Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A CIG esixe que se negocien cos sindicatos os criterios para fixar as prazas dos procesos de acceso ás prazas públicas de profesorado. O sindicato nacionalista está dacordo co dobre vía orientada os interinos e os novos aspirantes, pero non co número de prazas da segunda fase.

A reforma do fondo de compensación interterritorial podería supoñer que Galicia multiplicara por 10 os seus ingresos. É a proposta do economista Santiago Lago que esta mañá no Parlamento sinalou que Galicia debe apoiar as súas reivindicacións no espallamento da poboación.

A central térmica das Pontes vai seguir producindo, alomenos ata finais de mes. A inestabilidade do mercado eléctrico e os altos prezos da enerxía obrigan a mante-la actividade e non hai data para o seu desmantelamento.

Conmoción no concello de Avión pola morte a tiros do neto un matrimonio emigrante en México. Na acción tamén resultou ferida a nai do rapaz. Os avós da víctima, que se atopaban en Galicia, xa emprenderon viaxe de regreso ó país centroamericano.


O tempo. Imponse xa o anticiclón e temos un día solleiro, aínda con vento no litoral norte. Cómo vai evolucionar pola tarde.

- A Consellería do Mar remitiralle ao Goberno central un convenio para que o Ministerio se comprometa a indemnizar os mariscadores da ría do Burgo en canto dure a dragaxe do esteiro.

- A Plataforma de Usuarios de Tren de Media Distancia e Avant critican por insuficiente o adianto pola mañá dun dos trens que une Vigo coa Coruña e demándanlle máis traxectos a Renfe.

- A Banda Municipal de Santiago programa catorce concertos ata o 15 de maio dentro do ciclo Rutas e Sinfonías. O novo ciclo inclúe colaboracións co Orfeón "Terra a nosa" e "Amigos da ópera".

A xunta adianta a convocatoria das oposicións no ensino para evitar os cambios lexislativos que prepara o Goberno central. Así este ano fará dúas convocatorias: a primeira co modelo vixente desde 2007 e máis adiante outra en forma de concurso de méritos. Serán mais de tres mil prazas.
Sobre a COVID. Sanidade espera que o pico de casos de esta sexa onda se alcance a partir do día 15. De momento aínda seguimos batendo record en dous indicadores: novos positivos e persoas coa enfermidade.
Hoxe tamén lles contaremos que Sito Miñanco poderia sair de prisión pola operción Mito, pero seguirá no cárcere por outras condenas.

O tempo. Xa se impuxo o anticiclón e teremos un día solleiro aínda que non nubes nestas primeiras horas no norte.
 

Os opositores a educación respiron algo máis aliviados... a convocatoria galega deste ano será baixo os mesmos termos, non se verá afectada polos cambios que prepara o goberno central.
É unha das principais novas dunha xornada na que os test de antíxenos cobran protagonismo... hoxe primeiro día con máis de 30 puntos pra facelos en toda galicia...
Tamén hai resposta ás palabras do ministro garzón sobre as macrogranxas... o movemento ecoloxista da limia respáldaas, di que hai toda unha industria detrás que contamina e leva á despoboación.

Galicia xa ten 71.500 persoas con coronavirus tras sumar outros 6 mil novos positivos. Mellora a situación nas UCIS, hai 5 pacientes menos en coidados intensivos que baixan dos 50 por vez primeira dende o 22 de decembro.

Denuncian que a incorporación dos xubilados o sistema sanitario provoca o cesamento doutros contratos. "Enfermeiras eventuais en Loita" mantén que a medida non está a servir pra reforza-lo servizo.

Megasa retomou esta noite a producción. Parou hai case un mes polos altos prezos da enerxía eléctrica e a dirección advertíu aos traballadores de que se os prezos seguen elevados a fábrica non é rendible.

Renfe adianta 50 minutos o horario de saída do tren que conecta Vigo e Coruña.
Un cambio que busca adaptarse ós horarios laborais dos usuarios, pero as plataformas de usuarios afirman non é suficiente.


No tempo, volvemos a estar baixo a influencia do anticiclón

-Sanidade informa de tres novas mortes por mor da Covid na provincia. Con todo semella que ralentizase o ritmo de crecemento de casos.

-Por terceira vez adiouse o xuizo sobre os bens do Pazo de Meirás. Foi a petición da Administración xeral do Estado e da Xunta.

-Os dous candidatos ás primarias do PSOE na Coruña, Bernardo Fernández, e Noa Díaz, aseguraran que estas serán unhas primarias en positivo.

Sanidade comunicou outras dez mortes de persoas con coronavirus e hai mediocento máis de hospitalizados. Son algúns dos datos que avaliará o comité clínico para decidir se hai cambios nas medidas de restricción en vigor ata o vindeiro martes.
O SERGAS habilita 32 puntos para facer cribados e tratar de frear os contaxios e mantén o programa de vacinación, esta semana centrada nos máis pqueenos.
Nas residencias de maiores, dous colectivos de traballadores e usuarios denuncian opacidade á hora de informar dos contaxios nestes centros.
Deportes: O Breogan busca adestrador tra-la marca de Paco Olmos a Burgos.
O tempo: Este martes Galicia recupera a influencia anticiclónica, deixannos as chuvias e vanse ir abrindo claros, sobre todo no sur.
 

Volta as aulas con reproches dos sindicatos pola falta de profesorado... xa viñan denunciando recortes de persoal ós que se suman as baixadas do covid...a xunta promete cubrilas pero recoñece que non será de forma inmediata...


QUE TAL MOI BOAS TARDES, queixas tamén nas residencias, os traballadores denuncian que non se están cumprindo os protocolos sanitarios.


Todo nunha xornada de volta ó traballo na aceiría megasa en narón, será esta mesma noite.

Los empresarios gallegos han mostrado su malestar por la posibilidad de que los trabajadores puedan darse de baja a sí mismos si dan positivo por covid. Recuerdan que el número de bajas laborales por coronavirus está incrementando de manera exponencial por la variante Ómicron. Jorge Cebreiros, Presidente de la Confederación de Empresarios de Pontevedra, denuncia que el trabajador sólo necesita para justificar su baja laboral un auto test positivo y que esto puede dar lugar a "la pillería". Informa Oscar González.