Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Repunte dos contaxios nas residencias de maiores... Superan xa os 500, a xunta defende que a maioría teñen ´sintomas leves...

é unha das últimas novas dun día no que a asociación PROVIVENDA reclama medidas pra limitar os prezos dos alquileres nas principais cidades galegas...


Deseguida contamos máis, estaremos tamén en Balaidos co descanso do partido do Celta Osasuna.

O sergas agardaba que nestes días alcanzásemos o cumio da sexta vaga, pero os datos non terminan de acompañar. Hoxe volven repunta-los novos casos detectados e os doentes totais de coronavirus... Tamén volven aumenta-los ingresados... ainda que baixa a incidencia a 7 días

A XUnta confía na vacinación, especialmente entre os grupos de idade con maior nivel de contaxios, e avanza pra vindeira semana a terceira dose do grupo de 20-29 anos. Os de 30 a 39 xa están acudindo ós centros de vacinación.

Sanidade pretende frear o impacto do coronavirus entre os máis novos e xa comezou a citar ós maiores da 20 anos para poñerlles terceira vacina. Neste grupo a incidencia do virus case duplica a do resto da poboación.
O SERGAS agarda que xa esteamos no pico desta sexta onda... levamos dous días con menos contaxios.
A presión hospitalaria mantense estable, pero na Coruña, área con máis ingresados, xa se fixo unha reprogramación das actuacións médicas.
E, hoxe lembramos unha suposta fraude na patronal galega ocorrida na dédcada dos noventa. Despois de varias suspensións está fixado para este mércores a vista.
O tempo. Hoxe aínda con algo máis de frío e a partir de mañá aínda baixarán algo máis as temmperaturas. Precaución coa neboas e as xeadas nestas primeiras horas da mañá.
 

A falta de un serán dous os representantes da xunta que ofrezan explicacións sobre o colapso sanitario.. Garcia Comesaña comparecerá no parlamento a peticion propia e nuñez feijoo terá que responder ás preguntas do BNG que acusa ó goberno galego de inacción.


QUE TAL MOI BOAS TARDES, todo nun día no que o baleirado dos encoros este verán queda sen sanción pras eléctricas... de seguido contamos o por que...

Recollemeos tamén a sentenza contra Inditex por non faiclitar a conciliacion dunha traballadora e escoitamos os plan pra reconverter o espazo de SAN MARTIÑO PINARIO na capital galega, onde, por certo, xa hai acordo político pras contas deste ano.

O Hospital da Coruña comeza a reorganizar as súas intervencións, e os ingresos, pra deixar espazo ós doentes de COvid. Consecuencias dunha vaga con moitos menos ingresos que a de xaneiro do ano pasado, pero que segue a concentrar moitos esforzos duns sanitarios que tamén sofren baixas pola enfermidade... Unha vaga na que os novos contaxios, en caída, apuntan á estabilización. Aínda así, son 12 mil os escolares e mestres contaxiados, o que complica a situación tamén nas aulas... e fai máis necesarios ca nunca uns pediatras que escasean nalgúns centros de saíde...