Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Preocupación na Xunta polas aglomeracións sen medidas de seguridade en varias cidades de España na primeira noite sen estado de alarma.
 
Tratarán de pechar este venres o protocolo para a desescalada do ocio nocturno. Farán probas piloto en varios locais de toda Galicia nos meses de maio e xuño

Esta semana chegaron menos doses de vacinas, serán 185 mil, unha parte pros primeiros menores de 60 anos

En Vigo seguen buscando casos pra corta-la transmisión, e preocupa a presenza da variante india.

O presidente da Xunta cre que a pandemia demostrou que Galicia e a rexión norte de Portugal son un espazo único

A Xunta enviará esta semana a concellos e goberno central o borrador da súa proposta para un Pacto de Estado por Ferrol

Os tres reitores galegos buscan apoios políticos contra a proxectada universidade privada de Abanca.

Incendio na conserveira Jealsa de Boiro. O lume tería queimado 11.000 metros cadrados de superficie.
 A direccción de Jealsa  traballa na reorganización da planta, para volver á actividade canto antes..
 na fábrica traballan 1.200 persoas.
 Non se coñece a causa do lume.

 --- Padrón, único concello da provincia coas máximas restricións anticovid


 --- Indignación veciñal en Teo pola luz verde da Xunta ao plan da empresa Toysal pra canteira da Casalonga.


 --- Deportes. O Racing de Ferrol xogará na Primeira Federaciónn  a próxima temporada. O Obradoiro garante a continuidade, un ano máis, na liga ACB

A Xunta solicita hoxe no Tribunal Superior de Galicia o aval para as medidas da desescalada. Comezaron a aplicarse co final do estado de alarma, pero aínda necesitan dese respaldo da Xustiza.

Un cambio de normalidade que chega acompañado de incertezas, e tamén por unha evolución favorable dos indicadores da pandemia. A incidencia segue a ser a metade que a media española.

Así as cousas, a Xunta xa pensa en celebrar concertos de ata 10 mil persoas en xullo. Serían ó aire libre, en grandes recintos como o Monte do Gozo, e coa xente sentada.

De momento, chove de forma intermitente.

Primeiro día en Galicia sen estado de alarma. Despois de seis meses, espertamos a outra nova normalidade. E facémolo cuns datos epidemiolóxicos que seguen perfilando unha situación estable.

Achegámonos tamén a Boiro, onde se avalían os danos polo incendio da conserveira Jealsa, un dos motores industriais do Barbanza.

No tempo da entrevista, falamos con Celso Gándara, presidente do Foro pola Economía Social Galega.

  • Adeus ao toque de recollida e ao peche perimetral da comunidade e horarios máis amplos para a hostalaría
  • Hoxe publícanse no DOG as novas medidas. As que afectan a dereitos fundamentais deberán contar co aval da xustiza

 Cambia o mapa de restricións anticovid na provincia. O comité clínico inlcúe o concello de Padrón no nivel de máximas restricións, co que esta fin de semana queda pechado perimetralmente. A Xustiza terá que determinar se se pode aplicar toque de recollida ás 11. No conxunto da provincia soben os casos de coronavirus pero baixan as hospitalizacións.

 En Frades, o grupo socialista reclama a re-apertura do centro de saúde de Abellá, que pechara de maneira provisional co inicio da pandemia.

 O Estado negou a entrada no Pazo de Meirás á empresa de mudanzas contratada pola familia Franco para organizar a retirada dos bens.

 Os traballadores de Endesa concéntranse hoxe ante a Delegación do Goberno para reclamar unha transición xusta.

 No tempo da entrevista.... recuperamos as voces de dous clásicos da Literatura Galega, Manuel María e Xosé Neira Vilas porque vén de publicarse un libro que recolle a súa correspondencia.