Oitocentos profesores deron positivo. A maioría, setecentos, xa están cubertos con mestres substitutos. As cifras no reinicio das clases multiplican por catro as de antes das vacacións de Nadal.
Xa hai medio milleiro de persoas ingresadas con coronavirus nos hospitais galegos. Agora hai 67.700 persoas enfermas aínda que no último reconto os novos positivos quedaron por debaixo dos cinco mil.
Os empresarios galegos molestos polo feito de que os traballadores poidan tramitar unha baixa laboral cunha autoproba de antíxenos. Consideran que é a primeira vez que se pode facer sen un informe dun facultativo e sen o trámite do Servizo Galego de Saúde.
Renfe interrompe o servizo ferroviario entre MONFORTE e LUGO durante catro meses, ata o 10 de maio. É consecuencia das obras que ADIF efectúa neste tramo. A compañía ferroviaria estableceu plans alternativos de transporte por estrada pros viaxeiros afectados.
Os traballadores de Barreras comezron unha folga de cinco días. Buscan presionar a empresa pra que teña en conta a opinión do cadro de persoal na venda do estaleiro.
Canto ó tempo, xornada de orballos, previa á chegada mañá do anticiclón...
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
-Os pensionsitas volven sair este mediodía á rúa en Santiago en defensa dun sistema público de pensións mínimas que garantan poder vivir con dignidade.
-Soben os casos activos de Covid nas áreas da Coruña e Cee, e Santigo e Barbanza, pero a un ritmo menor. Un home de 84 anos faleceu polo virus nas últimas horas en no CHUS.
-O concello de Santiago fai balanzo positivo dos multamóbil. Detecta unha media diaria de oitenta coches mal aparcados.
Remataron as vacacións de nadal..agora veremos as consecuencias das festas no incremento de casos de coronavirus que alcansou máximos nos distintos indicadores, agás nas hospitalizacións, aínda que tamén aquí se da unha repunta...
Pero a volta ó colexio vaise producir con normalidade aínda que a consellaría terá que facer números para cubir as numerosas baixas entre o profesorado... calcúlanse agora nunhas 300. Haberá que agardaar se o transporte escolar funciona con normalidade. As empresas adxudicatarias, segundo a Ciga non chamaron a todo o persoal.
Deportes: o Lugo suma tres puntos e alónxase do descenso. En baloncesto, precisamente, en Lugo, malestar pola marcha do adestrador do Breogán a Burgos.
En canto ó tempo anúncianse cambios pero aínda non os notaremos hoxe.
O vento do oeste continuará achegando moita humidade a Galicia durante esta xornada.
Entrevista co Profesor e Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santigao de Compostela Antonio Rial Boubeta.
Entrevista realizada por Xosé Manuel García.
Cambios políticos trala renuncia á alcaldía por motivos de saúde de FATIMA ABAL en Cambados, vén de realizar o anuncio oficial e de facer repaso pola súa etapa no concello.
QUE TAL MOI BOAS TARDES, é a última nova que nos deixa unha mañá na que as enfermeiras recordan que as carencias que viven son consecuencia de anos, non da pandemia, de seguido as escoitamos.
Tamén recollemos as advertencias de Ecoloxistas en acción sobre os campionatos de caza que hai nestas datas, hoxe os primeiros do ano, o colectivo teme a falta de cumprimento das medidas sanitarias.
No noso tempo de entrevista coñecemos máis do traballo de cestería de IDOIA CUESTA, gañadora do premio de artesanía de Galicia.
Pendientes a esta hora dunha comparecencia na que se darán a coñecer os protocolos que rexirán a volta ás aulas do vindeiro luns, no medio dunha sexta vaga que deixa 15 mil doentes novos de COVID no que vai de ano. Os hospitais sumaron 60 ingresos nesta última semana.
E segue a polémica polo peche da atención ordinaria en 14 centros de saúde de Vigo. A oposición reclama á consellaría que rectifique, e dote ós centros do persoal preciso pra atender ós doentes non Covid, en lugar de derivar a presión ás urxencias de primaria e hospitais
- Comezan unhas rebaixas descafeinadas polos descontos previos
O comercio galego agarda chegar ás cifras de 2019, a pesar de que as ofertas destas datas xa non son tan salientables. Tamén temen o impacto das subas de prezos de productos básicos na economía das familias
- Mobilización das traballadoras de BOSCH en Vigo contra a precarización das súas condicións
Unha modificación das condicións de traballo pra 400 dos 1.600 empregados que levou ó persoal á folga.
- A falta de persoal deixa en cadro ó servizo de bombeiros de Pontevedra
Nalgunhas xornadas desta semana nin sequera chegaban ó mínimo de axentes dispoñibles que marca o protocolo municipal. Os axentes alertan de risco pra eles e pros cidadáns
- Polémica en Ourense polo uso de dromedarios durante a Cabalgata de Reis.
A Fundación Animalista Franz Weber critica a participación destes animais nunha celebración masiva que os somete a estrés. O alcalde deféndea por dar unha recreación máis realista pros cativos.
- Galicia, Asturias, Cantabria y País Vasco, en alerta naranja por fenómenos costeros
- El frío provoca aviso amarillo por nevadas en montañas de León, Burgos y Lleida
- También hay alerta amarilla por viento en el litoral de Tarragona y el interior de Castellón
xa case chegamos ós 60 mil casos de coronavirua na nosa comunidade, cunha incidencia que non detén o seu aumento. 2.300 casos por cen mil habitantes en tan dó dúas semanas. O aumento dos casos afecta as residencias de maiores, onde se triplicaron os casos e tamén na presión hospitalario. Con todo, so o 26% dos ingresados presentan esta variante.
- A factoría Viguesa, Stellantis suspenderá a quenda de traballo do domingo, tras o número de baixas pola Covid-19. Unha medida que chega tan só dous días despois da volta ao traballo dos 6.700 traballadores a fabriuca de Balaídos.
- En Cerdedo-Cotobade, intensifícanse as accións de rexeitamento á instalación do Parque Eólico dos Cotos ó que se opón o Concello. O alcalde, Jorge Cubela, convocou unha asemblea veciñal aberta para informar do proxecto. Este domingo hai convocada unha mobilización en contra do parque eólico dos Cotos.
- Volve a Coruña a cara máis solidaria de Galicia coa campaña solidaria "debuxar sorrisos". Case 2000 xoguetes foron repartidos pola iniciativa organizada pola Afundación e ABANCA.
Nestes días nos que moitos terán que poñer fin ás súas vacacións o sindicato Comisións Obreiras reclama un rexistro real da xornada laboral... Din que algunhas empresas non teñen o sistema dixitalizado, e que tiran de papel e boli, algo que permite falsear as horas traballadas.
QUE TAL MOI BOS DÍAS, é unha das principais novas dunha xornada na que as familias galegas poden acudir ás farmacias pra retirar test de antíxenos pros nenos. Son gratuitos, e buscan que a volta o cole o vindeiro luns sexa segura.
Iremos nuns intres a área de Vigo onde algúns dos centros de saúde desobeden a orde da xerencia de bloquear axendas pra priorizar urxencias e casos covid...
E tamén recolleremos as reaccións á lotería do Neno que deixa en Galicia décimos do segundo e terceiro premio. Coruña, Bueu ou Camariñas tiveron esta vez a sorte.
loteria
A sexta vaga segue sen dar sinais de esgotamento... a variante Omicron predomina entre os case 60 mil casos activos que temos xa, logo de volver a rozar os 5 mil novos casos de Covid nunha xornada. Porén esta variante só está presente un 26 % dos ingresados, e en menos do 12% dos críticos... O peso asistencial está ns centros de saúde e os médicos néganse a pechar toda actividade ordinaria, tal e como pedira o sergas... din que as citas canceladas de hoxe son as urxencias de mañá. Onde sí teñen que reorganizar a súa actividade é en Stellantis polas baixas Covid
Cambios nos protocolos da pandemia en Galicia... as corentenas elimínanse pros contratos estreitos asintomáticos sempre que teñan a pauta completa e que non sexan persoas de risco, poderán acudir por tanto ós seus postos de traballo pero pídese que restrinxan na medida do posible o resto de contactos sociais.
QUE TAL MOI BOS DÍAS, é unha das principais novas dunha mañá na que o protagonismo está nas súas casas, moitos dos que nos escoiten seguro que xa abriron regalos de Reis, en seguida escoitamos algunhas das peticións dos nenos galegos.
Todo nun día no que os conflitos laborais seguen presentes.. o centro de chamadas de BOSH en Vigo ou a láctea TEGESTACÍN non comezaron 2022 con boas perspectivas.
Nos deportes, o Celta eliminado da Copa do Rei tras perder co Atlético Baleares.
No tempo en que case todos os brinquedos son mecánicos e tecnolóxicos, un carpinteiro de Caldas de Reis pasou de fabricar cociñas a facer xoguetes artesanais.
A variante ómicron mudou o escenario epidemiolóxico e con el os protocolos de seguemento e xestión de casos. Pasamos da contención da enfermidade á mitigación do seu impacto. Os recursos centraranse agora nos doentes que teñan síntomas, e nos vulnerables. Ós contactos estreitos, en lugar de facerlle test de forma xeralizada, enviaraselles un SMS e decidirase segundo a súa situación.
Os médicos e Sos sanidade pública cren que servirá pra aliviar a carga en atención primaria, pero que só será un parche pra un servizo que precisa contratacións estables.
Os hospitais privados galegos reclaman xudicialmente 13 millóns de euros en compensacións pola intervención durante o Estado de Alarma.
Tarde de cabalgatas de Reis en toda Galicia con actos estáticos nalgúns puntos.
Desvelado un informe sobre o crime de Debora Fernandez, que tivo lugar en 2002. A policía indica as contradicións do principal sospeitoso e recomenda que a xustiza o investigue
Primeiro dos tres días de folga no centro de atención telefónica de BOSH en Vigo.
A nosa comunidade é unha nas que menos descendeu a taxa paro no último més. Só un 0.11 por cento, lonxe da media estatal que supera o dous por cento. Decembro pechou con 2.713 persoas afiliadas a Seguridade Sicial. O que supón unha caída do 0,26%. Pese ó descenso, hai 30.600 contizantes máis que hai un ano.
-Galicia, supera xa a barreira dos 50 mil contaxios. Son 52 mil cincocentos os casos activos na nosa comunidade, tras detectarense 3.700 novos positivos. As áreas de Vigo e Santiago son nas que máis subiu a incidencia.
-Os otorrinos do Complexo Hospitalario farán folga indefinida tódolos martes a partir da vindeira semana para protestar contra aorganización do complexo. As queixas diríxense sobre todo contra o xefe do servizo.
-En Sanxenxo está en marcha un proxecto de "convivencia solidaria". Vanse construir 70 viviendas onde as persoas maiores poderán vivir de forma independente e compartindo servizos con outros anciáns
A provincia segue a aumentar os casos activos, tras axornada de onte as tres áreas sanitarias suman 22.675 casos activos, 1.485 novas infeccións. Andrea Oca
A área sanitaria de Santago-Barbanza segue a ser a que máis casos suma, con 9.700 infectados. Séguena a Coruña-cee, con 9.587 e finalmente Ferrol con 3.388.
Nos hospitáis, a tendencia é estable nas tres áreas sanitarias, con catro hospitalizados menos ata un total de 127. Soben, iso si a 18 os ingresados nas UCIs provinciáis.
En canto aos falecementos hai que lamentar a morte dun home de 89 anos no CHUAC. O pasamento produciuse o pasado día 3