en perigo a supervivencia da inmensa maioría delas. Falaremeos deste e outros asuntos nos próximos minutos antes comentarlles que no tempo da entrevista ó noso vonvidado será hoxe, Manuel Rodríguez, director xeral de montes

Saudos moi boa tarde. Volven as verbenas a Galicia en plan proba piloto. Un paso máis de cara a esa que damos en chamar coma nova normalidade. Será en seis localidades, con seis orquestras que agardan ilusionadas a que chegue a noite. Todo con medidas de seguridade para evitar contaxios.

Mentres agardamos por esas verbenas antes este mediodía tiña lugar unha nova concentración no pazo de meiras para reclamar que se adopten todalas medidas precisas para evitar que os Franco poidan levarse os bens que se gardan neste inmoble ben de interese cultural, en tamén, falando de mobilizacións, daremos conta da marcha de traballadores das prisións galegas ata a praza do obradoiro para denunciar as agresións que estar a sufrir e reclamar reforzos. nos deportes unha mala nova o descenso a segunda división do depotivo da coruña feminino tras perder o partido de hoxe

Hoxe convidamos ó espazo da entrevista a Andrea Pousa. A artista arraiana preséntanos Retorno, un traballo no que fusiona o folclore galego co portugués, engandindo un marco de sonoridades pop, latinas e electrónicas.

Falou con ela Alejandra López

A que entra é a última fin de semana na que teremos que levar a máscara obrigatoriamente ao aire libre. Aquí en Galicia o comité clínico revisará o protocolo que o xoves presente o Goberno central. Será entón cando se concretarán as situacións nas que se pode relaxar esta medida.

Facua denuncia que a Xunta financie a instalación de caixeiros en entornos rurais onde os bancos pecharon oficinas

Pesa 300 kilos, se llama Manoliño y llegó en 2019 a la ría de Noia. Es un delfín joven que se ha convertido en una atracción para los turistas. Su demanda constante de atención está generando un problema a los mariscadores. Desde el ayuntamiento piden a los bañistas que dejen al animal tranquilo.

O presidente da Xunta da a benvida á retirada da máscara nos exteriores, pero lamenta o xeito de anuncia-lo. Alberto Núñéz Feijóo sinalou que unha decisión sanitaria se transforma nunha decisión política. Cré que o acordo se debería ter adoptado no consello interterritorial de saúde.

O concello de Porto do Son decreta dous días de loito oficial pola morte de dous dos seus veciños no naufraxio do pesqueiro Sempre Güeto.

Xa hai empresaS privadas que mostraron o seu interés por operar a liña de alta velocidade entre Galicia e Madrid cando entre en funcionamento.

Sanidade e Política Social coparon a meirande parte das queixas presentadas ante a Valedora do Pobo en 2020. No ano da pandemia, o número de asuntos tramitados disparouse case un 30 por cento.

Unións Agrarias ve insuficiente a declaración de emerxencia cinexética en varias comarcas de Galicia polo xabarín. Considera que fracasou o modelo actual para controlar as poboacións de xabaríns

  Traxedia no mar. Dous mariñeiros, veciños de Porto do Son , perden a vida no naufraxio dun pesqueiro na costa de cedeira. Os outros oito tripulantes foron rescatados con vida por outras embarcación que se atopaban na zona. O barco quedou coa quilla cara o sol. Todo a apunta a un golpe de mar.

 O comite  de navantia ferrol reunense esta mañá co conselleiro de industria. Reclaman carga de traballo ata que non comence a consturcción das fragatas.

 Veciños e traballadores de as pontes manifestante diante da xunta para esixir unha transición enerxetica xusta que permita o mantemento dos postos de traballo.

 Repuntan os casos de coronavirus na area da coruña. Nas últimas horas faleceu unha muller por mor da covid no hospital da coruña.

Nova traxedia no mar. Dous mariñeiros morreron tras naufragar un pesqueiro de Portosín. A rápida actuación doutros barcos permitiu poñer a salvo a outros 8 tripulantes.
Un golpe de mar poido sela causa do naufraxio... e que o tempo segue revolto...hoxe aínda seguirán as treboadas.
Da pandemia, despois de case un mes de descenso.... volven repuntar os casos activos. Pero mañá entra en vigor novas normas que, por exemplo, xa permiten a apertura de parques acuáticos e amplían os horarios dos salóns de xogo.
Deportes. O Breogan gaña e fora un terceiro partido na final para buscar un posto na ACB.

Dous mariñeiros faleceron hoxe nun naufraxio fronte á costa de Cedeira, na provincia da Coruña. Navegaban a bordo do buque Sempre Güeto, con porto base en Portosín. O resto dos tripulantes, 8, foron rescatados e están a salvo aínda que feridos.
Os mariñeiros regresaban de faenar en Asturias e un golpe de mar puido ocasionar o accidente.

Entrevistamos a César Portela, que acaba de ser nomeado membro da Academia Galega das Ciencias.

Suben os casos activos en Galicia, por vez primeira en case un mes, aínda que de forma moi lixeira, son só 9 máis. Toda a comunidade segue en risco baixo e en caída, agás a área da Coruña, que sobe nas tendencias a sete días. Hai que dar conta dun novo falecemento por Covid, o primeiro en 5 días.

As familias de discapacitados agrupadas en FADEMGA insisten en reclamar que reciban a vacina canto antes. Está limitando a súa atención.

O ministro de Transportes confirma que os descontos na AP-9 se comezarán a aplicar o mes que vén, e tamén ó transporte pesado, sen límite de viaxes.

Os traballadores das Pontes trasladaron hoxe as súas protestas a Santiago. A finais de mes as empresas auxiliares van prescindir dun cento de empregados.

O pedrazo estragou a producción unhas 70 hectáreas de viñedos ó carón do Miño, en Chantada.