Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Debate sobre o saneamento e depuración das augas a Ferrol e Narón con críticas a actual xestora EMAFESA.. o convenio está a piques de caducar, a plataforma pola remunicipalización pide un cambio pra deixar de prexudicar ós veciños.

Veciños de Oleiros esixen un paso de peóns ante a perigosidade dun trazado con varias paradas de transporte escolar.

Máis de 200 persoas maniféstanse en Compostela en apoio a Chema Naia no comezo do xuizo por supostamente atentar contra a autoridade.

Nos deportes, suspendido o partido do depor femenino desta tarde tras detectarse un positivo por covid.

Son 4.500 os casos activos na provincia tras detectarse máis de 300 positivos nun día, con Santiago como líder de novos contaxios.

No noso tempo de entrevista falamos dunha experiencia pioneira na residencia de maiores Porta do Camiño coa súa directora, Vanesa Castro.
 

Esta sexta onda da pandemia non remite e a taxa de positividade achégase ó 19 por cento.
Nas últimas horas comunicáronse outros oito falecementos. A Xunta pedirá mañá na conferencia de presidentes que se recupere o uso obrigatorio da máscara en exteriores.
Protagonismo tamén para o AVE.... os primeiros trens comerciais xa unen desde hoxe Galicia con Madrid.
Alcoa... hoxe vai seguir a reunión sobre o plan que presentou a multinacional entre a dirección e o comité de empresa.
Sucesos, un pescador morreu ó caer ó mar en Portonovo. É un veciño de Vilanova de Arousa de 57 anos. O corpo sen vida foi rescatado da auga por un helicóptero de salvamento.
O tempo: Pola tarde empeza o inverno e farao con temperaturas altas...porque hoxe os termómetros chegarán ós 18 ou 19 graos de máxima.

El tren de alta velocidad ha llegado este lunes a la estación de Ourense (a las 12:16) tras inaugurarse la línea de AVE hacia Galicia. Han hecho falta 16 años de obras y más de 9.000 millones de inversión para construir esta línea que permite viajar de Madrid a Ourense en 2 horas y 15 minutos. En este viaje inauguralhan estado el presidente del Gobierno, Pedro Sánchez, y el rey Felipe VI. Junto a ellos, han viajado también a Ourense la vicepresidenta segunda y ministra de Trabajo, Yolanda Díaz, y la de Transportes, Raquel Sánchez, así como el presidente gallego Alberto Núñez Feijóo.

El AVE entra en Galicia atravesando las montañas desde Sanabria a Ourense, un territorio que ha hecho que este tren de alta velocidad sea de los más difíciles de construir en España, con más de 10 años de obras y 7 aplazamientos de inauguración. El mismo obstáculo que ya había tenido el tren convencional, que pasa por la misma zona.

Foto: CASA REAL / FRANCISCO GÓMEZ


Hai aínda quen non termina de crelo, pero o AVE chegou finalmente a Galicia. Dende mañá ábrese unha nova conexión por tren co resto do país con tempos máis curtos que os dalgún traxecto interno. Foi un parto difícil, pero mañá arrincan as viaxes comerciais, e sectores coma o hostaleiro prepáranse pra sacarlle o máximo partido... Xornada de reparto de méritos, e reproches polo retraso dunha conexión que abre unha oportunidade que agora hai que aproveitar.

La ministra de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, Raquel Sánchez,  confía en que los trenes ‘Avril’ de Talgo, los que acortarán el tiempo de viaje del AVE a Galicia estén operativos para el próximo verano. En declaraciones a RNE se fecilita de la apertura de la línea de alta velocidad y aclara que todo está ahora en proceso de homologación. Cree que la línea será rentable y al mismo tiempo accesible porque se han puesto a la venta “billetes incluso por siete euros”. Sobre la suspensión de otras líneas de tren como la de Cuenca, Sánchez defiende que los trenes con baja intensidad no tienen sentido pero añade, “lo que no significa que no tengamos que garantizar la movilidad de los ciudadanos”. Sobre la desconvocatoria de la huelga de los transportistas, confía en seguir trabajando y negociando el RDL que mejorará las condiciones de este sector.

Comeza a campaña de extracción do percebe do Roncudo, en Corme, con boas expectativas polo estado do mar e cun prezo desde 40 euros o kilo.

Día de inauguración do AVE a Galicia, o alcalde de Santiago agarda que a alta velocidade chegue nuns meses, en xuño, á capital galega.

Nos deportes, triunfo do Depor no último partido do ano, remata líder con 5 puntos de vantaxe.

Da pandemia, máis de 4 mil casos activos na nosa provincia. A área da Coruña Cee é unha das catro máis afectadas de Galicia con máis de 2.300 casos.

No tempo de entrevista, falaremos coa concelleira de medio ambiente da coruña, Esther Fontán, sobre os concellos con modelo alternativo na recollida do lixo, que defenden o seu sistema fronte á nova lei.

O ave Galicia é xa unha realidade. O Rei e o presidente do Goberno viaxan esta mañá no tren inagural e mañá xa comeza a actividade comercial. Ourense queda xa a pouco máis de dúas horas de Madrid. Agora para que a infraestructura estea en pleno funcionamento falta os últimos quilómetros desde Taboadela e os trens Abril de ancho adatable.
Sobre a COVID... non deixan de aumentr os contaxios. Este domingo comunicouse un novo récord de contaxios desta sexa onda e un gromo no clube deportivo Lugo...

Unha vintena de positivos que obrigaron a suspension do partido de hoxe.
O tempo: subiron as temperaturas. A cambio aumenta a nubosidade e incluso a última hora do día pode chover algo.

No Parlamento está a celebrarse o acto co que este domingo se conmemora o 40 aniversario da Cámara Galega. Nos discurso sobrea a necesidade de reforma-lo estatuto de Autonomía algo que rexeita o Grupo POpular.

Mentras, está todo listo para que mañá se realice a viaxe inaugural do AVE. O Rei Felipe Sexto descobrirá unha praca na Estación da Gudiña antes de chegar a Ourense.

E a pandemia está a acelerarse hoxe sumando 1.361 casos máis ata acadar as 15.348 contaxiadas neste momento.

No tempo da entrevista a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegura que non vai haber invasión de parque eólicos en Galicia e chama a tranquilidade.

Desde hoxe ximnasios e residencias de maiores esixen o certificado Covid para acceder as súas instalacións. Tamén se pide en eventos multitudinarios. Son as novas medidas que entraron en vigor e que a Xunta, segundo o seu vicepresidente, agarda señan as derradeiras necesarias para controlar a pandemia.

Unha pandemia que segue aumentando a un ritmo de máis de 1.000 casos cada día, con catro novas mortes, e cunha leve baixada da presión hospitalaria.

Este sábado tamén as traballadoras das conserveiras sairon á rúa en Vilagarcía para reclamar que o próximo convenio recolla unha suba salarial e, sobre todo, unha equiparación nos soldos de homes e mulleres.

Nunhas horas será preciso o certificado COVID pra acceder a ximnasios e piscinas, residencias de maiores e discapacitados, ou pra acompañar a doentes nos hospitais de día. Tamén se impón o seu uso nos eventos multitudinarios nos que se ofreza comida ou bebida.

Galicia está en risco case extremo por covid, e xa hai máis gromos por comidas ou ceas de empresa.... todo nun día no que xunta e traballadores de vestas confirmaron os peores temores: non hai alternativa ó peche da fábrica de viveiro, o 31 máis de cen empregados irán á rúa.

Recolleremos tamén o peche dunha explotacion leiteira en Lugo. En seguida contamos todos os detalles, tamén sobre o incendio que afecta á serra do xurés.

Nun venres ás portas dun finde semana de bo tempo... o luns xa cambia o conto.