Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Hostalería e restauración só poderán estar abertos ata medianoite, agás venres e sábados, que pecharán á unha // Os empresarios de discotecas e salas de festas rexeitan as limitacións. Indican que provocarán que se fagan festas sen control // Hoxe comunicáronse case 3.500 contaxios novos, o número máis elevado de toda a pandemia // Comezan a poñerlle a dose de reforzo aos que teñen entre 40 e 49 anos. 28-12-2021

Seguimos con chuvias que son máis persistentes na fachada atlántica. No mar a alerta rebaixouse a amarela por ondas de 4 a 5 metros e refachos de case 100 km por hora en Punta Candieira en Cedeira. As temperaturas nocturnas foron moi altas. 28-12-2021

A Xunta non oculta a sua preocupación polo aumento de casos froito en boa parte pola variante ómicron. A consellaría considera que hoxe podemos pasar dos 4 mil positivos.

Hai uns minutos o conselleiro de sanidade iniciou a súa comparecenia para dar aconta dos acordos do comité clínico....

García comesaña considera que agora xa hai moitas dificultades para xestionr a atención primaria

- Novo récord de positivos e de persoas coa enfermidade.

Nas última 24 horas diagnosticáronse case 3.500 novos positivos. O número de enfermos xa pasa de 28 mil, duplicouse en dez días.

- O impacto desta sexta onda da COVID recae na Atención Primaria e a situación comeza a ser insostible.

Nos centros de saúde os sanitarios non dan abasto para atender as demandas derivadas dos centos de contaxios.

- O sindicato de maquinistas alerta de posibles problemas de seguridade no tramo de vía no que o tren circula polo vello trazado, entre Taboadela e Ourense.

O SEMAF pide que se rectifique porque o procedemento actual xera un risco e induce ó erro humano.

- O alcalde de Ourense comparece no xulgado.

Gonzalo Pérez Jácome prestou hoxe declaración na Audiencia de Ourense investigado por un presunto delito de malversación de fondos.

A pandemia non amaina mentras agardamos o que a Xunta asesorada polo comité clínico decida cara a Fin de Ano. Aumenta a presión hospitalaria, eso sí, sen que suban os ingresos en UCI. E os mortos chegan a 2.753 despois de notificar Sanidade oito nas últimas horas.

-A xunta de goberno do concello de Pontevedra ven de aprobar o anteproxecto de orzamento para o ano próximo. Unhas contas que ascenden a case 86 millóns de euros.

-A conselleira de infraestruturas, Ethel Vazquez, asina con 12 concellos da área olívica, sen o de Vigo, a renovación do convenio do transporte metropolitano por dous anos.

-O BNG denuncia un posible caso de caciquismo en Ourense en relación cun un obradoiro de emprego organizado polo concellos de A Merca, Cartelle e Ramirás.

-Os traballadores de Alcoa celebran unha votación para decidir se aceptan ou non a última proposta da multinacional, que se prolongará todo o día

Os empresarios da hostalaría están pendentes de posibles restriccions para fin de ano, aínda que o presidente da Xunta, que hoxe dará conta dos acordos adoptados no comité clínico, xa adiantou que se buscará o menor dano para a economía. Núñez Feijóo só dixo que se buscará diminuir a interacción social. O obxectivo é poñer freo os contaxios... levamos 5 días con máis de 2 mil positivos ó día e así chegamos a un novo máximo de persoas coa enfermidade....

E hoxe sí... os traballadores de Alcoa votan en referendum se aceptan o plan da multinacional que supón apagar dous anos as cubas de electrólise coa incertidume que iso supón.

Deportes. Novo triunfo de Breogan que mantén esperanzas de xogar a copa.

O tempo... destacan as altas temperaturas

Hoxe vólvese rexistrar a cifra máis elevada de casos activos en toda a pandemia // Colas nos puntos nos que se fan test de antíxenos ou PCR // Os traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao decidirán mañá nun referendo se aceptan a proposta da empresa de parar a produción de aluminio durante dous anos // A bacía do río Limia, candidata a ser declarada a primeira Zona Vulnerable á contaminación por nitratos de Galicia. 17-12-2021

Nunca houbo tantos positivos por coronavirus en Galicia // Seguimos a ver colas nos puntos nos que se fan test de antíxenos ou PCR // Os traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao decidirán mañá nun referendo se aceptan a proposta da empresa de parar a produción de aluminio durante dous anos. 27-12-2021

Hoxe vólvese rexistrar a cifra máis elevada de casos activos en toda a pandemia // Seguimos a ver colas nos puntos nos que se fan test de antíxenos ou PCR // Os traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao decidirán mañá nun referendo se aceptan a proposta da empresa de parar a produción de aluminio durante dous anos. 27-12-2021

O peor segue no mar, con alerta laranxa e ondas de ata sete metros dende a Costa da Morte a Ribadeo. Xornada moi ventosa no litoral e zonas altas con refachos que xa superaron os 110 km por hora en Manzaneda. Mañá pasada por auga. 27-12-2021

o sábado alcanzamos un máximo de positivos; hoxe bateuse o récord de persoas infectadas con COVID. Pola tarde reúnese o comité clínico, pero o presidente da Xunta sinala que hai que protexer a saúde e a economía. Da a entender que non vai haber peches... só fala da necesidade de reducir a interacción social. Argumenta que a presión hospitalaria é baixa, aínda que tamén avisa que se se manteñen os índices de positividade, os ingresos van acabar aumentando.

Este luns estamos moi pendentes do que decidan os traballadores de Alcoa, en San Cibrao. Malia que o comité de empresa rexeitou o xoves a proposta da multinacional, hoxe pronunciaranse en asemblea sobre se aceptan ou non o plan da empresa que supón apagar as cubas de electrólise durante dous anos e investir 90 millons de euros.

-A asociación de industrias do metal e tecnoloxías asociadas reúnense hoxe pra avaliar a situación do naval en Galicia.

-Representantes do Partido Socialista reunironse en Valdeorras para denunciar a debilidade do complexo hospitalario da cidade e a carencia de profesionais nos servicios.

-Un home de 52 anos morreu a consecuencia das feridas producidas nun incendio en Monforte. O falecido era unha das oito persoas, da mesma familia, afectadas polo incendio.

-Despois de que un raio destrozase o campanario da igrexa de Santa María de Teo, próxima a Santiago, este luns estudaranse as medidas para afrontar a reconstrucción

O comité clínico que asesora a Xunta na pandemia reúnese pola tarde para decidir se adopta algún tipo de restriccións para fin de ano, pero o certo é que xa se están producindo cancelacións nun día con moitas ceas fóra das casas.

Sanidade notificou este domingo menos novos contaxios que o sábado pero Galicia alcanzou o número máximo de persoas coa enfermidade.

Este luns protagonismo para Alcoa... os traballadores deciden en asemblea se acepta que a multncional peche as cubas de electrólise durante dous anos..

E, pendentes da evolución das persoas feridas no incendio que se produciu hai 24 horas en Monforte no que morreu un home de 52 anos.

O tempo.... hoxe aínda con moito vento... chuvias, sobre todo nestas primeiras horas, e principalmente na provincia de Pontevedra e suroeste da Coruña. Aviso laranxa no litoral atlantica

Hoxe baixou algo o número de positivos tras tres días alcanzando un novo máximo, pero este domingo batiuse o récord de persoas con COVID. Agora hai algo máis de 24 mil en Galicia. A comezos da vindeira semana Sanidade decidirá se impón restriccións para fin de ano.

este domingo temos que lamentar un incendo cnha víctima mortal en Monforte. Outras 7 persoas, todos da mesma familia resultaron feridos.

Nas estradas... a pesar da chuvia non hai ningunha incidencia destacable. Desde que comezou a operación especial do nadal, dúas mulleres morreron atropeladas en Carral e na autovía A-6, en Aranga. Os dous accidents ocorreron o día de noiteboa.

O tempo.- Nas próximas horas vai chover con intensidade.

Desde hai 26 anos reflicte a actualidade do ano que acaba en clave de humor. Deste 2021 recolle o volcán de La Palma, a pandemia, o rei emérito, Trum, Ana Peleteiro e as Tanxugueiras.

Segundo nadal con coronavirus. Chegamos a estas festas en peor situación que o ano pasado. Entón o pico de casos rexistrouse entre xaneiro e febreiro... este ano batimos récord de contaxios o día de noiteboa. Pero tratar de evitar esta progresión depende de nós porque non hai restriccións..Por iso son moitos os que se achegan ós distinos puntos nos que se realizan test sen cita previa.... Sanidade apraza posibles novas medidas a vindeira semana.